Skip to Content

blogue decris

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Ao longo deste mes para conmemorar o "Día do Libro", fomos realizando actividades relacionadas coa lectura, o xogo e a creatividade.

- XOGO TRIVIAL DUN CONTO TRADICIONAL: "O gato con botas"
Os gatos móvense polo taboleiro contestando preguntas para conseguir a capa, o sombreiro e as botas.
 
- PERSONAXES DE CONTOS SAÍDOS DA PLASTILINA e inspirados en: Cuentos de plastilina "Hansel y Gretel".
 

- OCA 1, 2, 3 ... A INVENTAR OUTRA VEZ. 

Cada xogador/a vai anotando as palabras por onde vai avanzando no taboleiro, combinando esas palabras narrará unha breve historia.

- HISTORIAS ENCADEADAS

Os participantes enlazan as oracións, parágrafos e asi forman Historias Encadeadas.

- APADRIÑAMENTO LECTOR:

Un ano máis os maiores do cole fixeron de padriños e madriñas lectoras dos máis pequenos.

VISITA DA DOUTORA CECILIA

Tódolos anos polo "Día do libro" a Dra. Cecilia, visita as aulas de 4º, 5º e 6º de infantil, co fin de comprobar a saúde da biblioteca de aula. Este ano conseguiron o certificado - CORAZÓN VERDE BRILLANTE- Iso significa que aos nenos/as de infantil lles gustan os libros e coidan deles. Tamén lles puxo unha vacina para que o encargado/a do día se acorde de ordenar a bilbioteca.

- O MEU LIBRO FAVORITO

Así ilustraron os neno/as de infantil o seu conto favorito

- RETO: CANTOS CONTOS COÑECES TI?

Na entrada da biblioteca tes un reto sinxelo se queres conseguir un libro, só tes que escribir os títulos de contos que aparecen no panel, poñer o teu nome, o curso e entregalo á coordinadora da Biblioteca. ANÍMATE!!

- A BIBLIOTECA  ESCOLAR ... Espazo para ler, xogar e crear.

 Os nenos/as de infantil desfrutaron dunha sesión de xogos na biblioteca

 FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

BECAS DO CONCELLO DE OURENSE

O Concello de Ourense abre o prazo para que as familias poidan solicitar axudas para a adquirir libros de texto e material escolar e para comedores escolares para o  curso 2024/25.

O prazo de presentación das solicitudes no Concello é do 22 de abril ao 13 de maio de 2024. 

Establécense dúas liñas de axudas: 

  • Axudas de libros e de material escolar de nenos/as matriculadas en 4º, 5º ou 6º curso de Educación Infantil, a axuda será de 110 €/mes.

  • Axudas de comedor, dirixidas a nenos/as matriculadas en Educación Infantil, Primaria ou ESO. Esta será de ata 90 €/mes.

Para calquer dúbida podedes contactar con nº 988 686 437

Podedes recoller os Anexos no centro escolar.

Tríptico:

ANEXOS

VERBATECA- LABORATORIO DE PALABRAS

Esta actividade forma parte do programa educativo do concello de Ourense, realizada no noso centro para nenos/as de  infantil.

Xogando, traballouse a observación, memoria, expresión oral e corporal, coordinación e coñecemento de palabras da nosa lingua sobre diferentes temáticas...
 
Esta actividade ten como obxectivos:
Potenciar o traballo en equipo.
Aumentar o vocabulario.
Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
Manter unha boa actitude de escoita.
Motivar á lectura por medio da oralidade.
Fomentar a imaxinación e a creatividade.
 

Hixiene bucodental 4º

O pasado 5 de abril o alumnado de 4º de Primaria recibiu a visita  do hixienista dental do noso centro de saúde de referencia para realizar un OBRADOIRO DE HIXIENE BUCODENTAL, onde aprenderon sobre os bos hábitos e o coidado dos seus dentes.

 

VISITA Á BIBLIOTECA DO NOSO ENTORNO

 O alumnado de 2º de primaria , visitou a biblioteca municipal da Ponte.               

A bibliotecaria, explicoulles como identificar os libros dos andeis, despois a cativada participou nunha animación á lectura e tamén desfrutaron dun tempo libre de lectura.

ESPECTÁCULO DE MAXIA

O mago Paco, sorprendeunos co seu espectáculo de maxia.

  ....Que pasa cando se xuntan as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos? Pois a maxia apodérase dos contos e os contacontos convértense en "Contamaxias"

PREME NA IMAXE  para ver algúns dos mellores momentos

MENÚ ABRIL

8M

Semana repleta de traballos relacionados co Día da Muller:

- Ambientación do centro

 

- Mulleres galegas influíntes (ENDLG)

- As mulleres da nosa vida: elaborado por cada nena e neno do centro.

- Investigación, traballo e exposición da vida dunha muller influínte en cada aula

 

 

lapbookgaiteiras

- Cancións e bailes "Todo pode ser" e "Coas botas listas para bailar" Nancy Sinatra ("These boots are made for walking")

 

 

 botas bailar

TOCADE NAS IMAXES PARA AMPLIAR

ANIMACIÓN Á LECTURA E SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Actividade ofertada polo concello de Ourense: "Conta coa natureza, incendios forestais".

Esta temática foi tratada por unha monitora medioambiental a través do conto teatralizado: "Xela, a superheroína da aldea" de Inma Soto.

Un conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que os nenos/as coiden o entorno natural.
Coa finalidade tamén de animar ao alumnado o interesarse por lecturas desta temática.
 

XORNADAS DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIÓN

O mércores 28 de febreiro o alumnado de 5º e 6º recibiu a visita de tres membros da Fundación ENKI para levar a cabo a primeira das XORNADAS DE DEPORTE E INCLUSIÓN.

Neste caso tratouse dunha charla con deportistas con diversidade funcional para dar a coñecer o deporte adaptado e inclusivo e a súa traxectoria deportiva e persoal respondendo a todas as dúbidas e curiosidades das nenas e nenos.

O vindeiro 11 de marzo asistiremos ao encontro provincial na Expourense, onde practicarán diferentes modalidades de deporte adaptado.

TOCADE NA IMAXE PARA AMPLIAR

 

Distribuir contido


by Dr. Radut