Esquema de temas

  • RECOMENDACIÓNS PARA ESTES DÍAS

    nunca choveuResúltannos a todos/as uns días novidosos, e necesitaremos uns días para coller o ritmo. Estes son algúns consellos para poñernos en marcha. 

    - Establecede un horario de rutinas coa participación de todos/as.

    - As tarefas do cole deben facerse seguindo un horario preestablecido. Non estamos de vacacións, é necesario traballar de luns a venres

    - É importante marcar o horario que poden dedicar a TV, play, videoxogos. Con hora de inicio e a que hora deben desconectar.

    - Todas e todos debemos colaborar nas actividades da casa dentro das  posibilidades de cada quen. 

    • É importante que lean diariamente en calquera formato
    • Facer pasatempos
    • Xogos de construcións, xogos de mesa familiares
    • Escoitar música, bailar, crear coreografías
    • Pintar mandalas
    • Facer manualidades...

    Velaquí unha ducia de webs en galego: Kalandraka, Xabarín, Dígocho eu, Vídeos musicais

    https://praza.gal/ducias/webs-para-seguir-aprendendo-en-galego-durante-a-corentena

    -Envía os traballos a salialvarezcarnero@gmail.com  para a súa revisión e seguimento

    -Enlace para unirse ás vídeo chamadas: https://eduxunta.webex.com/join/salial

  • Este tema

    Mes de xuño

    COMPROMÉTETE CO PLANETA. A QUE ESPERAS?

    A saúde do planeta estase a deteriorar debido ao aumento das temperaturas, a acidificación da auga, á aparición de especies invasoras, ao esgotamento dos recursos naturais e á contaminación dos ecosistemas terrestres e marítimos. A actividade desta semana ten unha mensaxe medioambiental.

    TAREFA DE COMPRENSIÓN ORAL

    Ficha comprensión oral: Medio ambiente, una ficha interactiva de salial

    Pica neste enlace para acceder ao MINIPROXECTO AMBIENTAL con actividades de música, lingua e reciclaxe.
    • 25 de maio - 5 de xuño

      1.Le o seguinte texto

      caminho1

      mapa caminho

      Historia do Camiño de Santiago

      Din as lendas que no ano 820, o eremita Paio descubriu restos do apóstolo Santiago no monte Libredón, no lugar onde hoxe se ergue a catedral de Santiago.

      O rei de Galicia e Asturias, Alfonso II, visitou o lugar no ano 899 e mandou construír alí unha capela.

      O Camiño de Santiago viviu momentos de esplendor nos séculos XII e XIII; sobre todo coa implantacion das ordes monásticas do Císter e Cluny. Nos seguintes séculos decaeu un pouco por mor das guerras europeas, da Reforma relixiosa e da Revolución Francesa.

      Pero, alá polo século XIX, volve a ter un importante pulo grazas aos viaxeiros románticos ingleses que se namoraron de Cospostela... e ata hoxe, que é unha das rutas máis seguidas por viaxeiros de todo o mundo.

      25 ao 29 de maio

      2.PREGUNTAS DE COMPRENSIÓN:

      -Busca no dicionario: verea, eremita, pulo, por mor de.

      -Ordena alfabeticamente: erguer, esplendor, eremita, europea, espido.

      -Desde onde ve o peregrino os montes galegos?

      -Que santuario se atopa nun espido  cume moi batido polo vento?

      -Que nome leva o gran río dos galegos?............ Por onde o cruzan os peregrinos?................

      Que canteiro famoso o construiu? ....................... Por que é famoso? ........................

      -Antes de levantar a Catedral de Santiago que se construiu alí? ....................... Por que?.......................

      -Fixate no mapa: Que camiño faríamos nós desde Ourense?............. Por que localidades pasaríamos? 

      -Revisa o concepto da escala , poderías dicir cantos cm  hai no mapa ata Santiago e como calcularías a distancia real. (Documento adxunto)

      Do 1 ao 5 de xuño

      3. GRAMÁTICA 

      -Fai clik no enlace e repasa os tipos de palabras:  Atina o camiño

      -Busca no texto: un verbo en presente.............. un en pretérito.............. un verbo en infinitivo.................,

      un determinante numeral................, unha palabra esdrúxula que sexa un substantivo......................,

      un nome propio..................., unha palabra con hiato................ e unha palabra que teña un dígrafo..............

       

      4.BUSCA INFORMACIÓN:

      -No ano 1589, o bispo San Clemente agochou os restos do Apóstolo Santiago para que non os roubaran. Investiga de que pirata os protexía............

      -O Saúdo dos peregrinos cambiou. Como se saudaban antigamente e cal é o saúdo que intercambian agora?.............

      -Escribe un pequeno texto sobre o botafumeiro ( 4 liñas como máximo) Que é e para que se empregaba?....................

      -Como se chama o diploma que acredita que fixeches o Camiño de Santiago?.............

      Cantos quilómetros tes que percorrer para que cho dean?..........

      - En España hai ata 14 camiños de Santiago (rutas). Enumera 5 .................................

       

      Cal é o máis coñecido e transitado? ...........

    • do 11 ao 17 de maio

      LETRAS GALEGAS 2020. RICARDO CARVALHO CALERO

      A profe Carmela evíanos esta presentación das Letras Galegas 2020. Fai clic na imaxe/manualidade e anímate a facer algunha actividade plástica: marcapáxinas, decoración de pedras, debuxos...

      1.Escoita enteira a biografía de Carvalho Calero cantada con acompañamento de guitarra. Podes tomar nota dos datos máis relevantes, ordenados cronoloxicamente.

      Nestoutro vídeo alumnas/os de 5º do CEIP S. Pío X  cóntannos a vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero

      2. Xogo de comprensión para repasar aspectos fundamentais do autor:  LETRAS GALEGAS 2020 

      3. Para ler fragmentos da súa obra e responder a preguntas de comprensión. Enlace do Seminario Galán

      A FALA: Ricardo Carballo Calero defendía que o galego forma parte do mesmo espazo lingüístico e cultural que o portugués, polo que ao seu ver, era necesaria unha aproximación ortográfica a este idioma. Pertencía ao grupo dos reintegracionistas ou lusistas.

      ACTIVIDADES

      4. Escribe unha  biografía de Carvalho Calero cos datos máis relevantes da súa vida e obra: onde naceu, que estudou, de que traballou,  algúns dos títulos dos seus libros de poemas, teatro, logros e nomeamentos, dificultades que tivo na súa vida.

      5.Gramática: "Pretérito Imperfecto" e "Futuro condicional" son títulos de poemarios (obras líricas) do autor. Revisa estes tempos verbais e analiza estes verbos; persoa, nº, tempo (copretérito e postpretérito) e modo:

      resistiría   soñabamos   estudaban   volveríades

      6. Estudo da lingua: Para Carballo Calero a lingua galega era unha variante da lingua portuguesa. Por iso cambiou o seu apelido. Relaciona os nomes das dúas columnas.

      SONS DA LUSOFONÍA

      fiestra equipa
      galiña chuva
      equipo                 carvalho
      choiva               janela
      carballo galinha

      Agora que xa sabes moito sobre Ricardo Carballo Calero imos xogar coas palabras, recorda que foi filólogo.  No seu libro "A xente da Barreira", Ricardo Carballo Calero, empregou palabras enxebres coma: Adobiar, empardecer, encol, compango, latricar...

      - Encontra ti a definición correcta neste  Trivia Carballo Calero
       

      7. INVESTIGA Nomea 4 países nos que se fale portugués indicando o continente no que se atopan.

      - Sabes onde está a rúa Carballo Calero en Ourense?  Podes buscala no Google Maps  empregar a túa hora de paseo e ir ata alí,  sacarte unha foto ao lado do nome da rúa ou nunha ubicación da rúa que che guste e compartila.

      Semana 17 de maio ao 22 de maio

      Lectura: "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carballo CaleroPica na imaxe para ler o conto en issuu

      - Transforma a historia nun cómic de 6 a 8 viñetas. 

      - Se prefires podes facer un cómic ou unha historia ilustrada coa canción "Alborada das pitas"

    • Coplas dos Maios

      Debido á situación excepcional que estamos a vivir, este primeiro domingo  do mes de maio, non se van poder celebrar os MAIOS. No seguinte vídeo explícannos de xeito claro en que consiste esta festa tradicional de Ourense.

      Esta actividade é interdisciplinar con Música.

      1.- DESPOIS DE VER O VÍDEO CONTESTA:

      -Cal é a orixe dos maios e que se celebra?

      -Cando se celebran?

      -En que lugar da cidade de Ourense se expoñen?

      -Que dúas actividades se realizan?

      Festa dos Maios en Vistahermosa 2018: Neste enlace podes atopar información a estas preguntas

      2.- INVESTIGA. Que tipos de Maios hai?

      -Escribe os pasos para a construción dun Maio: material e elaboración.

      3.- OPCIONAL: Constrúe un Maio artístico con material que teñas pola casa e manda unha foto

      Maios 2018 vh

      Maios 2018. Grupo de alumnos/as de Vistahermosa 

      COPLAS

      Xa chegou o maio
      de flores fermosas,
      o maio florido
      Chegou a Vistahermosa.

      Chegou a Vistahermosa
      e alegres cantamos,
      música das coplas
      para acompañalo.

      4.- LITERATURA. Tipo de texto literario: ...............................

      -Nº de estrofas .....................  Nº de versos  ......................  Mide os versos ..................... Lembra facer as sinalefas.

      -Tipo de rima ................................  Que versos riman? ........................

      -Di de que tipo de estrofa se trata .....................................(Consulta a páx 49 do libro) Está nos recursos desta actividade. 

      5 - ESCRIBE COPLAS. Indicacións que debes seguir.

      - Estrofas de 4 versos. Rima   - a - a

      - Intenta ir fiando as copla:  o 4º verso da 1ª  estrofa, debe repetirse no 1º verso da 2ª estrofa. 

      - A temática: Deben de contar de forma crítica ou graciosa o que aconteceu este ano. Que non sexan monotemáticas do coronavirus, algo máis pasaría.

      Iniciativas:

      #coplasdendecasa

      https://cantademeunmaio.wordpress.com/

      • 13 de abril ao 23 de abril

        Preparando o día do libro: 23 de abril Día do libro 

        Data límite de entrega o 23 de abril

        lectura

        1. Le o libro online

        2. Responde as preguntas. Podedes responder no caderno ou nun procesador de texto (Doc, open office, Drive- doc...)

        3. Envia as tarefas por apartados, para facilitar a corrección e o seguimento.

        Pica no enlace  ou no libro para ler online "Fred Quincalla, o nómade do mar"  da escritora  Teresa González Costa e Marina Seoane (ilustradora). Ed. Xerais.
        Temas e valores que traballa o libro:
        * A procura da identidade propia
        Fred Quincalla dubida de si mesmo e das súas calidades ata que coincide con outros seres semellantes a el que lle permiten valorar o que tiña de diferente e de único.
        * A aceptación do diferente
        A posta en valor do que non encaixa exactamente nos moldes dunha sociedade dada.
        * A persistencia da esperanza
        Expresada a través dos azos que dá a balea a Fred Quincalla cando este xa semellara perder toda esperanza de atopar o seu lugar no mundo.
        ACTIVIDADES

        VOCABULARIO E GRAMÁTICA

        - Escribe unha frase ou un parágrafo no que apareza un substantivo, un adxectivo, un verbo un adverbio e unha preposición que describa a un dos personaxes da historia.

        - Fai unha análise morfolóxica dunha das frases que escribiches na actividade anterior (subst. Artigo... xº, nº, verbo, persoa, nº, tempo e modo)

        - Na novela aparecen nomes de animais acuáticos. Nomea algún.

        - Barco, pesca, son palabras primitivas, Forma familias léxicas-comparten o lexema- (páx. 127 do libro)

        - Localiza na historia 5 verbos conxugados regulares e 5 verbos irregulares e analízaos. Persoa, sing/pl, tempo, modo, verbo, conxugación.

        ORTOGRAFÍA

        - As seguintes palabras que aparecen no libro escríbense con b/v Revisa as normas de ortografía e explica a regra que seguen. Engade 3 palabras máis a cada lista.  (Revisa a páx. 130 e 131 do libro)

        Pensativa, fuxitivo, novo

        Deixaba, chamaban, baixaba

        Obxecto, observando

        Palabras, brazos, 

        Buscan, burbullas, buguina.

