Skip to Content

Baremación de solicitudes

Finalizado o prazo de solicitudes de praza para o curso 2024/2025 infórmase de que nalgúns cursos hai mais solicitudes que prazas polo que é preciso baremar.

En qué cursos hai que baremar?

4º Educación infantil (3 anos).

1º Educación primaria.

Que implica?

Aquelas familias que queiran, poden presentar de xeito voluntario documentación complementaria á que foi adxuntada coa solicitude para xustificar os criterios de baremo alegados nela.

Ademais, no tablón do centro atópase publicada a listaxe de solicitudes a baremar e os números aleatorios que lles corresponden.

Cal é o prazo?

10 días dende o fin de prazo de solicitudes (do martes 2 de abril ata o mércores 10 de abril, ámbolos dous incluidos).

Onde se entrega a documentación?

Presencialmente na administración do centro no horario: Luns a venres 9:30 a 11 e 12:30 a 14 e Luns de 15 a 17.

Tede en conta que o centro permanecerá pechado do 23 de marzo ao 1 de abril (ambos incluidos).

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Qué documentación se pode entregar?

A que aparece no artigo 31 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro. Se xa se entregou coa solicitude a documentación acreditativa, non é preciso achegar nada máis.

Importante:

  • Non se poden modificar as solicitudes nin alegar criterios que non figuren nelas. 
  • As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Cando da calidade da copia deriven dúbidas, poderase requirir o cotexo co documento orixinal.
  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.

Cando saen las listaxes de admitidos e excluidos?

  • Listaxes provisionais: 25 de abril.
  • Listaxes definitivas: 15 de maio.

Para dúbidas e consultas:



page | by Dr. Radut