Skip to Content

Articles

EQUILIBRISTAS CON MAKEY MAKEY

Nesta actividade as alumnas e alumnos de 6º constrúen distintas tirolinas con papel de aluminio que conectan á placa Makey MakeyDespois programan a placa con Scratch para que emita un son cada vez que o aro toque o circuíto. 

 equilibristas

O desafío é atravesar a tirolina sen tocala, se lles treme o pulso e a tocan irán perdendo vidas.

equilibristas paula  nico tirolina 

KS Dinosauros. Xogando co pasado

Xogo de mesa para aprender a programar: o alumnado desenrola o pensamento computacional e a lóxica sen dispositivos electrónicos.

O alumnado de 1º de EP, debe guiar ao Dinosauro ata os seus ovos  colocando no labirinto as tarxetas de movemento axeitadas. 

 

 

kITS SINGULARES. POLOS CREATIVOS. Actividade elaborada coa colaboración de Kayakasaurus

COMPUTANDO CUNHA SOA MAN

#11F día da Muller e a Nena na ciencia

Como contan os ordenadores? O alumnado de 4º 
realizou o obradoiro "Computando cunha soa man".

Computando cunha soa man de salial

Unha enxeñeira ou científica en cada cole

OBRADOIRO STEAM CON PAOLA GUIMERÁNS

Obradoiros con Paola Guimeráns, experta en Deseño, Téxtiles intelixentes e ensinanzas STEAM.

Desenvólveronse 3 talleres nos que as rapazas e rapaces crearon circuítos, camisetas intelixentes e cómics interactivos  partindo do proceso de "deseñar facendo".

1- Comezamos con Circuitos en papel, o alumnado de 4º fixo circuítos eléctricos con papel condutor e un LED,  co que iluminou unha casiña construída con papiroflexia. 

2- Placa Make Makey. En 5º programaron con scratch e deseñaron un cómic interactivo.

3- Microbit e Make Code neste  obradoiro  a rapazada de 6º deseñou unha camiseta con luces, música, detectores de temperatura... traballando en equipo,  creou programas sinxelos descubrindo as posibilidades da placa microbit. 
 

Este obradoiro enmárcanse no proxecto Biblioteca Creativa 

Novembro, mes da ciencia

"Recuncho científico" creado na biblioteca ofrece unha selección de libros con experimentos, contos sobre ciencia, xogos de enxeño, preguntas e respostas curiosas. Algúns dos experimentos realizados transpasaron a porta das aulas e compartíronse con outras clases.
Estas son unha mostra dalgunhas actividades científicas realizadas neste mes:
 
- Actividades científicas coa luz, a cor, o son, os sensores de ultrasóns e no laboratorio.
nov mes da ciencia
 
- Que pasa cando metemos uvas pasas en gaseosa?
- Que pasa cando metemos un ovo ou un óso de polo en vinagre?
- Globo explosivo (Con ácido de laranxa).
- Lámpada de lava (Con auga, aceite e pastillas efervescentes).
- Microscopio para buscar números (Recipiente transparente, plantilla de números e un vaso de cristal). 
- Area cinética - Area da lúa (Fariña, aceite de bebé e purpurina).

Receitas extravagantes con castañas

O alumnado de 6º  mestura tecnoloxía e cociña. A actividade consistía en escribir unha receita graciosa e variopinta con algunhas condicións: tiña que levar castañas como ingrediente e debía ser escrita cunha orde lóxica de pasos.

Despois de publicar cada grupo a súa receita, debían comentar e valorar as receitas dos demais respectando sempre a Netiqueta.

Fai clic na imaxe e poderás ler todas as receitas.

Itinerario Digicraft>Programación>Algoritmos empanados

OBRADOIRO DE ROBÓTICA E TECNOLOXÍA

Que é o primeiro que che ven a mente cando pensas nun robot?

Son máquinas, pódense programar, teñen sensores, poden ter mando, poden realizar diferentes traballos, poden ter forma humana, pódese xogar con eles...

Ás rapazas e rapaces de educación primaria desfrutaron deste obradoiro de robótica programando diferentes robots, algúns desde a botoneira e outros cunha linguaxe de programación por bloques.

Cos robots desenvolvemos as competencias STEAM: a resolución de problemas, o pensamento lóxico computacional, a creatividade e tamén contribúen ao desenrolo emocional como é  o caso do robot Codey Rocky.

cultura maker

Actividade impartida por Dreams to Space

PIANO CON SCRATCH E MAKEY MAKEY

Con Scratch programamos este piano conectado á placa Makey Makey.

Os 6 equipos recortaron o piano de cartón pintaron as teclas co lapis, fixeron as conexións e programaron con Scratch as notas  e tocaron a canción "Parabéns para ti"

makey
      Aitor         Nara            Hugo           Dariel         Kaili e Lúa       Gabriel

 

Coa placa Makey Makey convertemos calquer obxecto que sexa condutor nun pulsador. Creamos diferentes  circuítos eléctricos e descubrimos materiais condutores.

Videoclips con poemas de Rosalía

#SementadePensamentos  Premios Rosalía de Castro
Estes son os videoclips gañadores:
Aos mellores efectos especiais Videoclip de Elías, Dani e Gabriel
negra sombra
 
Á Mellor música orixinal e danza:  Videoclip de Adriel, Bea, Ían e Nara
alborada
 
Ao Mellor guión orixinal: Videoclip de Adriana A, Kaili, Lúa e Adriana C.
videoclip non quero mais dramas
 
 

Carreira de San Martiño con escornabots. Avanzamos ou retrocedemos segundo nos indique o dado e ao pasar a meta gañamos o prezado trofeo da castaña de San martiño

carreira de san Martiño

Taboleiro Beebot do Magosto

Con distintos niveis de dificultade:

Nivel 1- Apañar as castañase rodear a cacharela.

Nivel 2- Sumas e restas seguindo as indicacións do dado

Nivel 3- Multiplicacións

 cálculo con beebot

 



by Dr. Radut