Skip to Content

Reto conseguido!!

O curso pasado decatámonos de que un compañeiro non podía desfrutar do bambán pese ao que lle gostaba. Necesitaba un adaptado e non o había. Por iso, decidimos enviar unha solicitude ao concello coa nosa petición e recollimos firmas de toda a comunidade educativa. A nosa proposta tivo moi boa acollida e hoxe é unha realidade.

Non hai nada que non podamos conseguir se traballamos xuntos!!!

4ºB: Xian, Samuel, Verónica, Luca, Colin, Hugo, Carolina, Iker, Lya, Álex, Yazmina, Laila, Adriana, Noa, Adrián R., Katherina, África, Martina, e parte de 4ºC: Adrián B., Xiana, Enzo, Estela, Sofía e Sabela V. 

 .     

 

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

REUNIÓNS INICIO DE CURSO COAS FAMILIAS

4ºEI A

5 de setembro ás 12:30h

4ºEI B

5 de setembro ás 13:00h

5ºEI A

12 de setembro ás 16:30h

5ºEI B

6 de setembro ás 11:00h

6ºEI A

6 de setembro ás 12:00h (conxunta)

6ºEI B

1ºA

19 de setembro ás 16:00h

1ºB

19 de setembro ás 16:00h

1ºC

19 de setembro ás 16:00h

2ºA

19 de setembro ás 16:00h

2ºB

19 de setembro ás 16:00h

2ºC

19 de setembro ás 16:00h

3ºA

19 de setembro ás 17:00h

3ºB

19 de setembro ás 17:00h

3ºC

19 de setembro ás 17:00h

4ºA

26 de setembro ás 17:00h

4ºB

26 de setembro ás 17:00h

4ºC

26 de setembro ás 17:00h

5ºA

19 de setembro ás 16:30h

5ºB

19 de setembro ás 17:00h

5ºC

19 de setembro ás 17:30h

6ºA

20 de setembro ás 17:00h

6ºB

20 de setembro ás 17:00h

6ºC

20 de setembro ás 17:00h

Instrucións Covid 19 curso 22-23

Adxuntamos as intrucións publicadas hoxe no portal da Consellería en relación ao Covid 19 para o curso 22-23, no que se indica que non haberá un protocolo específico pero que si que conleva unha serie de recomendacións:

 

1- Ventilación de espazos.

2- Hixiene de mans e hixiene respiratoria.

3- Uso da máscara: Obrigatoria para os maiores de 6 anos no transporte escolar.

                              Recomendado para as persoas que presentan síntomas.

4- Actuacións casos positivos: Non se precisa illamento pero deberá empregar a máscara e manter unha hixiene                                                de mans e respiratoria axeitada.

Información inicio de curso 22-23

Envíase como adxunto a Circular de inicio deste curso escolar. Nela aparece información moi importante que cómpre ler con detemento.

Recordamos que empezamos o venres día 9 de setembro de 09:20h a 14:20h.

AUTORIZACIÓNS PERSOAS AUTORIZADAS E SAÍDAS SÓS

Aquelas familias, que o venres día 9 de setembro, desexen que os seus fillos/as saian sós/sóas ou con persoas autorizadas, teñen que cubrir un destes dous modelos e entregalos no centro, ven sexa ao titor/a, na administración ou mediante correo electrónico.

Lembren que o xoves día 8 de setembro o centro permanecerá pechado por ser festivo local. 

 

Autorización para a recollida alumnado 

Autorización para o alumnado de 5º e 6º EP para regresar só/soa ó domicilio familiar

Listaxe definitiva de admitidos e de agarda no comedor para o curso 22-23

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe definitiva de admitidos e a listaxe de agarda no comedor para o curso 22-23.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.30h a 14.30h ou nos teléfonos 881880446/881880447.

O centro ten solicitado un incremento de prazas para que, o alumnado que se atopa na listaxe de agarda e ten xustificado documentalmente a incompatibilidade horaria dos seus proxenitores, poida opter unha praza. No momento en que teñamos resposta da Consellería poñerémonos en contacto con ditas familias. A esta listaxe de admitidos de agarda pódese presentar recuso de alzada ante a Xefatura Territorial da Consellería.

Asemade, as persoas que aparecen admitidas deben presentar a autodeclaración antes do día 7 de setembro e poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. 

REUNIÓNS INICIAIS 4º EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2022-2023

Estimadas familias: A reunión inicial das familias de 4° de E. Infantil (3 anos) para o periodo de adaptación será o próximo luns día 5:

 

4° de EI A: o alumnado con apelidos entre  Agudelo G. e Iglesias G. ás 12:30 na aula de psicomotricidade.

 

4° de EI B: o alumnado con apelidos entre López L. e Vilares L. ás 13:00 no comedor de infantil.

Acudir preferentemente un único responsable e sen nenos/as.

 

 

Calendario escolar Curso 22-23.

O centro educativo permanecerá pechado do 26 de xullo ao 31 de agosto (ambos inclusive). Para calquera consulta ou trámite poden enviar un correo electrónico ao centro (ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal).

 

 

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo libros e de vales de material para o curso 22-23

Atópase publicada no taboleiro do centro a listaxe definitiva de admitidos e excluídos do fondo libros e de vales de material para o curso 22-23.

Os vales de material e de libros poderán recollerse no centro do 18 ao 22 de xullo de 10:00h a 13:00h, sen cita previa ou nos primeiros días de setembro. Se vai recoller o vale unha persoa distinta á nai/pai ou titor legal débese autorizar a outra persoa cumprimentando o modelo adxunto.

Os libros do fondo serán entregados ao alumnado nos primeiros días de clase.

 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.

Informámolas de que se atopa publicada a listaxe provisional de admitidos e excluídos no comedor para o curso 22-23.

A listaxe pode consultarse no taboleiro que está no interior do centro de 9.00h a 14.00 h ou nos teléfonos 881880446/881880447.

O prazo de reclamacións abrangue desde mañá, venres 15 de xullo ata o xoves 21 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións presentaranse por escrito na administración do centro en horario de 10.00 h a 13.00 h, non é preciso pedir cita.

A listaxe definitiva publicarase nos primeiros días de setembro. Asemade, as persoas que aparecen admitidas xa poden presentar a autodeclaración, poden descargar o modelo da páxina web ou solicitalo na conserxería do centro. A data límite para a entrega da autodeclaración é o 7 de setembro. 

Listaxes Provisionais fondo libros e vales material

Atópase publicada no taboleiro do centro a listaxe provisional de admitidos e excluídos do fondo libros e de vales de material para o curso 22-23.

As reclamacións poden efectuarse nos dous días hábiles seguintes a partires da publicación de dita listaxe, polo que os días para efectuar ditas reclamacións son o 11 e o 12 de xullo.

Asemade, informámolas de que o xoves 14 publicarase o listado definitivo.

Concerto Magín Blanco

Hoxe remata outro curso escolar máis, un curso xenial!  Non podiamos finalizar de mellor forma que, desfrutando da man de Magín Blanco e a súa voz!

Vémonos de novo en setembro, pasade un bo verán!!

 

Recomendacións lectoras

Como cada ano, aquí tedes as recomendacións lectoras para este verán! Seguide lendo!!!

Portas abertas 2022

Grazas a todas as familias e ao alumnado que estivo onte con nós desfrutando do traballo feito este curso! Foi un pracer!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Portas abertas PDI 2022
Distribuir contenido


by Dr. Radut