Skip to Content

DÍA DA PAZ

Opasado martes celebramos o día da paz no colexio!

Os días previos estivemos pintando un banco da amizade, porque realmente a paz para nós comeza cunha boa amizade! Todo cheo de cores, que representa toda a diversidade que hai no mundo.

Temén fixemos pancartas e decoramos o colexio con mensaxes e con pombas.

Despois do recreo, o alumnado de 6º leu un manifesto, as distintas aulas alzaron a súa voz para dicir o que poñían as pancartas, os nenos e nenas de 3º bailaron un baile titulado "Hay un amigo en mi" e logo todos e todas xuntas bailamos a polca da Paz.

 

FELIZ DÍA DA PAZ EN VEA!



story | by Dr. Radut