Skip to Content

Premio V Concurso de Podcasts Radio na Biblio

Comprácenos comunicar que fomos agraciados no V Concurso de Podcats Radio na Biblio, na modalidade alumnado de 3º a 6º Primaria.

Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego e no podcast titulado "Camiño andado" podedes achegarvos á súa figura.

Parabéns a todos os participantes que posibilitaron que este recoñecemento fora posible.

Na seguinte ligazón podedes acceder á resolución https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39904.

Podedes escoitar o Podcast: "Camiño andado" no arquivo adxunto e na nosa canle de SoundCloud. Agardamos que o desfrutedes, tanto coma nós!

Listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido no curso 2023-2024

Atópase publicada a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos para o Curso 2023-2024, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

 

Todo o alumnado que solicitou praza está admitido.O próximo trámite a realizar será a matrícula do 20 ao 30 de xuño. Uns días antes publicaremos información ao respecto.

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2023/2024

Segundo o disposto no artigo 4 punto 1 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento nos centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación: “O alumnado que queira acceder aos servizos complementarios de comedor e/ou transporte e teña garantía de permanencia no centro docente e non teña que formalizar a matrícula, deberá solicitalos expresamente mediante escrito dirixido ao centro durante o mes de maio de cada ano”.


Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2023/2024. Se están interesados, deben presentala no centro ata o 31 de maio.


As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.


Poden entregalas por correo electrónico ou na administración do centro dentro do horario establecido; non é preciso solicitar cita previa.


Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:


Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar do PADRÓN MUNICIPAL. Aquelas familias pertencentes ao Concello de Carral que autoricen ao centro educativo a solicitalo non terán que entregar nada.
− Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.
− Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía.
− Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
− Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.
− TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.

Colaboradores/as nos recreos

No Consello da Infancia saíron moitas ideas e temas interesantes para mellorar o funcionamento do centro e a convivencia nos recreos. Dende este luns temos novos colaboradores e colaboradoras que axudan en varios aspectos: 

1. MEDIADORES/AS. 

2. ENCARGADOS/AS DO MATERIAL DE XOGOS NOS RECREOS. 

3. ÁRBITROS/AS PARA A PISTA: 

4. PATRULLAS ECOLÓXICAS.

 

Día da Ciencia na Rúa

Este sábado 6 de maio celebrouse na cidade da Coruña, no parque de Santa Margarita, unha nova edición da feira de ciencias. Alí estivo o noso cole representado polas aulas de 5º de EP. Deixámosvos unhas imaxes da súa participación e tamén da entrevista que lles fixeron para o Telexornal da TVG.

3en 

Día contra o acoso escolar

Hoxe, 2 de maio, Día Internacional contra o Acoso Escolar, o alumnado do noso cole elaborou un vídeo con propostas de boa conduta. Así é como queren que se trate aos nenos e nenas. 

Abril, mes do libro.

Durante o mes de abril fixemos varias actividades entre todo o centro para conmemorar o Día do Libro. 

1. Dioramas de contos de animais. Cada clase escolleu un conto protagonizado por animais e representou unha escea en formato 3D.  Aquí tedes unhas imaxes das nosas obras que tamén podedes ver nas fotos que están colgadas na rede de fora do centro. Con estas imaxes elaboramos xogos on line que podedes probar se picades AQUÍ. 

 

2. Lecturas compartidas. O luns 24 de abril padriños e madriñas e afillados/as saímos cos nosos contos para facerlle unha pequena homenaxe á lectura. 

3. Dentro do programa "Lectura e familias" visitounos Sonia Hermida para pasar un tempo compartindo libros, biblio e falando de diversidade e inclusión. 

4. Dentro deste mesmo programa "Lectura e familias" visitounos para contar contos en Educación Infantil a mamá de dous nenos do noso cole. Se queredes ver máis imaxes podedes picar AQUÍ. 

4. Dende as clases de inglés traduciron o fermoso poema de Vagelis Iliopoulos "Eu son un libro" que ademais está adaptado a pictogramas e que cremos que merece a pena escoitar.

 

Consello da Infancia (ordinario e extraordinario)

O pasado 28 de marzo celebramos o Consello da Infancia deste trimestre cos representates de todas as aulas para consensuar temas como a temática que elixiu cada clase para o PDI: COLE ANIMAL. e outros relacionados co funcionamento do centro como a suciedade do patio ou o ruído do comedor. Deste consello saíron interesantes ideas das que tomamos nota para seguir mellorando. 

O 14 de abril convocamos un novo consello extraordinario a petición dunha das aulas do centro para tratar a convivencia no noso cole (sobre todo nos recreos) e del sairon tamén moitas propostas que estamos preparando para poñer en marcha como encargados da mediación de conflitos, árbitros ou encargados/as dos carriños de xogos (entre outras). 

Estas reunións teñen como obxectivo dar voz, mellorar e implicar ao alumnado na vida do noso cole. Aquí vos deixamos unha imaxe que vale máis que mil palabras. 

 

 

 

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido no curso 2023-2024

Atópase publicada a listaxe provisional de admitidos e non admitidos para o Curso 2023-2024, no taboleiro interior do centro. Pode consultarse no propio centro, ou ben a través da aplicación admisión alumnado empregando a chave 365 ou o certificado dixital.

Todo o alumnado que solicitou praza está admitido, agás en 1º de EP.

O prazo de reclamacións é de 5 días hábiles, a partir do seguinte á publicación.

listaxe definitiva será publicada o 15 de maio.

Pegada animal - Diario de Carral

Aquí tedes o resultado do traballo destes días. Continuando co proxecto deste curso, na semana da prensa, o alumnado elaborou un xornal animal: PEGADA ANIMAL. Espero que desfrutedes tanto das noticias con rigor científico, como das seccións en clave de humor. Que traballo máis chulo!!

 

Exposición de fotos das nosas mascotas

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo de todas as fotos que nos enviástedes para colgar no mural da entrada. Grazas familias pola participación e por facer do cole un verdadeiro "Cole animal"!

Artigo da revista Arts Educa , nº29.

Fai aproximadamante 4 anos o alumnado que agora está en 5º de EP coa mestre Noe (que naquel entón facía as prácticas do Máster) levou a cabo un proxecto de investigación no colexio chamado Vila Imaxinaria 2030 que pretendía chegar ao alumnado ao patrimonio cultural, espazo, tempo e urbaniso utilizando a fotografía documental como ferramenta artística, metodolóxica e pedagóxica. Se queredes consultar o artigo da revista picade no documento adxunto. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut