Skip to Content

50 anos festexando xuntos!

Estimadas familias, 

Hoxe festexamos internamente os 50 anos de funcionamento do centro. A pequena exposición e o mural feito polo mestre Carlos poderedes pasar a velo a partir do 8 de enero, día que comezaremos o 2º trimestre.

Dende o claustro queremos desexarvos felices festas e que disfrutedes moito do tempo en familia!

 

 

Dar ás gracias, novamente, a todas aquelas persoas que puideron estar hoxe connosco!

Vémonos o 8 de xaneiro do 2024!

Álbum: Curso 2023/2024 -> 50 aniversario CEIPP VOV

Visita do Carteiro Real

Antes de marchar de vacacións tivemos a sorte de entregarlle as nosas peticións ao Carteiro Real...

Álbum: Curso 2023/2024 -> Nadal e visita do carteiro real

Xa o temos listo!

Só quedan 3 días....

 

Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Como novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, durante a última semana deste mes levamos a cabo dende o Equipo de Biblioteca unha proposta chamada "Ciénciame un conto".

As nenas e os nenos experimentaron partindo dos/as protagonistas e das temáticas de varios libros da nosa biblioteca que están en galego.

Vede na presentación os resultados da actividade! Incluso podedes probar a facer os experimentos na casa coas nosas intrucións.

Espero que vos guste!

Ciénciame un conto

CARREIRA SOLIDARIA polo Día Internacional das persoas con discapacidade

O venres 1 de decembro celebramos unha Carreira Solidaria co lema: TOD@S SOMOS DIFERENTES, TOD@S SOMOS CAPACES. Percorrimos un circuito con obstáculos no pavillón, e conseguimos chegar a meta tod@s xuntos. Que ben o pasamos!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Carreira Solidaria 2023

Creando, creando...

Que andarán a facer...?

 

 

Pronto...novidades!!!

25N - Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Esta semana levamos a cabo no cole diversas accións para traballar o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. 

Todas as aulas prepararon unha instalación artística baseada na seguinte idea:

 

 

 

 

O alumnado de 4º de Educación Primaria foi leer este manifesto ao Concello de Carral:

 

 

O alumnado de 5ºA interpretou en lingua de signos a canción "Puerta Violeta" da cantante Rozalén. 

 

 

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria gravou un programa de radio no que as nenas e nenos de 2ºC recitan un poema propio.

 

"Puerta violeta"

O 25 de novembro conmemoramos o Día contra a Violencia de Xénero e o alumnado de 5ºA de Primaria interpretou en lingua de signos a canción "Puerta Violeta" da cantante Rozalén.

Esperamos que a desfrutedes e convide á reflexión!

 

 

Vídeo "Puerta Violeta"

Comezamos cos acompañamentos lectores

Na semana do 6 ao 10 de novembro comezamos cos acompañementos lectores no noso cole. Dende o equipo de biblioteca, mandáronse unhas recomendacións para os acompañantes e os/as acompañados/as coa finalidade de favorecer eses encontros lectores.

 

acompañamentos lectores

Entrega dos premios do Club de Lectura

Estamos moi contentos e contentas porque, dende o colexio, fomos ás entregas do terceiro premio do Club de Lectura a Santiago de Compostela e a Madrid.

É importante agradecer este traballo a todos/as os/as profes que participaron nesta pequena familia de Faragullas de papel: Lidia, Marta Maceira, Patricia, Alberto e Nicole, pero, sobre todo, a todos/as os/as nenos/as de 5º e 6º de educación primaria do curso 22/23. Sen a participación de todo este alumnado sería imposible conseguir este premio.

O premio é voso!

 

Concurso de logos para o PDI "Todas e todos temos unha historia que contar"

Convocamos o concurso de logos para representar o noso proxecto de centro "Todas e todos temos unha historia que contar". O logo escollido representará o noso proxecto e todas as actividades que se fagan dentro del.

Para participar, só tedes que descargar o formato de logo adxunto nesta publicación ou ben facelo vós (é un círculo sinxelo) e logo entregarllo ao voso/a mestre/a. Todos os logos serán publicados na páxina web e expostos na biblioteca.

Ademais, non vos esquezades de mirar as recomendacións para facer un logo. Son moi útiles para elaborar o noso logo!

É importante entregalo antes do 30 de novembro.

Animádevos a participar!

 

SAMAGOSTO 2023

Aquí podedes ver as caras terroríficas destas alimañas con moitas historias que contar...

Álbum: Curso 2023/2024 -> Samagosto 2023

O primeiro Consello da Infancia

O 11 de outubro de 2023 levamos a cabo o primeiro Consello da Infancia deste curso 2023/2024. Nel, desvelamos o título e a temática do noso PDI deste curso, "Todas e todos temos unha historia que contar". Os representantes do Consello da Infancia estiveron analizando unhas fotografías misteriosas que apareceron pegadas polos corredores do cole. 

Elas contan historias

O luns 16 de outubro, celebramos o Día das Escritoras a traveś da nosa actividade "Elas contan historias". Cada grupo escolleu a unha escritora e unha das súas historias para ir lerlla a outra clase do mesmo nivel. A cambio, a outra aula debía elaborar unha folla de outono (aproveitando a estación) incluíndo unha fotografía e información sobre a escritora da historia que lle leron. 

Aquí podedes ver os resultados da nosa actividade!

Espero que vos guste!

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut