Skip to Content

Articles

BECAS DO CONCELLO DE OURENSE

O Concello de Ourense abre o prazo para que as familias poidan solicitar axudas para a adquirir libros de texto e material escolar e para comedores escolares para o  curso 2024/25.

O prazo de presentación das solicitudes no Concello é do 22 de abril ao 13 de maio de 2024. 

Establécense dúas liñas de axudas: 

  • Axudas de libros e de material escolar de nenos/as matriculadas en 4º, 5º ou 6º curso de Educación Infantil, a axuda será de 110 €/mes.

  • Axudas de comedor, dirixidas a nenos/as matriculadas en Educación Infantil, Primaria ou ESO. Esta será de ata 90 €/mes.

Para calquer dúbida podedes contactar con nº 988 686 437

Podedes recoller os Anexos no centro escolar.

Tríptico:

ANEXOS

Admisión de alumnado curso 2024-2025

Listaxe provisional de admitidos/as

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso escolar 2024/2025, comunícase que:

- TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS OBTIVERON PRAZA.

- Están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais do alumnado admitido. 

- O prazo para formalizar a matrícula para os admitidos/as será do 20-30 de xuño.

SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2024-2025

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Ao alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria que se incorpora ao sistema ou que cambie de centro. 

O alumnado que continúa os estudos no centro ten garantida a súa permanencia.

CAL É O PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES?

Do 1 ao 20 de marzo. 

ONDE PODO CUBRIR AS SOLICITUDES? 

1.- Cubrir a solicitude informaticamente na web Admisión alumnado, descargala, asinala e entregala no centro. 

2.- Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro:

3.- Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica: Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberedes acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital.

Normativa e manuais: www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

ONDE PRESENTO AS SOLICITUDES?

ONLINE: Con certificado dixital ou Chave 365.

NO CENTRO. 

QUE DOCUMENTACIÓN DEBO ACHEGAR?

- Copia do Libro de familia

- Certificación de matrícula, no caso de optar a un curso distinto de 4º de EI.

- Calquera outra documentación xustificativa para acreditar a puntuación.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DO CENTRO

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES

EDUCACIÓN INFANTIL       EDUCACIÓN PRIMARIA
CURSO VACANTES   CURSO VACANTES
4º (3 anos) 20   4
5º (4 anos) 14   4
6º (5 anos) 5   0
      0
      0
      0

Portal educativo: Escolarización

  ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP VISTAHERMOSA

Admisión de alumnado curso 2022-2023: Listaxe provisional de admitidos/as

Dende o 22 de abril de 2022 están expostas no taboleiro de anuncios do centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o próximo curso académico 2022-2023.

As listaxes definitivas publicaranse o 13 de maio.

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

A/A das Nais, pais e titores legais do alumnado do CEIP Vistahermosa 

A votación para elixir aos representantes de nais e pais que formarán parte do Consello Escolar será o vindeiro MARTES, 23 DE NOVEMBRO no CEIP Vistahermosa 

Horario de  9:00 a 14.00 e 16:00 h. a 18.00 h.

Nota: Recordamos que podedes marcar unha, dúas ou tres persoas, como máximo, pero elíxense 4 (o/a 5º representante será elixido pola ANPA). 
 

Participade!

 

Candidatas presentadas

Publicado o listado definitivo de axudas para libros de texto, material escolar e comedores escolares curso 2021/2022.

https://ourense.gal/gl/actualidad/listado-definitivo-de-cualificacion-dos-expedientes-de-axudas-para-libros-e-comedores-escolares



by Dr. Radut