Skip to Content

blog de EDLG

ROSALÍA, no comedor !

        Rosalía tamén estivo presente no comedor do colexio. Adrián, o espectacular cociñeiro do centro , tivo unha iniciativa moi interesante. Partindo dun poema de Rosalía, onde fai referencia ao caldo galego, "Miña casiña, meu lar". pois cociñou,  para todos os comensais,  un bo prato de caldo galego, e agasallounos co poema en cuestión e cunha receita tradicional dun famoso cociñeiro galego : Picadillo. Está recollida no libro " A cociña práctica" de 1.905.

        Aproveitamos a ocasión para darlle os nosos parabéns a Adrián, María, o persoal de cociña e todas as coidadoras, pola labor desenvolvida durante todo o ano, que fan posible o bo funcionamento do comedor do colexio. 

        E dicía así...

 

 

 

DÍA DE ROSALÍA

Co gallo da celebración do Día de Rosalía, ocorréusenos facer unha escolma de poemas da autora dende un punto de vista un pouco máis orixinal, poñéndonos no seu lugar, na súa marabillosa cabeciña, para saber o que estaba pensando á hora de escribilos. E saíron cousas tan bonitas como ésta...

 

 

 

                 Podedes ver, na seguinte presentación, o resto dos poemas. 

 

 

Añadir un título de Carlos.13 R2

Veña, que vai collendo xeito...

Pois xa vedes que seguimos coas boas accións. Estes peques ( e non tan peques, jeje ) non paran !!!

Animádevos !!! Temos que acadar que chegue ao corredor da primeira planta !!!

 

 

 

 

 

 

CADEA DE BOAS ACCIÓNS.

      Pois imos coa primeira iniciativa do curso. En colaboración co Equipo de Convivencia, decidimos pór en marcha, aproveitando o PDI deste ano, a nosa Cadea de boas accións. 

           Consiste en ir recollendo as pequenas historietas, accións ou  feitos que acontecen no día a día no colexio, e que resaltan os valores máis positivos ( altruísmo, xustiza, empatía, cooperación...), nun cachiño de papel. Logo iremos engadindo outro cachiño, e outro , e outro... a modo de chanzos dunha cadea que percorra os corredores do colexio. 

           Para rematar, intentaremos expor todas estas accións nun gran mural para que todos e todas poidamos ver o gran corazonciño que posúen os nosos peques. 

           E o primeiro chanzo di asi...

 

 

cadea valores_1.jpg

COMEZAMOS !

         Benvidos e benvidas ao blog de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) no que trataremos, ao igual que os anos anteriores, de potenciar o uso do galego en toda a comunidade educativa e, moi especialmente, na rapazada do centro. 

          En primeiro lugar, gustaríame presentarvos aos membros do equipo. Este ano formamos parte os seguintes mestres e mestras: 

COORDINADOR:

Carlos Rodríguez Rodríguez – Educación primaria (2ºC).

 

COMPOÑENTES:

Manuel Meijide Cao – Educación Infantil (4ºA).

Pilar Meneses García – Educación Infantil ( Apoio).

María García Calvo – Educación Primaria (1ºB).

Beatriz Moscoso López – Educación Primaria ( 3ºC).

Alba Mª Rivas Candal Educación Primaria (6ºA). 

Distribuir contenido


by Dr. Radut