Esquema de temas

  • CORENTENA A RITMO DE VERSO

    Proposta de actividades de escritura, lectura de poemas, debuxo, ccnn, mates e creación para traballar de xeito interdisciplinar nesta semana do 23 ao 27 de marzo.

    dia da poesía

    As actividades que vos propoñemos son para ir dosificando durante esta semana. 

     -   1º día-  Tempo de lectura de poemas, xogos de palabras... + Tempo de actividades escritas - Facede unha actividade musical, de debuxo, un problema

     -  2º día- Tempo de lectura de poemas  + Unha actividade de ciencias, creación, escritura de poemas

     -  3º día - Tempo de lectura + Escribir algún poema/xogo de palabras, gravarse recitándoo, inventar un problema con rima

     -  4º día e 5º Tempo de lectura + Ir rematando as actividades que vos falten. Revisión das actividades, coidar a presenación.

    Para facer un seguimento das vosas creacións,  compartídeas con todos nós,  nos bloques de que aparecen debaixo de cada sección: As nosas composicións, xogos de palabras, etc.

                                                                               Pica na imaxe ->     

    Se tedes calquera dúbida preguntade a través do correo vistah10@gmail.com

  • Dá comezo o espectáculo

    A música que non falte

    Comezamos escoitando ao cómico e monologuista Víctor Grande que acompañado da súa guitarra canta:   "Coronavirus, non rima con nada" 

    Actividades:

    -Canta a canción con Víctor Grande. É un bo momento para aprender a asubiar. 

    -Agora tócache a ti inventar unha estrofa mantendo a musicalidade e a rima:

    Coronavirus, non rima con nada.......

    Comparte a letra ou un arquivo de son 

  • Xogos de palabras

    TRABALINGUAS

    - Le os trabalinguas o máis axiña posible sen mesturar as palabras

    trabalinguas orella pendella

    1- Catro bois e catro vacas  soben carro costa arriba;

    non hai home nesta terra  que catro veces o diga… (ata dicir catro veces).

    ________________________________________________

    2. Unha poldra parda petra trouxo un poldro pardo petro;

    dixo a poldra parda petra ao poldro pardo petro:

    -Trepa pouco, poldro pardo petro, trepa pouco.

    ________________________________________________

    3.  ¿Ten tinta, Antón? Tinta Antón ten.

    ________________________________________________

    4. Por detrás daquel toxo vai un pito coxo.

    Corre, pito coxo, pito coxo, corre.

    _______________________________________________

    5. Se as miñas guedellas se me enguedellaron,

    enguedelladas non deben de estar.

    Desenguedelládemas, desenguedelládemas,

    se as podedes desenguedellar.

    Actividades

    - Trata de aprender algún trabalinguas de memoria

    Máis trabalinguas en https://orellapendella.gal/category/trabalinguas/

    ADIVIÑAS

    Que cousa cousiña é...?

    I

    Moitas monxiñas

    no seu convento

    visitan flores

    e fan doce dentro         

    II

    Unha saba branca 

    sen algodón

    que cobre a terra toda       

    e o río non.

    III

    Ten pico, non é paxariño.   

    Cose-cose, non é fío.

    Pica que pica no liño,

    Na cabeza mete o fío.

    IV

    A miña amiga e máis eu

    andamos a un compás,

    coas pernas cara adiante

    e os ollos para atrás.               

    Actividade:

    - Crea unha adiviña a partir destas imaxes. 

           

    VERSOS ACRÓSTICOS

    ACRÓSTICOS  son composicións poéticas nas que as iniciais de cada verso forman unha palabra ou frase. 

    Graciosa é ela coa xente

    Ledos os seus poemas

    Ollos negros e xigantes

    Riseira e graciosas sempre

    Incrible imaxinación e mente.

    Adora as bolboretas…

    Actividade:

    - Escribe un acróstico partindo dunha palabra da túa elección

    Espazo para compartir: vistah10@gmail.com

  • Aritmética poética

    POEMAS CON PROBLEMAS

    - Aquí che deixamos uns problemiñas de mates escritos en verso. Fai unha lectura comprensiva e trata de resolvelos. Non te rindas,  podes ir resolvéndoos polo método de ensaio-erro.

    Fai as operacións e envíanos os resultados a traves do Bloque: Respostas aos problemas, indicando o teu nome e curso.

               NIVEL DIFICULTADE I

    Por un camiñiño

    vai camiñando un bichiño

    e xa deu oito pasiños.

    Entre pegada e pegada mido:

    en centímetros, trinta e cinco.

    Dime cal foi o seu percorrido?

          OPERACIONS MATES

    NIVEL DIFICULTADE II

    Robertiño, que é o meu veciño,

    é pequeno coma un gran de millo.

    O seu pai, que se chama Antón,

    mide o triple porque é moi grandullón.

    Se o pai mide 1´95 m, canto é o que mide o fillo? 

     NIVEL DIFICULTADE III

    Fun á libraría

    a comprar algúns libros de poesía.

    Díxome o libreiro,

    que é un home moi chusqueiro:

    “Se acertas cantos son

    os libros desta colección,

    douche un máis de promoción”

    Pregunteille cal era o acertixo

    e isto foi o que me dixo:

    “Réstalle 3 á metade deses exemplares

    e resulta o primeiro dos números pares”.

    Cavilei e resolvín e aquel agasallo foi para min.

    Se queres compartir as respostas ou pedir pistas, faino a traves de vistah10@gmail.com

  • Ciencia en verso

    CIENCIA CON RIMA

    ACTIVIDADES

    - Le a seguinte definición de vacina e coa información obtida, as ideas principais,  trata de crear un poema. Pode ser divertido, orixinal... á vez que instrutivo.

    "As vacinas ensínanlle ao corpo como defenderse cando microorganismos, como virus ou bacterias, o invaden.  Ao inxectar só unha parte diminuta de microorganismos, morta ou debilitada, o corpo pensa que está sendo atacado por un axente infeccioso e deféndese creando anticorpos. Ao mesmo tempo adquire unha memoria inmunitaria que lle permitirá recoñecer ese microorganismo  e como eliminalo ao longo da súa vida."

         As vacinas

    Que son as vacinas?

    E ti mo preguntas?

    Vacinas son medicamentos

    que tomas cando non estás enfermo (segue ti)

    ..... 

    - Le agora este poema de Rosalía de Castro

    Unha vez tiven un cravo 
    cravado no corazón, 

    CRAVO NO CORAZONi eu non me acordo xa si era aquel cravo 

    de ouro, de ferro ou de amor. 

    Sóio sei que me fixo un mal tan fondo, 
    que tanto me atormentóu, 
    que eu día e noite sin cesar choraba 
    cal choróu Madanela na Pasión.

    O corazón é un órgano vital do que seguro sabes un motón de datos. Compróbao facendo o seguinte test de ciencias. Podes facelo as veces que queiras ata conseguir a máxima puntuación. Vídeo para saber máis do aparato circulatorio

          ---->> CONTESTA ESTE  TEST DO CORAZÓN

  • Arte plástico

    VERSOS DEBUXADOS

    1- Le o poema de Gloria Fuertes e reproduce de forma estética o seu contido nun folio, no bloc de debuxo...

    CÓMO SE DIBUJA UN PAISAJE
    Un paisaje que tenga de todo,   
    se dibuja de este modo:
    unas montañas,
    un pino,
    arriba el Sol,
    abajo el camino,
    una vaca,
    un campesino,
    unas flores,
    un molino,
    la gallina y el conejo,
    y cerca un lago
    como un espejo.

                          Ahora tú pon los colores,
    la montaña de marrón,
    el Astro Sol amarillo,
    colorado el campesino,
    el pino verde,
    el lago azul
    (porque es espejo del cielo como tú),
    la vaca de color vaca,
    de color gris el conejo,
    Las flores…
    Cómo tú quieras las flores,
    de tu caja de pinturas.
    ¡Usa todos los colores!

    Un caligrama é un poema visual no que as palabras debuxan ou conforman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou calquera obxecto ou concepto imaxinable (onda, peixe, flor, choiva...)

    Agustín Fernández Paz

    2. Anímate a crear o teu propio caligrama. Pasos que debes seguir:

    1. Elixe un poema 
    2. Traza sobre o papel o debuxo co lapis, de maneira que dispoñas dun patrón sobre o cal escribir o texto.
    3. Escribe o poema seguindo o contorno do mesmo ou enchendo o seu perfil.
    4. Borra os trazos do lapis.   

    3. ACTIVIDADE PARA  OS DE NIVEL AVANZADO:  Escribe un  POEMA DIAMANTE

    Está formado por sete versos que acadan a forma dun diamante :

    O 1º verso é un nome.

    O 2º verso consiste en dous adxectivos que describen a ese nome.

    O 3º verso contén tres verbos.

    O cuarto verso está formado por catro substantivos.

    O 5º verso son tres verbos.

    O 6º verso contén dous adxectivos.

    O 7º verso é un nome de significado contrario á primeira palabra do poema.      

    Exemplo:

                                               NOITE

                             TRISTE, SILANDEIRA

                  SORPRENDE, DESBORDA, ACHEGA

             FRIAXE, ESCURIDADE, NOITE, ALBORADA

                         ANUNCIA, INVADE , ACELERA

                                ANHELADA, DESEXADA

                                            CLARIDADE

  • Poemas para compartir

     POEMAS DIVERTIDOS

    ADAPTACIÓN AO GALEGO DO POEMA DE CARMEN GIL.

    www.poemitas.com -  Carmen Gil  

    Coeducación: El trajín de la bruja Pandora e Poemitas divertidos

    ACTIVIDADES 

    Escribe unha estrofa continuando o poema cunha tarefa nova que esteas facendo agora nestes días de confinamento

    Grava a estrofa que inventache e envía o arquivo de son a través desta formulario

    É esta bruxa simpática
    un gran ás da bruxaría,
    e ademais é catedrática
    de maxia e feitizaría

    Ten a nosa bruxa sen par
    un prestixio tremebundo.
    Véñena a consultar
    os bruxos de medio mundo.

    A BRUXA PANDORA

    Entre esconxuro e poción,
    Volve a casa en media hora
    limpa o po do salón
    e tende a lavadora.

    Entre feitizo e sortilexio,
    zurce un camisón morado,
    leva ao bruxiño ao colexio,
    compra no súper do lado.

    Cánsase moito a pobre
    Comeza a xornada ás sete
    Ten sempre unha quenda dobre
    Acaba ata o cornete!

    -Acabouse este non parar.
    Xa non me queda alento.
    O traballo do fogar
    faise ao cincuenta por cento.

    Así que, desde hai un mes,
    a tarefa é compartida.
    Se se fai entre todos, é
    moito menos aburrida.