Skip to Content

Actividades

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

R. Carvalho Calero foi o primeiro profesor universitario de Lingüística e Literatura Galega na Universidade de Santiago de compostela. Coñece a vida e a obra do autor con esta presentación escrita por Uxía L. de 6º EP

carvalho presentación

Cómic realizado polo alumnado de 6º EP.

Proposta 1: transforma o conto "A pitas baixo a choiva" e R. Carballo Calero nun cómic.

Proposta 2: Debuxa unha historia ilustrada inspirándote na cancion "Alborada das pitas" de A banda das pitas.


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Teleaprendizaxe Lingua Galega na Aula Virtual: 

Na clase de infantil de 5 anos, para festexar o Día de Rosalía, escribiron e ilustraron o poema de Rosalía de Castro "Adiós ríos, adiós fontes"

Aquí están co poemario que compartiron con toda a escola o Día Internacional da Muller.

adios rios adios fontes

adiós ríos

Dedicado a Maruja Mallo

Proxecto Pintura

Promovéronse actividades diversas para coñecer a figura desta
pintora galega e da etapa cultural que lle tocou vivir:
 

-Reproducións de cadros da pintora.

"Sorpresa de Trigo" de Maruja Mallo pintado polo alumnado de educación 
infantil.

-Retratos, creación literaria e xogos de palabras.

-Biografía.

-A Xeración Feminista do 27-As Sinsombreiro.

-M Mallo e as simetrías matemáticas

-Mulleres pioneiras,  mulleres poetas, científicas, artistas, innovadoras...    

M agnífica

U nica

L ibre

L oitadora

E xtraordinaria

R ebelde  

 

Maruja Mallo

24 de febreiro, Día de Rosalía

Unímonos a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega e traballamos co poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Cantares Gallegos para tratar o tema das migracións, en todos os seus aspectos.  #ErrantesPoloMundo_rdc_20
1-"Galería de arte de  Rosalía errante" - En pequenos grupos, as alumnas e alumnos de 5º e 6º de EP, pintaron un cadro inspirado nunha estrofa do poema e que pretendía expresar sentimentos como a morriña, a dor, o abandono, a tristura, o medo... que se sofren ao ter que emigrar. 

2- Recitado do poema, enfatizando no sentimento de tristura ao despedirse do fogar e da terra por ter que emigrar e coloquio na aula sobre a emigración, empatizando e comprendendo a situación de numerosas compañeiras e compañeiros.
3- Interpretación da versión de Amancio Prada, vocal e instrumentalmente, á hora da entrada nas aulas.
4- O alumando de 6º de E. Infantil escribiron o libriño "Adiós ríos, adiós fontes" escribindo e ilustrando cada estrofa do poema.

Actividades encadradas no proxecto interdisciplinar de centro "A pintura" e  relacionadas coa proposta da AELG #Errantes Polo Mundo_rdc_20

 

 

Este ano o tema do Entroido foi a pintura. Cada clase escolleu un pintor ou pintora, un estilo artístico ou un cadro para lucir o venres no desfile.

Ed Infantil-  César Prada e as súas Lupitas

1º EP - Sopa Campbell de Andy Warhol

2º EP- Pintoras e pintores

3º EP- Frida Kahlo

4º EP- Fantasía de Matisse

5º EP- Pop Art

6º EP- Carnaval no museo

As Lupitas de César Prada

    

Máis fotos na Galería

-> Sempre é un pracer comezar o día con alegría: As Alumnas/os de 5º e 6º sorprenderon aos compañeiros/as,  interpretando a melodía "Oda á alegría" da 9ª Sinfonía de Beethoven á hora de entrar. Así dá gusto!

Construíndo a Paz con moita arte from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

-> Contacontos pola PAZ. Rapazas e rapaces de 6º prepararon varios contos para contar, dramatizar nas distintas aulas dende infantil ata 5º de primaria. Relación de contos

-> Construíndo a PAZ con moita arte (Actividade encadrada dentro do proxecto dos pintores). Cada clase buscou unha obra de arte con temática inclusiva, solidaria, pacifista... para facer un crebacabezas para logo agasallar ás outras clases.

 ->  Acto conxunto no patio:

-Percusión corporal e canción: "O mundo é grande" de Mamá Cabra ("O reloxo sincopado" de Leroy Anderson)

-Manifesto escrito por Uxía V. de 6º de EP.

-Canción: "Imagine" de John Lennon

 Galería de fotos

Invitámosvos ao Festival de Nadal que terá lugar o próximo venres día 20 de decembro ás 11 da mañá.
 
Música, baile, teatro... emoción, ilusión e moitas ganas de facelo ben e sorprendervos. Gustaríanos que compartísedes con todos nós esta celebración, o programa é o seguinte: 
 
Educación Infantildesexos de nadal
3 anos: MasterClass para inaugurar o Nadal
4 anos: "Corre, corre cabaciña"
5 anos: "A cebra Camila"
Educación Primaria
1º e 2º: "Buscando unha estrela" do disco    "O Quiquiriqui"
"Romance das noitiñas de Nadal"
3º: A Bailar! Jingle Bells.
Carta aos Reis Magos.
Panxoliña: "O meu caraveliño"
4º: No teatro, "Unha consulta accidentada"
5º: Panxoliña instrumental: O tamborileiro.
6º: The First Noel.
                 

#TempoDeActuar COP25

CEIP Vistahermosa, Decembro de 2019

Estes son os compromisos, consignas e accións que imos levar a cabo, na escola e na casa, para loitar contra o Cambio Climático.

-Regala agasallos que non sexan destrutivos para o planeta: Invitacións para ir ao cine, a dar un paseo ou a coñecer o teu pobo; un vale por un abrazo, para unha clase de algo ou unha tarde de amig@s. 

-Compra produtos locais: artesanía creativa, cousas feitas con amor. Se o fas ti mesma/o, terá máis valor. En envoltorios ecolóxicos, sen bolsas!  

Propoñer ás/aos dirixentes do concello as seguintes accións para encarar a emerxencia climática que con leva a degradación ambiental, a perda de Biodiversidade, maiores desigualdades: pobreza enerxética, fame, escaseza de auga... Na nosa cidade poderíase:

- Restrinxir a circulación de automóbiles na cidade, creando zonas de aparcamentos ás entradas e contando con boa comunicación de transportes públicos.

- Aproveitar a enerxía xeotérmica das augas termais para o uso de calefacción das escolas da zona, entre as que nos atoparíamos nós.

- Manter limpos os montes, aproveitando os residuos forestais como combustible,  biomasa, para a calefacción de moitos fogares. Os beneficios ambientais e sociais serían moitos: reduciríase a contaminación por transporte de combustible, evitaríanse incendios e crearíase emprego.

- Por máquinas que recollan envases a cambio de diñeiro.

- Re utilizar as augas grises que proveñen dos fogares e da chuvia para limpar as rúas, regar e incluso para reusar directamente nos váteres.

- Repoboar os bosques queimados con especies autóctonas coma o carballo, a sobreira e o castiñeiro, protexéndoos de especies invasoras que os danan.

- Promover a colocación de paneis solares nas vivendas.

Acordamos remitir unha carta ao alcalde coas nosas propostas para lograr unha cidade máis ecolóxica e sostible. CARTA AO ALCALDE

mes da ciencia

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Vemos peixes na peixería, no prato, no mar e no río, nos acuario, nas páxinas dos libros, en internet... Pero poucas veces temos a oportunidade de coñecer de preto a súa anatomía. Hoxe na clase de CCNN de 6º de primaria descubrimos con todo detalle unha dourada. 

A dourada é un peixe con esqueleto interno formado por óso, pertence ao grupo de peixes óseos.

En 6º traballamos estes contidos e hoxe ímolos reforzar diseccionando un peixe. 

A Dourada é prateada pero ten unha unha franxa dourada na parte superior dos ollos, de aí o nome.

 Fotos: Aitana F.

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

A AVESPA AUTÓCTONA

wikipedia

As avespas son, posiblemente, un dos insectos máis temidos polos seus zunidos furiosos e polas picaduras que nos dán cando se sinten ameazadas. Imos coñecelas mellor para ter unha idea máis real da importancia destes insectos que poden vivir de xeito solitario ou en sociedades. 

  • Constrúen os niños mastigando fibras de madeira que mesturadas coa saliva converten nunha pasta de celulosa, como o papel maché.

  • As avespas poden picar repetidas veces. Só as femias teñen aguillón, que son en realidade órganos de ovulación modificados. 
  • Xogan un papel importantísimo como controladoras de plagas, son un insecticida ecolóxico, sobre todo para protexer os cultivos.
  • Poden cazar durante o voo ou en reposo.
  • Son un elemento esencial na cadea alimentaria do ecosistema, xa que serven de alimento a outras especies e son polinizadoras.

A AVESPA ASIÁTICA

A avespa asiática, é unha das especies máis invasoras do mundo, chegou a España no 2010 e estase a converter nunha plaga que supón unha ameaza para a biodiversidade, a saúde e a apicultura. 

 niño velutinaNIÑO DE AVESPA ASIÁTICA NO CEIP VISTAHERMOSA

O venres, Aitana trouxo un niño retirado da zona do Seminario en moi bo estado. Puidemos ver o traballo de enxeñería destes insectos, á vez que descubriamos información relevante sobre esta especie invasora.

Buscamos información na internet, elaboramos unha ficha con datos relevantes e realizamos traballos de investigación sobre este insecto: características físicas, reprodución, dieta, perigosidade, depredadores...

Traballos presentados polo alumnado de 6º EP:

niño de velutina

Fontes consultadas

https://www.nationalgeographic.es/animales/avispas

Distribuir contido


by Dr. Radut