Blog de Biblioteca
Enquisa de biblioteca
Dende o equipo de biblioteca, elaboramos enquisas para saber a vosa opinión sobre o funcionamento e as actividades da nosa biblioteca. Gustaríanos que as cubrísedes para poder mellorar. Sen a vosa axuda, isto non será posible.
A continuación, aparecen as ligazóns para cubrir a enquisa correspondente:
- Enquisa para o alumnado de EI, 1º e 2º de primaria: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeEKCUO5XMv0hLDZCQDRBRo2_bxVe3A3JyfZBEmxhXd5gNtvQ/viewform?usp=sf_link
- Enquisa para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfneCjAs9RVdKnm1fNJd6trZ7q1EykXg0SdUS2hluG9ymOx_w/viewform?usp=sf_link
- Enquisa para as familias: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdot__-KfGrlHoyBNBsNSzEfGV2RNd-GLeK9EgD9IMWYcidNQ/viewform?usp=sf_link
Grazas pola vosa colaboración!
Última sesión do club: merendola e avaliación.
Así rematamos as Faragullas, coa úlitma presentación do cómic, comendo, cantando e avaliando o club. Moitas grazas a todas por participar! Non puidemos ter uns lectores mellores!
Última sesión das tecedoras de versos.
Este curso, as tecedoras cambiaron de ferramentas, abandoaron o gancho e aprenderon a tecer en bastidores ou teares, unha técnica un pouco máis sinxela que lles permitiu facer as súas propias bufandas. Limos todos os poemas do ano pasado e incorporamos un novo que vos deixamos aquí. A profe Teresa axudoulles ademais a rematar os traballos e os seis nenos e nenas de 4º de EP que formaron parte do club levaron as súas prendas para a casa. De seguro non olvidan esta experiencia que levamos a cabo no recanto de lectura da entrada todos os mércores de primeiros de mes. Graciñas aos participantes e a Teresa Del Río que foi a que traballou a reo con eles!
As Faragullas: 101 maneiras de ler e álbum do club.
Na penúltima sesión do noso club lemos parte do libro "101 maneras de leer a todas horas" e escribimos ideas para ler, inventar e contar historias. Tamén repasamos momentos, libros, personaxes do club de este curso... e comezamos a montar o álbum das Faragullas 22/24.
Contacontos de familias: 8 patas
María e Graciela voltaron contar o último conto deste ano, neste caso ao alumnado de 5º de EI, o conto elixido foi "8 patas" de Ana Meilán, deixóunolo outra mamá colaboradora. Moitas grazas ás tres!
Contacontos de familias: Aquiles o puntiño.
Graciela e María, mamás de nenos do centro, viñeron a contar contos a 6º de EI, desta volta tocoulle a quenda ao libro "Aquiles o puntiño" de Guia Risari e Marc Taeger da Editorial Kalandraka.
Mércores de radio
Como está rematando o curso, deixámosvos unha recompilación de fotografías dos diferentes programas que elaborou o alumnado de 4º de Educación Primaria coa intervención de varios/as nenos/as de 5º e 6º de Educación Infantil. en directo e por megafonía para todo o centro no recreo dos mércores. Nestes programas falaban do tempo, recomendaban libros, contaban algunha historia para dala a coñecer a todo o colexio e propoñían adiviñas sobre contos de literatura infantil.
Esperamos que vos guste!
Recreos de talentos
Como xa estamos rematando o curso, queremos deixarvos unha recompilación dos talentos que desenvolveron os/as nenos/as que participaron nos "Recreos de talentos" na biblioteca, os venres. Está claro que son uns auténticos/as artistas e que aprendemos moito grazas a eles/as.
Se non fose pola súa participación isto non sería posible.
Esperamos que vos guste!
Taller de libro obxecto coa profe Rocío
A profe Rocío fixo un taller de "libro obxecto" con varias clases voluntarias do centro. A actividade consistiu e darlle unha nova vida aos libros de expurgo, facelos nosos e contar as nosas historias e vida neles tal como aprendeu do artista Pablo Otero nos seus obradoiros.
Na seguinte presentación pódese ver parte dalgún dos obradoiros así como algún dos libros elaborados e a presentación do proxecto na nosa feira do PDI "Todas e todos temos unha historia que contar".
Aproveitamos para falar coas nenas e nenos de que é a creatividade e do novo proxecto da nosa biblio para este curso a Createca.
Oca colaborativa polo Día do Libro
Polo Día do Libro, ademais da charla con Montse Pena Presas para as familias (Lectura e familias) e a visita á Galiña Azul por parte do alumnado colaborador de 6º (Bibliotecas Solidarias) entre todas as aulas do centro elaboramos unha oca de libros. Cada clase escolleu unha historia e fixo preguntas sobre ela, agora está dispoñible para que poidan xogar todos e todas.
Visita de Erica Esmorís
A escritora Erica Esmorís compartiu charla literaria co alumnado de 4º que leu o seu libro "Patio de luces", tamén asinou no noso libro de visitas e os libros do alumnado. Canto nos gustan estes momentos...
Talleres de historia na biblio
A biblioteca serviu de escenario para os talleres que fixeron o alumnado de 4º de EP baseados na prehistoria e na Idade Antiga. Aquí os tedes en pleno proceso creativo: construiron ferramentas do neolítico con plastilina, teceron nos teares, fixeron ourivería dos castros galegos, escribiron mensaxes ocultas cos xeroglifos da pedra Rosetta, fixeron traxes romanos e co Kapla recrearon construcións como teatros e anfiteatros.