Polos Creativos
Día da Non Violencia e da Paz
O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Non Violencia e da Paz e no noso Polo creamos pulseiras, colgantes e aneis co símbolo da Paz con axuda dos lapis 3D.
Velaquí podedes ver as creacións destes pequenos/as makers:
Tríptico informativo sobre o noso Polo Creativo
Temos un novo espazo no noso centro, o Polo Creativo, que queremos compartir con vós e invitarvos e animarvos a vir a coñecelo e compartir cos/coas vosos/as fillos/as momentos de creación conxunta.
Podedes ver máis información no seguinte tríptico.
Iniciándonos na Impresión 3D!
Este mes avanzamos no noso Polo iniciándonos na impresión 3D cos lapis 3D. Para iso, traballaron con animais, enmarcado así no PDI do cole: ColeAnimal e crearon multitude de simbolos da Paz.
Os resultados foron "iMPRESIONartes"!! Velaquí unha pequena escolla.
O noso Polo Creativo
Esta semana rematamos a creación do noso Polo Creativo. Un espazo que xa contaba con propostas pero que agora conta con máis recursos e cunha distribución moito máis versátil: cun espazo aberto con diferentes zonas para traballar as metodoloxías activas e o enfoque STEAM dun xeito moito máis atractivo.
Aquí tedes unhas poucas imaxes que permiten ver como quedou o noso Polo, despois do bo traballo do Equipo de Polos Creativos do centro.
Pequenos/as expertos/as na papiroflexia
Este mes estivo marcado pola papiroflexia no noso Polo Creativo, sen deixar de lado a programación e as construcións con LEGO.
Tanto polas mañás, nos recreos, como polas tardes, nalgúns casos acompañados de familiares, o alumnado comezou a amosar as súas capacidades artísticas rodeados de libros que os guían no proceso de elaboración das súas obras.
Formación en Polos Creativos
Hoxe había representación do noso centro na Formación de Polos Creativos, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Crear novos espazos tecendo redes e compartindo inquedanzas con outros centros para poder mellorar o noso.
Agardamos con entusiasmo poder seguir mellorando o noso Polo proximamente...
Semana de recreos no noso Polo Creativo
Esta semana comezamos os recreos empregando o noso Polo Creativo. A programación, os LEGO e a papiroflexia encheron de vida este espazo.
A creatividade foi obra do alumnado. Contamos co apoio do Equipo de Biblioteca que aportou libros que guiaron boa parte das manualidades que levaron a cabo. Seguiremos argallando ideas e dinamizando este espazo e agardamos que pronto vos poidamos ir dando novas novas.
Formación de colaboradores/as
Do 22 ao 25 de novembro, alumnado voluntario de 6º de EP (37 alumnos e alumnas) formáronse como colaboradores/as do espazo de Polos Creativos.
Ademais de coñecer aspectos organizativos (quendas, funcións...), normas e posibles usos do espazo nestas primeiras semanas durante os recreos (antes de iniciar a fase II de remodelación do espazo), viron a necesidade de poñerlle orde ao equipamento informático presente no Polo Creativo e xa se puxeron mans á obra.
Transformando espazos (Fase I)
O pasado mes de outubro, o centro foi seleccionado na convocatoria de Polos Creativos e os/as mestres/as integrantes do equipo de Polos Creativos fixemos unha importante remodelación da antiga aula de informática para lograr un espazo moito máis versátil e polivalente: o Polo Creativo do CEIPP Vicente Otero Valcárcel.
ANTES
DESPOIS
Aínda queda moito por facer tan pronto recibamos a dotación de material que agardamos. O cambio máis grande aínda está por chegar e tamén o compartiremos con todos/as vós.
Pronto saberedes máis sobre como quedará todo e sobre este espazo, que agardemos sexa de moito dinamismo e actividade.