Esta é a nosa homenaxe a Xela Arias na celebración das Letras Galegas 2021.
- Lúa, Bea, Adriana A, Adriana C, Hugo, Helena, Nara e Ían de 5º curso, crearon esta coreografía chea de forza e bailárona no acto das Letras Galegas.
- Así canta o grupo de 6º a canción da Banda da Loba, que adapta a música aos versos do libro de poemas "Intempériome" de Xela Arias.
"Hasme oír" de A Banda da Loba conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística como proxecto apoiado no marco da programación institucional das Letras Galegas 2021.