        LITERATURA 

        - Que clase de texto narrativo cres que é? Por que?  Consulta a páx. 85 do libro de lingua

        - Onde ocorre a historia?

        - En que persoa está narrada?

        - Que personaxes interveñen? Principais, secundarios, reais, imaxinarios.  Consulta a páx. 117 libro de lingua

        - Na páxina 62 aparece o poema que o capitán do barco pirata dedica a Fred Quincalla cando se ve na obriga de botalo do barco por medo a un motín da tripulación. Constrúe un poema similar, de oito versos, destacando o bo carácter de Fred Quicalla e como o recibirías ti na túa casa.

        - Por que os piratas non aceptan a Fred Quincalla?

        - Por que ao gato que habitaba no barco pirata só lle quedaban tres vidas?

        - Se tiveses que caracterizar con só dúas palabras tanto aos habitantes de Mecánica como de Astetik. Que palabras usarías?

      • Do 16 ao 20 de marzo

        Dedica 40 min de traballo 3 días á semana

        LECTURA diaria: 20 minutos aprox. En diferentes formatos

        Remata a lectura do libro “A Señorita Bubble”

        ACTIVIDADES ESCRITAS: 20 minutos aprox.

        A BIOGRAFÍA (páx. 100 do libro de galego)

        -       Escribe unha  autobiografía, é dicir unha biografía sobre ti mesmo/a 

        ledicia costas

        - Escribe a biografía de Ledicia Costas. 

        Prepara a presentación da escritora  ( seguindo o esquema anterior)

        http://lediciacostas.com/gl/ 

         

        Do 23 ao 27 de marzo

        Cando falamos de poesía todos pensamos en versos, rimas, medida,  ritmo..., pero é moito máis é musicalidade,  estética e creatividade

        As actividades para esta semana son as do OBRADOIRO DE POESÍA: CORENTENA A RITMO DE VERSOS

        • Elaboración de textos e vocabulario Primeiros Auxilios

          Semana 3 abril  ao 10 de abril

          As actividades están a túa disposición na Aula virtual no curso de PRIMEIROS AUXILIOS. Pica na seguinte ligazón

          *** https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistahermosa/aulavirtual/course/view.php?id=11#section-5

          Proxecto con protocolos de primeros auxilios 

          Os Bolechas mostrarannos como actuar ante estas situacións de emerxencia. Deberás ler varios libros desta colección.
          • Insolacións
          • Queimaduras
          • Hemorraxias nasais (epistaxe)
          • Picaduras de insectos e trabadas de animais

          Prepara un traballo utilizando un procesador de textos (Google Drive-Documentos, Word, Libre Office...) seguindo estas instrucións 

          - Busca un título apropiado para o teu traballo. 

          - Copia o enunciado das actividades ( Son 5)

          - Busca a información que vaias necesitando en internet e contesta en galego

          - Dálle ao texto un formato atractivo que sexa doado de ler (o tamaño mínimo da fonte debe ser de 12 puntos).

          - Inclúe algunhas imaxes 

          • 30 de marzo ao 3 de abril

            1 - Comentade as seguintes viñetas de verdadeiro  humor galego. Debuxante:  Luís Davila O Bichero

            Viñetas de Luis Davila Viñeta de Luís Davila
            VIÑETA 1-  VIÑETA 2-

            2 - Revisade os contidos  da unidade 7 e facede os seguintes exercicios.

            Recoméndovos facer os exercicios no voso Drive>Nuevo>Documento de Google e compartilo comigo, creo que vos resultará máis doado.

            Podedes consultar e/ou descargar a unidade 7 do libro no arquivo do bloque anterior, nesta mesma páxina.

            -        Páxina 111 As palabras primitivas derivadas e compostas -> Ex. 6

            -        Páxina 112 Os verbos ->  ex.  3, 4

            -        Páxina 113 ex. 5 e xogo coa lingua 1

            -        Estuda os verbos do anexo. Repaso do ano pasado Exercicios para repasar, con correccións. Seleccionade os exercicios do voso nivel.

            -        Exercicios de colocación de pronome Accede a esta páxina (ogalego.eu) e aplica os coñecementos adquiridos.

            Calquera dúbida consultádema e compartide comigo, se vos parece,  as actividades que vaiades facendo.