Skip to Content

blog de EDLG

Veña, que vai collendo xeito...

Pois xa vedes que seguimos coas boas accións. Estes peques ( e non tan peques, jeje ) non paran !!!

Animádevos !!! Temos que acadar que chegue ao corredor da primeira planta !!!

 

 

 

 

 

 

CADEA DE BOAS ACCIÓNS.

      Pois imos coa primeira iniciativa do curso. En colaboración co Equipo de Convivencia, decidimos pór en marcha, aproveitando o PDI deste ano, a nosa Cadea de boas accións. 

           Consiste en ir recollendo as pequenas historietas, accións ou  feitos que acontecen no día a día no colexio, e que resaltan os valores máis positivos ( altruísmo, xustiza, empatía, cooperación...), nun cachiño de papel. Logo iremos engadindo outro cachiño, e outro , e outro... a modo de chanzos dunha cadea que percorra os corredores do colexio. 

           Para rematar, intentaremos expor todas estas accións nun gran mural para que todos e todas poidamos ver o gran corazonciño que posúen os nosos peques. 

           E o primeiro chanzo di asi...

 

 

cadea valores_1.jpg

COMEZAMOS !

         Benvidos e benvidas ao blog de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) no que trataremos, ao igual que os anos anteriores, de potenciar o uso do galego en toda a comunidade educativa e, moi especialmente, na rapazada do centro. 

          En primeiro lugar, gustaríame presentarvos aos membros do equipo. Este ano formamos parte os seguintes mestres e mestras: 

COORDINADOR:

Carlos Rodríguez Rodríguez – Educación primaria (2ºC).

 

COMPOÑENTES:

Manuel Meijide Cao – Educación Infantil (4ºA).

Pilar Meneses García – Educación Infantil ( Apoio).

María García Calvo – Educación Primaria (1ºB).

Beatriz Moscoso López – Educación Primaria ( 3ºC).

Alba Mª Rivas Candal Educación Primaria (6ºA). 

CONCERTO DE GRAMOLA GOMINOLA

Hoxe celebramos o derradeiro día deste curso 2022/2023 coa sorte de poder gozar cun concerto de GRAMOLA GOMINOLA!!! Esperamos que o desfrutárades moitísimo!

Bo verán e vémonos en setembro de volta!!!

 

Podcast de premio!!

Comprácenos comunicar que fomos agraciados no V Concurso de Podcats Radio na Biblio, na modalidade alumnado de 3º a 6º Primaria.

Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego e no podcast titulado "Camiño andado" podedes achegarvos á súa figura.

Parabéns a todos os participantes que posibilitaron que este recoñecemento fora posible.

Na seguinte ligazón podedes acceder á resolución https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39904.

Podedes escoitar o Podcast: "Camiño andado" no arquivo adxunto e na nosa canle de SoundCloud. Agardamos que o desfrutedes, tanto coma nós!

23 de febreiro. Día de Rosalía.

 O 23 de febreiro é o Día de Rosalía e no cole para recordar a esta escritora fundamental da nosa literatura fixemos un mural conmemorativo no que cada clase pintou o cachiño que lle tocou. Ademais, durante esta semana, as lecturas compartidas foron temáticas e limos algunhas das súas obras. 

COLE ANIMAL!

Xa dicía o mandato de Pingüi de hoxe...

Venres: "Se un animal queres parecer, o disfrace que fixeches debes poñer. O alumnado deste Cole animal, nun pasarrúas desfilará por Carral"

 

Xa tedes todas as imaxes de hoxe na nosa galería!! 

 

Vémonos de novo o xoves 23 de febreiro.

 

Bo entroido!!

Día da Candeloria 6ºB

Queredes saber que significa a Candeloria e porque se celebra o día 2 de febreiro? Pois escoitade este novo podcast do alumando de 6ºB.

Día da non violencia e a paz

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da non violencia e da paz. No noso cole quixemos conmemorar este día buscando no mundo animal as cousas que suceden "CON CALMA" inspirándonos no libro de Flamboyant Editorial do mesmo nome. Aquí vos deixamoso resultado e unhas recomendacións lectoras relacionadas.

 

RECURSOS DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA de Teacher Marta

Entrega Premios Certame de Poesía

O pasado venres 9 de xaneiro o alumnado de 5º e 6º de EP do CEIPP Vicente Otero Valcárcel de Carral, recibiu os Premios do Concurso de Poesía do Concello de Carral. Foron moitas as propostas do alumnado e todo un éxito en canto a participación e desfrute deste xénero literario. Difícil deliberar gañadores e gañadoras e moi útil as aportacións de Dores Tembrás para que o alumnado levara a cabo as súas producións de xeito correcto.

SAMAGOSTO

Xa tedes as fotos do SAMAGOSTO dispoñibles! Moitísimas grazas por participar con esas cabazas tan espeluznantes !!!!

Vémonos de novo o mércores 2 de novembro, pasade boa ponte!

 

 

samagosto

VISITA DOS E DAS POETAS

Durante a última semana, con motivo do premio de poesía convocado polo Concello de Carral e como conmemoración dos seu vixésimoquinto aniversario, algúns dos gañadores do premio de adultos, estiveron dándonos consellos, falando sobre eles e axudándonos a querer un pouco máis este xénero tan pouco coñecido. Emma Pedreira e Eduardo Estévez, moitas grazas pola visita! A Emma Pedreira o alumnado de 5º C fíxolle esta interesante entrevista. Grazas tamén á colaboración do EDLG do centro por facelo posible.

21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS GRUPO ITH

Os integrantes do grupo de rock Ith anímanvos a falar galego todos os días do ano.

Distribuir contenido


by Dr. Radut