Skip to Content

Mobilidade sostible

O día 3 de xuño celébrase o Día Mundial da Bicicleta e o día 5 do mesmo mes o Día Mundial do Medio Ambiente. Por iso, dende o Equipo de Reciclaxe e Medio Ambiente propoñemos a súa conmemoración conxunta o venres 7 de xuño acudindo ao centro nun medio de transporte sostible como pode ser a bicicleta, patinete ou outro sobre rodas.

Esta actividade será voluntaria para todo aquel alumnado que queira e poida. O alumnado deberá vir debidamente protexido (casco e outras proteccións que se consideren necesarios), ben visible e nos casos que sexa preciso acompañados de algunha persoa adulta.

Os diferentes medios de transporte quedarán custodiados no patio cuberto do centro dende a entrada ata a saída do mesmo. En ningún caso poderán levalos no servizo de transporte polas dificultades loxísticas que pode supoñer.

Ademais pedirase a todo o alumnado que ese día traian algo de cor verde (unha prenda ou complemento) sen encesidade de mercar nada, calquera cousa que teñamos na casa serve, fomentando así a sostibilidade.

A idea desta actividade e o seu carácter tan voluntario é pulsar a participación que pode ter entre a comunidade educativa (pois isto implícanos a alumnado, familias, profesorado, persoas de administración e servizos...).

Compre lembrar que os beneficios de usar medios de transporte alternativos son moitos e variados, dende a promoción de estilos de vida saudables á redución da contaminación.



blog | by Dr. Radut