Skip to Content

Instrucións para o pagamento

Instrucións para o pagamento telemático do comedor escolar

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo,deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

Existen catro modalidades de pagamento:

1- Pagamento presencial nas entidades bancarias colaboradoras

Banesto Banco Gallego Abanca IberCaja
Santander Bankia BBVA Caja Duero
Banco Pastor CaixaBank Caja Rural Zamora  
Caja España Sabadell Trangobank  
Banco Popular Banco Caixa Geral Caixa Rural Galega  


Unha vez feito o pago na entidade bancaria,deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

 

2- Pagamento a través da web ABALAR da Consellería de Cultura, Educación e Ord. Univ.

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES. 

 

3- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes https://ovt.atriga.gal/

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes. O pago da taxa efectuase en internet así:

1. Oficina Virtual Tributaria / CIDADÁNS

 

2. Pago Telemático de Taxas e Prezos

 

3. Iniciar TAXA / Acceso LIBRE á taxa

4. Iniciar tramitación electrónica

 

5. Introducir os datos da taxa (recollidos na carta de pago que reciben en formato papel)

6. Introducir datos identificativos do pagador.

 

7. PAGO TELEMÁTICO.

 

8. Selección do método de pago telemático.

 

* Nalgunhas modalidades de pagamento, as entidades colaboradoras poden esixir o pagamento dunha comisión pola prestación do servizo.

 

4- Pagamento a través de Abalar

Podes consultar o archivo PDF coa explicación AQUÍ

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut