Skip to Content

blog de EDLG

SAMAGOSTO

Xa tedes as fotos do SAMAGOSTO dispoñibles! Moitísimas grazas por participar con esas cabazas tan espeluznantes !!!!

Vémonos de novo o mércores 2 de novembro, pasade boa ponte!

 

 

samagosto

VISITA DOS E DAS POETAS

Durante a última semana, con motivo do premio de poesía convocado polo Concello de Carral e como conmemoración dos seu vixésimoquinto aniversario, algúns dos gañadores do premio de adultos, estiveron dándonos consellos, falando sobre eles e axudándonos a querer un pouco máis este xénero tan pouco coñecido. Emma Pedreira e Eduardo Estévez, moitas grazas pola visita! A Emma Pedreira o alumnado de 5º C fíxolle esta interesante entrevista. Grazas tamén á colaboración do EDLG do centro por facelo posible.

21 DÍAS EN GALEGO E MÁIS GRUPO ITH

Os integrantes do grupo de rock Ith anímanvos a falar galego todos os días do ano.

21 DÍAS E MÁIS EN GALEGO. SUSANA SEIVANE.

A gaiteira Susana Seivane mándanos forzas para estes 21 días en galego e explícanos o importante que é o galego para ela e para toda Galicia. 

 

21 DÍAS E MÁIS EN GALEGO. GRUPO DE BAILE "O RUEIRO"

O grupo de baile galego "O Rueiro" de Tabeaio quere animarnos nestes 21 días e máis en galego. 

21 DÍAS EN GALEGO

Aquí vos deixamos unhas palabriñas de varias mestras do cole para animarvos a seguir co reto de 21 días en galego. Veña que o conseguimos!

XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o de Biblioteca poñemos á vosa disposición esta recopilación de recursos musicais, lúdicos, informativos e bibliográficos para conmemorar as Letras Galegas que este ano están adicadas á editora, poetisa e escritora Xela Arias. Nos seguintes enlaces atoparedes moita información e ata unha proposta por días e cursos para traballar dende as aulas na hora de ler, bueno, na hora de ler pero tamén de escoitar, de xogar, de saber e ata de bailar. 

SAMAÍN 2020

Aquí vos deixamos os primeiros "Contos que veñen e van" neste caso coa temática do Samaín. Estade atentos e atentas que durante estes días irán aparecendo máis. Picade nos ollos laranxas das cabazas. Fixéstedelo xenial!

TELEGRAMAS POLAS LETRAS GALEGAS

 

Fermosos telegramas!

Buscádevos no vídeo e se vedes que non está o voso traballo poñédevos en contacto con nós a través do mail javier.gayoso@edu.xunta.es  para subsanar o erro.

Graciñas pola vosa colaboración!

OS MAIOS

Xa acabou o mes de Maio e con el as celebracións de Os Maios! A primavera continúa até o 21 de xuño e podemos seguir gozando co rexurdir da vida: aparecen as flores, cantan os paxariños, chegan os froitos das árbores...

Neste vídeo algunhas alumnas e alumnos do centro mostran como celebraron Os Maios.

(Se algúnha fotografía das que enviáchedes non está recollida neste vídeo, poñédevos en contacto con nós a través do mail: javier.gayoso@edu.xunta.es e solucionarémonolo!)

OS MAIOS CARRAL 2020 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

TELEJORNAL DAS LETRAS GALEGAS

O profesorado de Educación Infantil do centro déixavos este telexornal sobre a vida e obra de Ricardo Carvalho Calero. Feliz Día das Letras Galegas para todos e todas!

TELEJORNAL DIA DAS LETRAS GALEGAS 2020 RICARDO CARVALHO CALERO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

BO DOMINGO DE LETRAS GALEGAS!

PROPOSTA PARA OS MÁIS MAIORES:

Bo día a todos e todas.

Hoxe queremos presentarvos máis polo miúdo ao autor das Letras Galegas deste ano, Ricardo Carbalho Calero,  aos máis maiores, polo que traemos para o alumnado de Educación Primaria un telexornal realizado polo alumnado do CPI dos Dices. Neste vídeo podedes ver que ben nos falan del os rapaces e rapazas de Rois.

 

PROPOSTA PARA OS MÁIS PEQUENOS:

 No días de hoxe tamén temos una proposta para os mais pequenos e pequenas. Propoñémosvos que visitedes o enlace a un conto de Carvalho Calero chamado AS PITAS BAIXO A CHOIVA, picade AQUÍ para ir a el. 

 

A parte deste conto podedes escoitar catro cancións relacionadas se queredes, incluso podedes descargar a Unidade Didáctica, onde atoparedes algunhas fichas.

Botádelle un ollo ao conto e as cancións! Esperamos que vos gusten!

 

 

ANO RICARDO CARBALHO CALERO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2020

 

XOVES 14 DE MAIO: TELEGRAMAS.

Pescudando na vida de Ricardo Carvalho Calero, descubrimos que no verán de 1936, houbo un feito que marcou para sempre a este escritor así como na historia española: desátase a Guerra Civil. 

Daquela, Ricardo, atopábase en Madrid preparándose para converterse en profesor de instituto, pero a súa muller, María, estaba embarazada e está en Galicia, zona que queda baixo dominio fascista e coa que é moi complicado establecer comunicacións. Por sorte, as boas novas sortean os fusís e recibe un TELEGRAMA no que se daba conta do nacemento da súa filla, antes de que se cortaran todas as comunicacións: “María moi ben, Magalí moi guapa”. (María é a súa muller, Magalí a súa filla)

Así, dada a situación particular que estamos a vivir dende fai un par de meses, propoñemos que fagades un telegrama dirixido aos vos@s compañeir@s de clase, profesorado, familias, persoal de comedor, etc. Ten que ser unha mensaxe breve e concisa (un saúdo, unha mensaxe de ánimo, frases bonitas, verbas de cariño e amor...). Para iso, poderedes recortar letras ou palabras de xornais, revistas... ou mesmo podedes escribila inspirándovos na caligrafía da época. 

 

Unha vez feito ese telegrama, sacade unha fotiño con el e mandádea ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es antes do día 23 de maio. 

 

            Despois faremos un vídeo con todas elas e colgarémolo na páxina do cole.

 

            Aquí vos vai o noso telegrama dende o EDLG:

“Nós estamos ben. Querémosvos un mundo. Temos ganas de vervos. Un saúdo moi agarimoso a tod@s!” 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut