Skip to Content

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aquí vos deixamos as recomendacións de Pingüi para este Nadal.

LA VOZ DE GALICIA

Esta semana o alumnado deste centro é o protagonista dunha noticia do periódico La Voz de Galicia con motivo da súa participación no proxecto medioambiental de ámbito europeo "Mensaje en una botella".

RAP PARA COIDAR O MAR

Este é no noso rap feito para a campaña "Mensaje en una botella", trátase dun proxecto medioambiental de ámbito europeo no que se pretende concienciar a pequen@s e maiores sobre a necesidade de coidar os océanos como fontes de riqueza tanto alimentaria como climática. Este foi un traballo interdisciplinar e internivel onde participaron alumnado de 6º de EI, de 2º de EP, de 5º e de 6º. 

RAP from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

 

 

PLAN DIRECTOR

 Charlas da Guardia Civil para prevención de acoso escolar.

 

TEATRO "CENICIENTA"

O alumnado de Educación Infantil asistiu a obra de teatro "Cenicienta" da man do grupo "La Mar de Marionetas", financiada pola Concellaría de Cultura do Concello de Carral.

 

Hoxe despedimos o curso ao ritmo de A Gramola Gominola.

 Todos xuntos, alumnado, pais, nais e profesorado, compartimos a alegría de chegar á meta, o final de curso.

O CEIP Vicente Otero Valcárcel aproveita a ocasión para  desexarlle á toda a comunidade educativa que disfrute dun feliz verán.

 

EDITORIAL PINGÜI

A Editorial Pingüi foi un proxecto colaborativo do EDLG (Equipo de Dinamización da Linga Galega) e do Equipo de Biblioteca que se desenvolveu durante este curso escolar. O obxectivo deste traballlo foi crear unha liña editorial de libros informativos en galego feitos polo noso alumnado. Estas son as primeiras tiradas de libros que saen del, picade nos puntos vermellos da foto para ver o resultado. Tamén vos deixamos o vídeo presentado para o concurso da Plataforma Proyecta. Queremos agradecer a Yolanda, a técnico de Dinamización Lingüística do Concello, a súa axuda desinteresada na revisión da corrección lingüística. En breves esperamos ter máis novas deste proxecto que está nacendo... 

Pingüi e as persoas que formamos este grupo desexámosvos boas vacacións para todos e todas!

As alumnas abaixo indicadas foran as gañadoras do I Certame de Poesía do Concello de Carral.

Noraboa ás gañadoras e ánimo a todo o alumnado participante no I Certame de Poesía do Concello de Carral.

(Nestes arquivos adxuntos presentámoslles os poemas gañadores)

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO DO CEIP

CONSERXERÍA         881880446

 

ADMINISTRACIÓN  881880447

REUNIÓNS EDUCACIÓN PRIMARIA 2013-2014.

00/00/

As datas das reunións cos titores/as de Educación Primaria serán as seguintes:

SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA ( 3ºA, 3ºB, 4ºA, 4ºB E 4ºC): Martes 24 de setembro ás 16:50h nas aulas correspondentes a cada titoría.

PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA (1ºA, 1ºB, 2ºA E 2ºB) : Martes 1 de outubro ás 17:00h nas aulas correspondentes a cada titoría.

TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA ( 5ºA, 5ºB, 5ºC, 6ºA E 6ºB) :  8 de outubro ás 17:00h nas aulas correspondentes a cada titoría.

REUNIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2013-2014.

00/00/

As reunións de educación Infantil celebraranse o venres 6 de setembro ás 10:00h nas aulas correspondentes que serán as seguintes:

 

3 anos A: Victor Velasco. 

3 anos B: Victor Velasco.

Os titores realizarán o reparto de nenos nas dúas aulas antes de comezar.

 

4 anos A: Vicente Otero Valcárcel, aula interior.

4 anos B: Vicente Otero Valcárcel, aula interior.

 

5 anos A; Victor Velasco.

5 anos B: Victor Velasco.

 

Os alumnos/as de nova matrícula serán distribuídos nas aulas que lles corresponden antes de comezar as reunións.

 

                                                                                                                A DIRECCIÓN DO CENTRO.

Distribuir contenido


by Dr. Radut