Skip to Content

Información comedor

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN 2023

Hoxe 16 de outubro conmemórase o Día Mundial da Alimentación e, grazas á colaboración de Slow Food Compostela e de Miguel Nogueira da Panadería Mercedes de Carral, as nenas e nenos de 2º de primaria puideron coñecer máis do alimento emblema da nosa vila, o PAN.

 

Fixeron unha cata e comprobaron así de primeira man as diferenzas entre o pan de Carral e o pan de elaboración máis industrial.

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe definitiva de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 10.00h a 13.00 h ou no teléfono 881 880 446.

Asemade, as persoas que aparecen admitidas na listaxe definitiva xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro.

O centro permanecerá pechado dende o día 26 de xullo ata o 1 de setembro polo que a autodeclaración ten que entregarse cuberta por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 23-24.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou no teléfono 881880446.

O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 14 de xullo ata o xoves 20 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.

A listaxe definitiva publicarase ao rematar o prazo de reclamacións. Asemade, as persoas que aparecen admitidas na listaxe provisional xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro.

A data límite para a entrega da autodeclaración é o 1 de setembro. A autodeclaración pode entregarse cuberta por correo electrónico a administracion.ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal.

 

O alumnado excluído queda pendente da presentación de documentación ou pago de taxas.

As familias que marcaron o criterio “Outro alumnado do centro” na solicitude quedan pendentes para a adxudicación definitiva.

Anexo IVAnexo IV

Listaxe definitiva de admitidos e de agarda no comedor para o curso 22-23

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe definitiva de admitidos e a listaxe de agarda no comedor para o curso 22-23.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.30h a 14.30h ou nos teléfonos 881880446/881880447.

O centro ten solicitado un incremento de prazas para que, o alumnado que se atopa na listaxe de agarda e ten xustificado documentalmente a incompatibilidade horaria dos seus proxenitores, poida opter unha praza. No momento en que teñamos resposta da Consellería poñerémonos en contacto con ditas familias. A esta listaxe de admitidos de agarda pódese presentar recuso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería.

Asemade, as persoas que aparecen admitidas deben presentar a autodeclaración antes do día 7 de setembro e poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou nos teléfonos 881880446/881880447.

O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 15 de xullo ata o xoves 21 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.

A listaxe definitiva publicarase nos primeiros días de setembro. Asemade, as persoas que aparecen admitidas xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. A data límite para a entrega da autodeclaración é o 7 de setembro. 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E AGARDA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Xa se atopa publicada no centro a Listaxe definitiva de admitidos e agarda no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquelas persoas que non entregaron a autodeclaración de comedor, teñen de prazo ata o día 9 de setembro.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021/2022

Atópase publicada no centro a Listaxe Provisional de admitidos e excluídos no comedor escolar para o curso 2021/2022.

Aquel alumnado que estea admitido provisionalmente pode facer xa entrega da autodeclaración de comedor. Esta entrega pode realizarse ata o 9 de setembro, ben por correo electrónico ou na administración do centro, de 9:30 a 12:30h.

O prazo de reclamacións abrangue dende o 16 ata o 22 de xullo (ambos incluídos)

Solicitude de comedor e transporte escolar para o curso 2021-2022

Abríuse o prazo de solicitude dos servizos de  comedor e transporte. O prazo de presentación de solucitudes remata o día 30 de abril.

Dispoñen dos impresos nesta mesma páxina web.

Distribuir contenido


by Dr. Radut