Skip to Content

Graduación 6º EP - 2024

Emotiva despedida aos nosos maoires do cole. Desexámosvos o mellor no voso futuro.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación 6º EP 2024

Eu colaboro no meu cole

Así da gusto vir ao cole, aprendemos mates, lingua,... e tamén a ser persoas colaborando no bo funcionamento e convivencia do centro.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Colaboradores 23-24

Matrícula novo alumnado

Quén ten que facer a matrícula?

Todo o alumnado admitido no centro, incluido o que ven de centro adscrito (CEIP Tabeaio).

 

Qué datas e horarios hai para facer o trámite?

Hai que formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño (ambos incluidos) para non perder a praza obtida.

O trámite pode realizarse a través de correo electrónico (administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal) ou presencialmente na Administración do centro no seguinte horario:

20 de xuño: 9:30 a 11 e 12:30 a 14:00

25 a 28 de xuño: 10:00 a 13:00

*O día 21 de xuño administración permanecerá pechada por motivos organizativos.

*O 24 de xuño o centro permanecerá pechado por ser festivo local.

 

Qué documentación hai que entregar?

 

E unha vez feita a matrícula?

As familias de 4º Ed. Infantil terán unha reunión informativa o xoves 4 de xullo ás 12:30 no centro.

Ademáis, na web do centro publicarase información para todos os niveis respecto aos listados de comedor e fondolibros, inicio de curso e outra información importante.

 

Resumo da información

 

Para dúbidas e consultas:

Libros de texto 2024/2025

Adxúntase a relación de libros de texto para o curso 2024/2025. Recordamos que aínda está aberto o prazo para as axudas de libros e material escolar (ata o 21 de xuño).

 

 

Comedor e transporte 2024/2025

Hoxe abre o prazo para solicitar os servizos complementarios de comedor e transporte escolar para o vindeiro curso. Tamén abre o prazo para solicitar colaborar no comedor.

Qué documentación teño que entregar?

  • Solicitude de transporte e/ou comedor.
  • Documentación que acredite o criterio alegado para o comedor, se é o caso (indicada na solicitude).

E o anexo de autodeclaración para o comedor?

Todo o alumnado admitido no comedor que queira optar ao pago reducido das taxas do comedor debe entregar o anexo de Autodeclaración cós datos da Renda 2023. Facilitarase en canto o publique a Consellería.

Onde entrego a documentación?

Na administración do centro no horario:

    luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

    luns: 15 - 17h

Qué prazo teño para facer a solicitude?

  • Alumnado xa matriculado no centro: antes do 20 de xuño.
  • Novo alumnado: do 20 ao 30 de xuño (ao facer a matrícula).

E se quero colaborar no comedor?

Hai que cubrir o impreso correspondente e entregalo cuberto en Administración. Valorarase positivamente ter o curso de hixiene e manipulación de alimentos.

Información sobre o procedemento

  

Para dúbidas e consultas:

             luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

             luns: 15 - 17h

Xornadas do PDI: Tod@s temos unha historia que contar

Para os que non puidéchedes vir as portas abertas e para todos...aquí deixámosvos unha pequena mostra da grandísima labor realizada durante o curso 2023-24 polo noso alumnado e profesorado. Gracias a todas elas e eles e tamén as familias que son o principal apoio.

Álbum: Curso 2023/2024 -> xornadas PDI: Tod@s temos unha historia que contar

Xornadas do PDI

Este curso 2023/2024 traballamos có PDI "Todos e todas temos unha historia que contar" e, o próximo xoves 30 de maio pola tarde teremos unha xornada de portas abertas á que estades todas e todos invitados! Deixámosvos o cartel coa información e, se pasades a páxina, poderedes ver tamén o mapa da exposición e os títulos dos traballos que se van a presentar nela!

Esperámovos!

 

Fondo solidario de libros de texto

Hoxe, 21 de maio, comeza o prazo para a presentación de solicitudes do Fondo solidario de libros de texto e as axudas para adquirir libros e material escolar.

Como presento a solicitude? 

  • De xeito electrónico (unha solicitude individual para cada fillo/a): a través da aplicación fondolibros empregando a Sede electrónica. É preciso identificarse con Chave365 ou DNI electrónico.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación e imprimindo os Anexos I e II para presentación na Administración do centro.
  • Presencial manual: cubrindo os anexos a man e presentándoos na Administración do centro.

Qué documentación teño que presentar?

  • Anexo I e II cubertos e asinados.
  • Copia do libro de familia.
  • Sentenza ou convenio regulador (se separación ou divorcio).
  • Se é o caso, a especificada no artigo 11 da convocatoria.
  • Se hai oposición á consulta: DNI, NIE, acreditación de discapacidade expedida pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade.
  • Se non se marca o consentimento expreso para a súa consulta: declaracións de IRPF.

Toda a documentación deberá ser válida e eficaz no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2022 agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero e nos casos de falacemento dalgunha das persoas proxenitoras. 

A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática. 

Información sobre o procedemento

 

Onde presento a documentación se aínda non estou matriculado no centro?

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

Para dúbidas e consultas:

             luns a venres: 9:30 - 11:00h e 12:30 - 14:00h 

             luns: 15 - 17h

 

Novo espazo da "Createca"

Inauguramos un novo espazo no centro: a Createca! Este lugar está pensado para traballar a literatura dende un punto de vista creativo unindo a lectura con outras artes como a pintura, a escultura, a ciencia, a costura e ata a cociña. Aquí vos deixamos unha explicación máis pormenorizada dos materiais e recunchos que poderedes atopar neste lugar situado do primeiro andar.

Presentación sobre Createca 

 

Listaxes definitivas admisión curso 2024/2025

Informamos que hoxe, 14 de maio, publicáronse as listaxes definitivas de alumnado admitido e excluido no noso centro para o próximo curso.

Onde se consultan?

De xeito presencial no taboleiro do centro ou telemáticamente na aplicación admisionalumnado (identificándose con chave365 ou certificado electrónico).

Cal é o seguinte paso?

Seguindo a Orde do 21 de outubro de 2022, o alumnado admitido ten que facer a matrícula no noso centro educativo do 20 ao 30 de xuño de 2024. No caso de non formalizar a matrícula enténdese que renuncian ao posto adxudicado. 

Reclamacións contra a listaxe definitiva

Ábrese un prazo de un mes (do 15 de maio ao 15 de xuño) para formular recurso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería competente en materia de educación.

 

Charla con Isabel Dans sobre educación dixital

O vindeiro día 8 de maio temos a sorte de contar na biblioteca do centro coa profesora de Universidade de Santiago de Compostela Isabel Dans. Vai vir compartir con nós a súa experiencia e darnos algunhas indicacións sobre os últimos estudos en educación dixital, búsqueda de información na rede, uso de dispositivos electrónicos e outros temas de interese para familias. Animádevos a participar!

Cartel conversa educación dixital de bibliosbardos Carral

Cartel festa do pan 2024

Esta semana as nenas e nenos de 2ºA de Educación Primaria recibiron a noticia de que foron os gañadores do Concurso dos carteis para a XX Festa do Pan 2024 do Concello de Carral. 

Agradecer o resto de aulas e de cativas e cativos que tamén participaron na actividade!

CARTEIS FESTA DO PAN 2024 de CEIP Plurilingüe Vicente Otero Valcárcel

Listaxes provisionais admisión novo alumnado

Informamos que hoxe, 25 de abril, publicáronse as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluido no noso centro para o próximo curso.

Onde se consultan?

De xeito presencial no taboleiro do centro ou telemáticamente na aplicación admisionalumnado (identificándose con chave365 ou certificado electrónico).

Reclamacións contra a listaxe provisional

Seguindo a normativa, ábrese un prazo de 5 días hábiles para reclamacións (ante o Consello escolar) que serán resoltas coa publicación da listaxe definitiva o 15 de maio.

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut