Skip to Content

Blog de Educación Física

Visita museo MELGA

A semana pasada o alumnado de 4º de Educación Primaria fomos a Ponteceso a visitar o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) no que puidemos coñecer máis sobre xogos e deportes tradicionais galegos pero tamén doutros moitos lugares do noso país e doutros países do mundo, e ver unha gran cantidade de diferentes tipos de xoguetes! Contáronnos moitas cousas curiosas, vimos moitos obxectos na gran exposición do museo e fixemos algúns dos xogos que nos explicaron. Un museo divertido! e unha gran exposición que merece a pena! Así, recordamos unha vez máis a importancia de practicar actividade física e deporte e sobretodo a importancia de xogar e pasalo ben!!

Agradecemos a Ricardo Pérez y Verdes por todo o seu traballo realizado ao longo de  moitos anos a favor do deporte e o xogo e polo seu enorme entusiasmo en favor de dar o coñecer os xogos e deportes tradicionais a todo o mundo.

 

XOGADE 22/23 en Carral

Despois dos últimos cursos escolares, retomamos a participación no programa XOGADE co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria practicando varios xogos e deportes con nenos e nenas dos colexios CEIP Ramón Otero Pedraio de A Laracha, CPI O Cruce de Cerceda e CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco. Moitas gracias a todos de novo pola vosa colaboración e o voso compañerismo!

Disfrutamos facendo exercicio físico, esforzámonos moito e pasámolo moi ben!! E ademais como sempre sen esquecernos de que o único importante non é o resultado! 

Aquí van algúns dos momentos dos xogos e deportes durante as xornadas realizadas.

 

Visita ex-xogador profesional de baloncesto

A semana pasada, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, tivemos o pracer de recibir a visita do ex-xogador profesional de baloncesto Salva Arco. A través do percorrido pola súa carreira deportiva que nos foi contando, puidemos darnos conta da importancia que teñen os valores no deporte e a súa aplicación a calquera outro aspecto da nosa vida.

Coas experiencias da vida de Salva, reflexionamos sobre o xogo limpo, o respeto cara un mesmo e os demais, o esforzo, a capacidade de sacrificio e a confianza nun mesmo para poder acadar o que un quere, a paciencia, a superación frente aos problemas, a perseverancia...

Ademais recordamos o importante que é conseguir ter uns estudios para o futuro e non só empregar todo o noso tempo en facer deporte.

Actualmente Salva é o director da Fundación Breogán onde levan a cabo diferentes actividades deportivas, educativas e sociais. Agradecemos moito o tempo que nos prestaches! Foi moi agradable escoitarte e esperamos que o que nos contaches poda servirnos para o noso futuro!!

 

Balonmán

Fai uns días todo o alumnado de Educación Primaria tivo unhas sesións adicadas ao deporte do balonmán coa participación do club UD CARRAL. Fixemos xogos e actividades con pases, lanzamentos... para coñecer máis de cerca este emocionante deporte e tamén xogamos partidos! Gustounos moito xogar ao balonmán!! 

Todo o que queira seguir xogando a este deporte, pode apuntarse na UD Carral. Aquí tedes máis información: súmate Deporte, ocio y salud

Escalada e deportes de montaña

Esta semana recibimos a visita do club AMI (Agrupación de Montañeiros Independientes) co que o alumnado de 5º de Educación Primaria estivo coñecendo diferentes deportes de montaña e escalada así como algún do material necesario para realizalos. Ademáis houbo unha práctica de escalada con diferentes xogos. 

Pasámolo moi ben!! E esforzámonos moito para facelo o mellor posible!!

Aquí tedes máis información para todo o queira apuntarse na escola de escalada e montaña ou realizar todo tipo de actividades na natureza: amimontanismo.es

 

Volve o MOVEMENTO EXTRA!!!

Volve o MOVEMENTO EXTRA ao cole... cos RECREOS DEPORTIVOS!!!

Para os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria que queiran facer xogos e deportes nos recreos.

Os mestres de Educación Física animámosvos a participar!

 

Día da saúde

Este curso, aproveitando o día da saúde, lembramos a importancia de manter uns bos hábitos saudables. E para concienciar sobre iso, o alumnado elaborou estes diferentes carteis. 

 

E ademáis, o alumnado de 6º A de Educación Primaria elaborou estes videoxogos saudables.

 

Movemento extra!!!

Durante o segundo trimestre, estivemos realizando o traballo de "MOVEMENTO EXTRA", onde cada un/ha foi traendo e expoñendo aos seus compañeiros da aula a actividade física ou o deporte que fai fóra do colexio. Así, aprendimos cousas destas actividades e deportes, e puidemos saber o que fan os demáis. Collimos ideas para facer no noso tempo libre e recordamos o importante que é facer algo de actividade física ou deporte para pasalo ben e manteñerse sans. Despois fíxose unha exposición con todos os traballos para que todos os nenos/as do cole puidesen ver todos os traballos. 

 

 

 

 

Movemento extra!!!

Neste segundo trimestre, os mestres de Educación Física animámosvos a facer o seguinte traballo:

Para elo, todo aquel/a que quera participar terá que:

- nun folio A4 (en horizontal ou vertical) poñer preferiblemente algunha foto, ou senón facer algún debuxo, da actividade física ou do deporte que realicedes xunto cunha explicación escrita de por exemplo: que material usades, onde o facedes, con quén, cómo se xoga, ou calquera outra cousa que se vos ocorra.

- en cada folio só pode aparecer unha actividade física ou deporte.

- podedes traer todas as diferentes actividades físicas ou deportes que queirades, pero só un folio por cada unha delas.

Tiro con Arco

Fai uns días os nenos e nenas desde 1º ata 6º de Educación Primaria puideron coñecer e practicar o deporte de Tiro con arco coa colaboración da Asociación Deportiva Arqueiros do Adarve de Carral, á cal dámoslles as grazas! Gustounos moito!! E se se quere pódese xogar e practicar máis este deporte apuntándose nesta actividade do Concello. Aquí tedes máis información: arcoadarve.es

 

 

DANZAS DO MUNDO. Francia.

Este curso 2019/20 os nenos e nenas de 1º e 3º de Educación Primaria traballamos para facer unhas danzas francesas. Esforzámonos moito para aprender os movementos das danzas e conseguir bailar colaborando entre todos xuntos para que ao final quedase moi ben!! 

1º DE PRIMARIA: "A danza dos pastores" 

 

 3º DE PRIMARIA: "La Badoise" 

ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA

     Achégase a adaptación da programación de educación física no terceiro trimestre na área de Educación Física.

Camiño de Santiago. Etapa 4

Última etapa do noso camiño! Foi unha etapa que se fixo dura pola choiva que tivemos case todo o tempo, pero iso non impediu que camiñaramos moi ben e que coma sempre disfrutaramos!!

E así, moi contentos pola experiencia, por fin chegamos a Santiago, a súa praza e a súa catedral!!!

 

XOGADE 18/19 en Carral 4

Cuarta e derradeira xornada do XOGADE deste curso e neste caso tamén da etapa xa que os nenos e nenas ata agora participantes de Carral durante dous cursos escolares xa marchan para o instituto, e esperamos que continúen facendo calquera tipo de actividade física!

Rematamos o XOGADE xogando de novo co CPI O Cruce de Cerceda pero neste caso no noso colexio. Foi unha xornada de moito calor pero de novo participamos en todos os deportes e xogos pasándolo moi ben! 

Sendeirismo

Este ano os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria fumos facer unha ruta de sendeirismo polo roteiro da costa de Dexo declarada como monumento natural. Neste caso contamos coa colaboración dos monitores do CEIDA cos cales, ademais de facer actividade física, aprendimos diferentes aspectos sobre a flora e a fauna do lugar así como algunha curiosidade dalgún lugar polo que estivemos.

Pasamos un día agradable nun entorno moi bonito!

Distribuir contenido


by Dr. Radut