Skip to Content

SAÍDA "RÍOS DA ESTRADA"

Rio gif animado - Imagui

O alumnado de 5º e 6º de primaria e o de 3º e 4º de primaria realizará os días 24 e 31 de maio, respectivamente, unha saída enmarcada na actividade de concienciación medioambiental OS RÍOS NA ESTRADA, . Está organizada polo Concello da Estrada e ten unha duración de 3 horas aproximadamente (de 10:00 a 13:00 h). 

Este proxecto ten como obxectivo espertar o interese pola conservación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico que atesouran os nosos ríos. Na contorna do couto de Ximonde, os participantes realizarán prácticas de análise das diferentes características biolóxicas, físico-químicas, hidromorfolóxicas e patrimoniais que teñen os cursos fluviais. Trátase de coñecer as relacións, pasadas e presentes, entre as persoas e os ríos, fomentando comportamentos a prol da conservación e mellora destes ecosistemas. Ademais realizaremos unha ruta de sendeirismo ata a Ponte Sarandón e, na medida do posible, coñeceremos o traballo que se realiza no Centro Ictiolóxico de Ximonde.

Este curso, como novidade, veremos a importancia dos macroinvertebrados como bioindicadores do estado de saúde do ecosistema, mediante a captura e identificación de larvas de insectos no río.

Recomendacións para o alumnado:

- Levar calzado axeitado para facer a ruta de sendeirismo (botas de montaña ou tenis).

- Levar roupa axeitada e cómoda; recomendamos pantalóns longos porque hai herba alta e estrugas.

- Traer impermeable se houbese posibilidade de chuvia.

- Levar lapis e goma.



story | by Dr. Radut