Skip to Content

Charla con Isabel Dans sobre educación dixital

O vindeiro día 8 de maio temos a sorte de contar na biblioteca do centro coa profesora de Universidade de Santiago de Compostela Isabel Dans. Vai vir compartir con nós a súa experiencia e darnos algunhas indicacións sobre os últimos estudos en educación dixital, búsqueda de información na rede, uso de dispositivos electrónicos e outros temas de interese para familias. Animádevos a participar!

Cartel conversa educación dixital de bibliosbardos Carral

Cartel festa do pan 2024

Esta semana as nenas e nenos de 2ºA de Educación Primaria recibiron a noticia de que foron os gañadores do Concurso dos carteis para a XX Festa do Pan 2024 do Concello de Carral. 

Agradecer o resto de aulas e de cativas e cativos que tamén participaron na actividade!

CARTEIS FESTA DO PAN 2024 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Listaxes provisionais admisión novo alumnado

Informamos que hoxe, 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluido no noso centro para o próximo curso.

Onde se consultan?

De xeito presencial no taboleiro do centro ou telemáticamente na aplicación admisionalumnado (identificándose con chave365 ou certificado electrónico).

Reclamacións contra a listaxe provisional

Seguindo a normativa, ábrese un prazo de 5 días hábiles para reclamacións (ante o Consello escolar) que serán resoltas coa publicación da listaxe definitiva o 15 de maio.

 

 

Consello da Infancia

A semana pasada tivemos reunión do Consello da Infancia para poder tratar diferentes temas que tiñamos pendentes, entre eles falamos de cousas como a festa de fin de curso, a xestión dos xogos do patio... Ademais, nesta sesión eleximos o logo que representará o noso Consello da Infancia. Para isto cada aula levou algunha proposta e entre as nenas e nenos representantes votamos e eleximos o noso logo gañador.

 

Estes foron todos os logos participantes:

 

 

E, finalmente o logo máis votado foi o da aula de 1ºB de Educación Primaria!!!

 

 

 

Ademais, modificamos e aprobamos os estatutos que publicaremos proximamente e tomamos decisións que remataremos de perfilar o próximo mes!

Información Spring week

Acabamos de recibir o programa da actividade Spring Week cos horarios e o lugar de celebración. 

O alumnado que obtivo praza terá que estar no COMPLEXO NATURAL CEMAR (Mondariz) o domingo 12 de maio ás 19.15 h. E a recollida será no mesmo lugar o sábado 18 de maio ás 12.30 h.

Atoparedes o programa completo con normas e instruccións importantes na guía.

O alumnado leva a ficha do alumnado que precisamos que cubrades para poder enviar a información pertinente aos organizadores da actividade. Por favor ler con atención, xa que é información importante. En dito documento aparecen tamén normas básicas da actividade, normas que vos comprometedes a cumprir ao asinar a documentación.

O prazo máximo de entrega da documentación cuberta é o mércores 24 de abril, xa que temos que trasladar a vosa información nunha táboa á organización.

En caso de que haxa algún cambio polo que a vosa filla ou fillo non poida finalmente asistir á actividade, pregamos nolo fagades saber o antes posible, xa que unha vez que remitamos os datos dos nenos non haberá opción de darlle a praza a alguén da lista de agarda e se perderá a praza.

Tal e como se recolle na guía da actividade, o alumnado deberá levar:

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da seguridade social ou seguro privado.
  • Fotocopia do DNI
  • Documento asignado referente ao tratamento de datos persoais e uso de imaxes e videos.
  • Autorización para a toma de decisión médicas básicas e da administración de medicación.
  • Se están tomando algún tratamento médico, deberán dar permiso para subministrarlle a medicación, así como a medicación e a pauta da mesma por escrito.

Quedamos á vosa disposición no correo ou teléfono do centro para calquera dúbida que poidades ter.

 

Charla familias 23 abril - Animación á lectura

O vindeiro martes 23 de abril, Día do libro, contaremos no centro coa experta en literatura infantil e xuvenil e profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Montse Pena Presas. Falaranos de por que é importante "dar de ler" como forma de acompañar ás nosas nenas e nenos na súa infancia e compartirá algúns libros e lecturas cos que alimentarnos dende os primeiros anos.
Paralelamente, para que as familias poidades conciliar e asistir á charla, haberá unha actividade lúdica para as nenas e nenos.
Deixámosvos o cartaz con toda a información. Non volo perdades!

 

Sorteo Spring week 2024

Hoxe, 15 de abril, realizouse no centro o sorteo público para adxudicar as prazas para o programa Spring Week entre o alumnado interesado. Pódense consultar as listaxes resultantes no taboleiro do centro.

Prégase que, aquelas persoas admitidas que finalmente non poidan asistir, o comuniquen o antes posible para asignar os postos a alumnado en lista de agarda.

Remate do prazo de documentación para baremo

Infórmase que xa rematou o prazo de entrega voluntaria de documentación para baremar e, seguindo o artigo 35.2 da Orde do 21 de outubro de 2022 que regula a admisión, o próximo 25 de abril publicaránse as listaxes provisionais de admitidos e excluidos no CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel tanto no taboleiro de anuncios do centro coma na aplicación admisionalumnado.

 

Spring week

Estamos provisionalmente admitidos no programa de Spring week da Consellería (dirixido ao alumnado de 6º de Educación Primaria). Aquí tedes a información relativa a dito programa.

Se tedes algunha dúbida, preguntade as persoas titoras ou por correo electrónico.

 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de Educación Primaria e 2º curso de Educación Secundaria Obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Este venres día 5 de abril ás 16h faremos unha reunión informativa sobre o procedemento, aínda así, podedes atopar máis información no seguinte documento elaborado pola Consellería de Educación:

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 23/24 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Baremación de solicitudes

Finalizado o prazo de solicitudes de praza para o curso 2024/2025 infórmase de que nalgúns cursos hai mais solicitudes que prazas polo que é preciso baremar.

En qué cursos hai que baremar?

4º Educación infantil (3 anos).

1º Educación primaria.

Que implica?

Aquelas familias que queiran, poden presentar de xeito voluntario documentación complementaria á que foi adxuntada coa solicitude para xustificar os criterios de baremo alegados nela.

Ademais, no tablón do centro atópase publicada a listaxe de solicitudes a baremar e os números aleatorios que lles corresponden.

Cal é o prazo?

10 días dende o fin de prazo de solicitudes (do martes 2 de abril ata o mércores 10 de abril, ámbolos dous incluidos).

Onde se entrega a documentación?

Presencialmente na administración do centro no horario: Luns a venres 9:30 a 11 e 12:30 a 14 e Luns de 15 a 17.

Tede en conta que o centro permanecerá pechado do 23 de marzo ao 1 de abril (ambos incluidos).

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Qué documentación se pode entregar?

A que aparece no artigo 31 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro. Se xa se entregou coa solicitude a documentación acreditativa, non é preciso achegar nada máis.

Importante:

  • Non se poden modificar as solicitudes nin alegar criterios que non figuren nelas. 
  • As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Cando da calidade da copia deriven dúbidas, poderase requirir o cotexo co documento orixinal.
  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

Cando saen las listaxes de admitidos e excluidos?

  • Listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Listaxes definitivas: 15 de maio.

Para dúbidas e consultas:

O noso xornal "Todos e todas contamos"

Para conmemorar a Semana da Prensa (do 4 ao 8 de marzo) o equipo de Biblioteca e o equipo TIC propuxemos a elaboración dun xornal dixital con diferentes seccións (noticias, axenda cultural, recomendacións lectoras...) relacionado coa temática do noso PDI "Todas e todos temos unha historia que contar". 

Animámosvos a que o vexades!!

Maletas de lectura para as casas, listas!

Xa temos listas as maletas viaxeiras para familias! Esta é unha iniciativa impulsada pola biblioteca escolar dentro do programa "Lectura e familias" e que pretende fomentar a lectura no fogar tanto con libros pensados para os nenos/as como para os adultos/as. A continuación deixámosvos unha explicación máis pormenorizada da maneira de solicitalas así como os materiais que conteñen.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut