Skip to Content

Instrucións para o pagamento

O pagamento do comedor escolar

Cal é prazo para realizar o pago?

Hai que aboala antes do día 20 no que se recibe a carta de pago. Este prazo está establecido na normativa de comedores escolares e é un requisito indispensable para continuar empregando o servizo de comedor o mes seguinte.

Ademais do pago, hai que levar o xustificante de volta á Administración do noso centro (a copia que pon "Para a Administración") xa que só no caso do pago por Abalar chega notificación ao centro. Dito xustificante pode entregarse de xeito presencial ou enviarse por correo electrónico a  administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal indicando no asunto "Pago taxas", o nome, apelidos e curso do alumno/a 

Como podo pagar?

Pódese levar a carta de pago a unha das entidades bancarias asociadas á Consellería ou facelo de xeito telemático.

Cales son as entidades bancarias asociadas para o pago presencial?

ABANCA

Caixabank

Banco Sabadell

Banco Santander

BBVA

Evo Banco

Caixa Rural Gallega

Caja Rural Zamora

Bankinter

Ibercaja

Targobank

 

Ollo! De empregar este método, unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

Como o fago de xeito telemático?

Existen dúas opcións: a través da páxina web de Facenda ou coa web de Abalar que pasamos a explicar

1- Pagamento a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda 

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes na web da ATRIGA: https://ovt.atriga.gal/. Tede en conta que hai que permitir as ventás emerxentes ou pop-ups do navegador para que funcione correctamente.

De empregar este método, unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, xa que non recibimos notificación da entidade bancaria.

Podedes consultar o paso a paso na seguinte presentación movendo as frechas: 

Pago comedor ATRIGA 

 

2- Pagamento a través de Abalar

Preferentemente con Mozilla Firefox, Internet Explorer ou Edge, podedes consultar o archivo PDF có paso a paso AQUÍ.

Nesta opción de pagamento non é preciso enviar nada ao centro pero recomendamos comprobar que se fixo correctamente o pago volvendo a entrar na web.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut