Skip to Content

23 de febreiro. Día de Rosalía.

 O 23 de febreiro é o Día de Rosalía e no cole para recordar a esta escritora fundamental da nosa literatura fixemos un mural conmemorativo no que cada clase pintou o cachiño que lle tocou. Ademais, durante esta semana, as lecturas compartidas foron temáticas e limos algunhas das súas obras. 

Admisión alumnado curso 23-24

  • Datas: Do 1 ao 20 de marzo de 2023, ambos inclusive, estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro.
  • Vacantes curso 2023-2024 e horario de administración (documentos adxuntos).
  • Cómpre cumprimentar o anexo II (documento adxunto) e asinar ambos proxenitores a solicitude e a comprobación de datos. Asemade, hai que entregar a fotocopia de libro de familia con todos os membros. De momento, non é preciso aportar o padrón municipal.
  • Para calquera aclaración ou para presentar a solicitude, pode facelo a través do correo do centro: ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal ou a través do teléfono 881880447.

Cole Animal!!!

Xa dicía o mandato de Pingüi de hoxe...

Venres: "Se un animal queres parecer, o disfrace que fixeches debes poñer. O alumnado deste Cole animal, nun pasarrúas desfilará por Carral"

 

Xa tedes todas as imaxes de hoxe na nosa galería!! 

 

Vémonos de novo o xoves 23 de febreiro.

 

Bo entroido!!

Álbum: Curso 2022/2023 -> Entroido - Cole Animal

Día da non violencia e a paz

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da non violencia e da paz. No noso cole quixemos conmemorar este día buscando no mundo animal as cousas que suceden "CON CALMA" inspirándonos no libro de Flamboyant Editorial do mesmo nome. Aquí vos deixamoso resultado e unhas recomendacións lectoras relacionadas.

 

RECURSOS DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA de Teacher Marta

Tríptico informativo sobre o noso Polo Creativo

Temos un novo espazo no noso centro, o Polo Creativo, que queremos compartir con vós e invitarvos e animarvos a vir a coñecelo e compartir cos/coas vosos/as fillos/as momentos de creación conxunta. 

Podedes ver máis información no seguinte tríptico.

 

Resolución do concurso de logos

Xa temos logo oficial do PDI: COLE ANIMAL. Eran todos moi bonitos e foi difícil a elección pero finalmente este é o elixido. Pronto o veredes en todas actividades que se fagan do proxecto. Deixámosvos tamén as fotos  dos presentados. Parabéns E.G.C. de 4º!

Reserva de praza IES de Carral Curso 23-24

O alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia cursar a ESO no IES de Carral ten que tramitar a reserva de praza dende o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro de 2023.

 

Pódese solicitar de dúas formas:

  • No anexo I da Orde 12 de marzo de 2013, que lles será entregado ao alumnado. Dito anexo pode ser entregado a través do propio alumnado ou envialo por correo electrónico ao centro.
  • A través da sede electrónica, para o que se precisa chave 365, accedendo a: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/. Columna da esquerda - solicitudes - reserva - crear.

Intercambio solidario de postais

Esta semana levouse a cabo unha recollida solidaria no noso centro coa colaboración do Concello de Carral.

O alumnado deseñou postais para poder intercambialas por produtos típicos de Nadal, alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e aseo persoal. Todos os alimentos recadados foron entregados aos Servizos Sociais do Concello de Carral.

 

Dende o claustro de profesorado queremos agradecer a vosa solidariedade e interese por participar con tanto afán neste tipo de iniciativas.

 

 

Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

O día 3 de decembro celebrouse o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional!! 

Para sensibilizar e dar visibilidade aos dereitos das persoas con diversidade funcional, todo o alumnado realizou unha carreira de obstáculos dentro do recinto co lema "todos somos diferentes, todos capaces". 

Aquí tedes as imaxes e vídeos!!

 

Álbum: Curso 2022/2023 -> Carreira Solidaria (Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional)
Distribuir contenido


by Dr. Radut