Skip to Content

Blogues

Laboratorio: Os elementos dun circuíto

A corrente eléctrica circula nos nosos fogares a través de circuítos eléctricos que a distribúen por todas as habitacións. Estes circuítos eléctricos permiten que se ilumine a lámpada cando acendemos un interruptor ou que se poña en marcha un electrodoméstico ao enchufalo á rede.

EXPERIMENTO para identificar os compoñentes básicos dun circuíto eléctrico. 

circuíto eléctrico de salial

MENÚ XANEIRO

TOCA NA IMAXE PARA AMPLIAR

RECORDOS DO NADAL

Mañá xa voltamos ao cole, pero non queriamos deixar de publicar uns pequenos recordos do que foi o último día do 1º trimestre:

- Visita de Papá Noel e entrega de agasallos.

- Música, baile e actuacións no interior do cole ao longo da mañá.

- Saída á cancha para a entrega de premios do V Concurso de Tarxetas de Nadal ornanizado pola ANPA.

- Bailes grupais no exterior.

Moitas grazas ao Concello e á ANPA por colaborar para que este día fose inesquecible.

BO NADAL

O CLAUSTRO DO PROFESORADO E O PERSOAL NON DOCENTE DO CEIP VISTAHERMOSA QUERE DESEXARVOS BOAS FESTAS E UN VENTUROSO 2024

A cantar panxoliñas

Rapazas e rapaces de 4º cantan e acompañan con percusión corporal este pupurri de panxoliñas tradicionais. Unha canción  do grupo os Inhumanos "Navidades NO Inhumanas" (campaña solidaria "Por un mundo menos inhumano")

Asigna ritmo as panxoliñas de salial

AUDIOCONTO 5º PRIMARIA

As nenas e nenos de 5º de Primaria estiveron traballando moito para realizar este audioconto. Esperamos que vos guste.

Campionato provincial de cros escolar

Hoxe fómonos a Ribadavia para competir na fase provincial de cros escolar

Tres foron os nosos representantes, Laura González (5º), Míkel Hernádez (5º) e Saúl Rubín (4º), que non o puideron facer millor, estupendas marcas para os tres.

Unha xornada fría e con moita néboa que souberon combater con gran esforzo, ánimo e actitude.

NORABOA AOS TRES!!!

Moitas grazas ás familias pola vosa axuda e interés.

A próxima cita será o 13 de xaneiro no campionato galego para o q se clasificou Laura.

  

Visita residencia "As Salinas"

Hoxe o alumnado de 6º de Primaria desprazouse ata a residencia "As Salinas" no Viso para realizar diversas actividades interxeracionais cos maiores. Cantaron panxoliñas, realizaron talleres, tarxetas de Nadal, xogaron...

Bonita actividade que favorece a responsabilidade, os valores  e o respeto cara os maiores.

Grazas á residencia por darnos a oportunidade.

ENCONTROS COA ESCRITORA

Hoxe  visitounos a escritora de libro infantil e ilustradora Estefanía Padulles.

Contounos á vez que debuxaba: "Leopoldo, o pequeno monstro" e "A manchas ou a raias?"

 

 

 

 

          
Distribuir contido


by Dr. Radut