Skip to Content

Educación infantil

TALLER DE COCIÑA

Os alumnos/as de 5º e 6º de infantil, disfrutaron dun taller de cociña. Elaboraron unha pizza artesanal, decoraron galletas; baixo as indicacións do profesorado do IES de Vilamarín. Degustaron a súa creación e aseguraron que nunca comeran unha pizza tan rica.

Coa actividade, adquirimos unha formación gastronómica, hábitos hixiénicos e vivimos unha experiencia de aprendizaxe e diversión.

 

 

neve collage

 

Hoxe o día agasallounos cunhas poucas folerpas, que revolucionaron a clase de infantil.

Foi tal o éxito, que queremos compartir esta actividade con todos vós.

 Titorial para construír un auténtico boneco de neve: 

1. Necesítase neve

Esta vez a cantidade era escasa, pero todo é adaptarse.

2. Hai que experimentar con ela:

Está moooi fría, case que facían falla unhas manoplas! 

Anotade aí: Olor, cor, sabor... Profe, profe, pódese probar???

Ups!! Parece que se derrete...

3. Poñámonos a darlle forma canto antes!

4. Que máis imos a necesitarrrr?

A vasoira nunca pode faltar

Un sombreiro e unha bufanda para que non pase frío.

Ah!! Temos que porlle un nariz de cenoria e tamén uns ollos. 

Isto hai que inmortalizalo!

neve 1

neve 2

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut