Skip to Content

Polos Creativos

O Equipo de Actividades Extraescolares e Mar déronlle un novo uso ao material de reciclaxe e conseguiron unha auténtica e única decoración de Nadal.

Con diferentes caixas de cartón construíron o trineo, os renos, a cheminea pola que baixará Papá Noel e o peto dos desexos onde as nenas e os nenos depositarán as súas cartas nestes días.

Quedou así de espectacular e quen entra, contáxiase da alegría e do Espírito do Nadal.

taller creativo nadal

 Tamén as portas se están engalanando para a ocasión, utilizando bolsas de papel para facer "camisetas" de Elfo e Papá Noel, tubos de cartón para as figuriñas da entrada, periódicos e bolas de papel, caixas de cartón...

 

O PODER DA LUZ

Novembro Mes da Ciencia nas Bibliotecas

 O alumnado de 6º participa na Misión Alba, un proxecto científico con 4 etapas nas que hai que ir resolvendo retos.

Visualiza as 10 diapositivas onde se mostran os diferentes experimentos realizados coa luz:

O poder da Luz. Misión Alba de salial

CREAMOS CON CARTÓN E MATERIAL DE REFUGALLO

ESCOBAS DE BRUXAS NO 25N

Para homenaxear o día contra a violencia de xénero preparamos unha danza éuscara "Erre Zenituzten" que é un canto á liberdade e un himno á diversidade. As bruxas da nosa danza representan a todas as mulleres libres que foron perseguidas e maltratadas por ser valientes, bravas e únicas.

Para a danza precisabamos unha vasoira e construímos unha. Aquí vos deixamos os pasos para facer unhas auténticas vasoiras de bruxa:

titorial vasoiras

CESTIÑOS DE CASTAÑAS

O Magosto é unha festa de xogos, lume e castañas.  

Despois dunha sesión de xogos tradicionais, chegaron os bolos preñados e un castañeiro asou as castañas no patio.

Para comelas quentiñas e deixar ben limpo o polideportivo, tiñamos preparados uns cestiños portacastañas. O noso deseño tiña dous lados, un para as castañas e o  outro para as cascas.

Festa si, pero con conciencia ecolóxica! 

porta castañas

 

RETO 1

Constrúe un kamishibai con material de refugallo para contar historias 

 

RETO 2

Deseña e constrúe un circuito para o beebot, no que haxa unha ponte.

OBRADOIRO DE BOOKTRAILERS

Lectura e creación audiovisual

Roi Guitián, guiou ao alumnado de 5º neste reto: gravar e editar o trailer dun libro.

Os pasos que seguimos foron os seguintes:

-A rapazada, en grupos de 3 ou 4 escolleron un libro e fixeron un storyboard (debuxando e/ou escribindo o que querían gravar).  

A continuación fixeron a gravación coa tablet en diferentes escenarios do centro e logo editaron o vídeo coa aplicación CapCut. Se fas click nos elementos interactivos iconos interactivos poderás visualizar os 6 booktrailers.

Estes son os primeiros booktrailers pero seguro que virán moitos máis!

OBRADOIRO STEAM CON PAOLA GUIMERÁNS

Obradoiros con Paola Guimeráns, experta en Deseño, Téxtiles intelixentes e ensinanzas STEAM.

Desenvólveronse 3 talleres nos que as rapazas e rapaces crearon circuítos, camisetas intelixentes e cómics interactivos  partindo do proceso de "deseñar facendo".

1- Comezamos con Circuitos en papel, o alumnado de 4º fixo circuítos eléctricos con papel condutor e un LED,  co que iluminou unha casiña construída con papiroflexia. 

2- Placa Make Makey. En 5º programaron con scratch e deseñaron un cómic interactivo.

3- Microbit e Make Code neste  obradoiro  a rapazada de 6º deseñou unha camiseta con luces, música, detectores de temperatura... traballando en equipo,  creou programas sinxelos descubrindo as posibilidades da placa microbit. 
 

Este obradoiro enmárcanse no proxecto Biblioteca Creativa 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

PIANO CON SCRATCH E MAKEY MAKEY

Con Scratch programamos este piano conectado á placa Makey Makey.

Os 6 equipos recortaron o piano de cartón pintaron as teclas co lapis, fixeron as conexións e programaron con Scratch as notas  e tocaron a canción "Parabéns para ti"

makey
      Aitor         Nara            Hugo           Dariel         Kaili e Lúa       Gabriel

 

Coa placa Makey Makey convertemos calquer obxecto que sexa condutor nun pulsador. Creamos diferentes  circuítos eléctricos e descubrimos materiais condutores.

Superfinal Reto Digicraft

Os DigiCrafters de 6º sumámonos ao movemento "Acción polo planeta" creando  unha maqueta con varios  inventos cos que conseguiremos un planeta máis sostible.

Este é a nosa cidade autosuficiente que reduce a contaminación e coida o medio ambiente. Ten varios sistemas domóticos: A xoaniña composteira, recollida da auga da chuvia e rego programado, o espantallo intelixente, Música nocturna e robots que recollen o lixo.

final reto

Con este proxecto traballamos de xeito colaborativo para  dar solucións a problemas reais.

O vindeiro mércores expoñeremos o noso proxecto na fase final autonómica no Edificio Fontán da Cidade de Cultura de Santiago.

Álbum: Curso 2021-2022 -> Final Digicraft

Videoclips con poemas de Rosalía

#SementadePensamentos  Premios Rosalía de Castro
Estes son os videoclips gañadores:
Aos mellores efectos especiais Videoclip de Elías, Dani e Gabriel
negra sombra
 
Á Mellor música orixinal e danza:  Videoclip de Adriel, Bea, Ían e Nara
alborada
 
Ao Mellor guión orixinal: Videoclip de Adriana A, Kaili, Lúa e Adriana C.
videoclip non quero mais dramas
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut