Skip to Content

Información comedor

Solicitude de comedor e transporte escolar para o curso 2021-2022

Abríuse o prazo de solicitude dos servizos de  comedor e transporte. O prazo de presentación de solucitudes remata o día 30 de abril.

Dispoñen dos impresos nesta mesma oáxina web.

Nota informativa para os usuarios de comedor:

Para o cumprimento das esixencias do Programa COVID-19, este curso a organización do comedor sofre un grande cambio.

Como saben,  os recursos de transporte, persoal de cociña,  coidadoras e profesorado non aumentan neste especial situcaicón, o cal limita enormente a nomeada organización.

As condicións de hixiene e limpeza son prioritarias o que significa que entre as dúas quendas de comedor é necesario limpar os dous comedores.

Unha das consecuencias da realización destas tarefas é a imposibilidade de manter os menús como os cursos pasados. Haberá días que só poidamos ofrecer un prato, un prato con aporte nutricioanal completo.

En canto ao precio do menú, nós como centro non estamos autorizados para ningún cambio.

Sentimos as molestias que isto poida provocar e agradecemos de antemán a súa comprensión e colaboración.

Nota informativa:

Nota informativa:

   A listaxe definitiva dos usuarios do servizo de comedor publicarase despois da aprobación, en breve, do Protocolo definitivo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitarios de Galicia para o curso 2020-2021.

   De todos os xeitos, o Consello Escolar do centro comunica que todas as solicitudes que cumpran os requisitos e aportaran a documentación en prazo, disfrutarán do Servizo de comedor.

   Organizaremos unha 2ª quenda cuxo horario aínda está por determinar.

 

A dirección.

Nota informativa: pago comedor

Infórmanse ás familias do alumnado usuario de comedor, que poden realizar o pago das taxas do servizo a través da oficina virtual tributaria no seguinte enlace: "  https://ovt.atriga.gal/"; entrar en "Cidadáns- Iniciar"

 

Instrucións comedor 2019-2020

INFORMACIÓN XOVES 8 DE MARZO

Estimadas familias.

Como ben saben o día de mañá, xoves 8 de marzo, hai convocada unha folga. As colaboradoras do servizo de comedor secundan dita folga, polo tanto deberemos asumir os servizos mínimos establecidos no DOG núm 47 Mércores 7 de marzo de 2018 páx. 13204. 

Sabendo dos trastornos que podería provocar o peche do comedor ese día, e non podendo ofertar a calidade do servizo habitual, o equipo directivo facilitará aos alumnos usuarios do servizo de comedor un picnic.

Do mesmo xeito a entrega de alumnado ás familias, despois do comedor, será feita polos servizos mínimos polo que non será tan áxil como habitualmente. 

Agardamos comprendan a situación.

Desculpen as molestias.

Comedor Escolar

USO DO COMEDOR ESCOLAR. CURSO 2017/2018.

 
Distribuir contenido