Skip to Content

Biblioteca creativa

Videoclips con poemas de Rosalía

#SementadePensamentos  Premios Rosalía de Castro
Estes son os videoclips gañadores:
Aos mellores efectos especiais Videoclip de Elías, Dani e Gabriel
negra sombra
 
Á Mellor música orixinal e danza:  Videoclip de Adriel, Bea, Ían e Nara
alborada
 
Ao Mellor guión orixinal: Videoclip de Adriana A, Kaili, Lúa e Adriana C.
videoclip non quero mais dramas
 
 
Queridas familias: 

A semana do 21 ao 25 de febreiro celebraremos o ENTROIDO no cole. A temática é “ECOMUNDI” - confección de disfraces e complementos seguindo a regra dos 3R.

  ECOMUNDI

Atent@s aos mandados do Meco. 

- Este LUNS se ao cole queres entrar, algo na cabeza deberás levar.
 
- Se o MARTES non te queres vestir, en pixama podes vir!
 
- O MÉRCORES día de Rosalía é, unha flor e un poema deberás poñer.
 
- Se o XOVES te queres divertir, reutiliza un disfrace a elixir.
 
- O VENRES, se o Entroido queres gozar co traxe  EcoMundi  deberás desfilar. 
 
Coordina equipo ENDL, AAEE e Biblioteca

 

"A folla azul" de Andrea Maceiras, por un mundo sostible

O venres Andrea Maceiras achegouse ao cole para participar nun encontro co alumnado de 5º, falounos do seu libro "A folla Azul" e compartimos todas as actividades realizadas na aula.

Nomeámola gran Protectora da Natureza e regalámoslle unha pulseira da Terra que deseñamos e imprimimos en 3D.

Entrevista

ilustramos a folla azulIlustramos unha páxina do libro tamaño cartaz, cos personaxes máis significativos e a selva do Amazonas con abundantes follas azules, xa extintas na historia.

Aproveitamos a súa visita para facerlle esta entrevista: Falamos do libro, da situación que vive a Amazonia, de ecoloxía, problemas medioambientais e tamén nos deu ideas para o  disfrace de entroido. 

O 13 de febreiro, celébrase o Día Mundial da Radio e queriamos emitir esta entrevista a Andrea Maceiras, moderada por estes locutores que o fan de luxo. (Fai click no play e reproducir no navegador)

Actividade medioambiental do Día Internacional da Muller e a nena na Ciencia: O estudo dos ecosistemas, a Amazonia o pulmón da Terra, problemas ambientais e comportamentos sostibles.

GALERÍA DE IMAXES

IMAXES DO DISFRACE INSPIRADO NA TRIBO DOS KAYAPO

Encontros coa autora é unha actividade, organizada pola Concellería de Educación do concello de Ourense, dirixida ao alumnado de 5º curso de primaria.

A Terra tamén quere Paz

Botellas cheas de amor ao planeta

Na celebración do Dia da Paz, tamén pensamos en como agasallar á Terra. Sabemos que o uso excesivo de plásticos, ameaza con contaminar o planeta e sobretodo os mares e non queremos permitilo. O noso desafío, con esta proposta é reducir o uso de plásticos e contribuír á separación correcta de residuos.

botellas cheas de amor

botella

Enchemos as botellas con plásticos (sobretodo dos envoltorios das  merendas) para diminuír o volume de residuos que xeramos no cole. Estas botellas convertiranse en materia prima coas que se producirán novos produtos.

Esta proposta ambiental pretende formentar bos hábitos entre os máis cativos e visualizar un dos principais problemas medioambientais do noso tempo.

Para ler máis: Á SOMBRA DO ÉRBEDO - Blog da biblioteca

 

Pulseiras 3D no día da Paz

pulseiras 3d paz

Biblioteca Creativa

OBRADOIROS DE PULSEIRAS

Para o Día Escolar da Paz, a biblioteca imprimiu en 3D o símbolo da Paz. Na distintas clases formaron obradoiros de creación de pulseiras.

1º Mediron o cordón: 32 cm para cada lado.

2º Fixárono a cada lado como se ve na figura.

3º E por último, a parte máis complicada que foi facer os nós corredizos. 

 

Para saber máis. O símbolo da paz apareceu por primeira vez en 1958 nunha campaña a favor do Desarme Nuclear. Pretendía representar un 'D' e un 'N' baseándose no sistema de mensaxes con bandeiras que usan os barcos para comunicarse. O símbolo foi adaptándose  e tomando diferentes significados asociándose coa Paz e a Xustiza. 

Estreamos a mesa de luz do Recuncho Creativo co conto infantil  "El árbol de la amistad"

A amizade é coma unha árbore máxica que só crece se se rega con amabilidade, cariño e xenerosidade.

O alumnado de 4º ten moi claro como facer medrar alta e forte a árbore da amizade. 

CIENCIA QUE CONTA

Imos impulsar a celebración do Mes da Ciencia compartindo vídeos de ciencia en galego. 

mes ciencia galego

Explica algunha curiosidade científica, un fenómeno natural, o porqué dalgunha cousa, un experimento sinxelo, seres vivos/inertes, coidado do medio....

Exprésate con corrección, podes empregar material que teñas a man.

Facendo click no seguinte enlace podes gravar directamente na aplicación. Ollo! Necesitas acceder cunha conta de correo electrónico e nos portátiles Abalar tarda en cargar, non desesperes.

1- Flipgrid - CIENCIA QUE CONTA

2- Engade a túa resposta

      

3- Se usas o móbil, descarga a APP Flipgrid e escribe o código da actividade: aac1e3ca

Materiais en galego Mes da Ciencia

Carreira de San Martiño con escornabots. Avanzamos ou retrocedemos segundo nos indique o dado e ao pasar a meta gañamos o prezado trofeo da castaña de San martiño

carreira de san Martiño

Taboleiro Beebot do Magosto

Con distintos niveis de dificultade:

Nivel 1- Apañar as castañase rodear a cacharela.

Nivel 2- Sumas e restas seguindo as indicacións do dado

Nivel 3- Multiplicacións

 cálculo con beebot

 

Robótica e impresión 3D na celebración do Samaín

As nenas e nenos de 4° emparellaron factores para atopar números vampiros, resultados que conteñen as mesmas cifras ca eses factores.
O alumnado de 3° xogou a colocar no lugar axeitado os vampi-números, para resolver sumas e restas cuns resultados dados. 
 
vampinumeros
Xogo matemático, cada nena/o tiña que levantar a parella de morcegos e dicir se a operación era a correcta. De non ser así, tiña que calcular o resultado axeitado.

Recuncho Aula ABN

O escornabot estivo montado como un recanto ao longo da semana na aula de ABN, o xogo consistía en elixir un dos personaxes característicos de Samaín e  programar o percorrido., en  5 anos   completo para os demais por partes e logo buscar a parella e volver a programar para chegar ata ela. 

Alumnado de 3° e de 4° de Primaria resolveron un xogo de escape, con operacións matemáticas e libros relativos á esta festa.

Xogaron en equipo e cun spiderBot, que tiveron que ir programando a través dunha tea de araña con numerosas probas e enigmas: con preguntas de cálculo e tamén literarias, sobre unha selección de libros de medo, terror, bruxas, pantasmas... 

Para superar o xogo tiñan pistas ocultas nos libros que debían descifrar.

Distribuir contido


by Dr. Radut