Blog de Biblioteca

Programa do 8M de 5ºC

O alumnado de 5ºC de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre a orixe do 8M. Ademais, contaron as historias de varias mulleres que loitaron polos seus dereitos e destacaron en diferentes disciplinas como, por exemplo, a escritura. 

Animámosvos a que escoitedes este programa!

Maletas de lectura para as casas, listas!

Xa temos listas as maletas viaxeiras para familias! Esta é unha iniciativa impulsada pola biblioteca escolar dentro do programa "Lectura e familias" e que pretende fomentar a lectura no fogar tanto con libros pensados para os nenos/as como para os adultos/as. A continuación deixámosvos unha explicación máis pormenorizada da maneira de solicitalas así como os materiais que conteñen.

 

Obradoiro de radio

O mércores 6 de marzo e o xoves 7 de marzo, as alumnas e os alumnos de 4º de Educación Primaria recibiron unha formación sobre o funcionamento da radio na biblioteca con Luís Losada de Radio Espora. 

Aquí podedes ver algunhas imaxes deste obradoiro. 

 

 

Obradoiros relacionados con "Irene a porteira" e "A botella de lentellas"

Na sesión do club de lectura deste luns 4 de febreiro, os que limos "A botella de lentellas" de Leticia Barbadillo, fixemos as nosas propias botellas. Estreamos a nova Createca amasando, condimentando, fritindo e como non... comendo! Cada orella, coas súa forma e textura, inspirounos posibles novas historias para poder escoitar. E ti, comiche orellas este Entroido? Que historias escoitaron? A verdade é que pasamos unha tarde ben entretida chea de aventuras, cociña e convivencia. Aquí tedes un vídeo do proceso.

Mentras tanto, na sesión "Historias en cómic" cada participante compartiu a banda deseñada que lles tocara ler. Deron a súa opinión e fixeron reseñas orais. Algúns prepararon ademais un cartel para contalo, outros un xogo de tarxetas, presentacións... Descubrimos así varias das novidades de cómic que temos na nosa biblio das que analizamos as ilustracións, as cores, o estilo...

 

 

Nova sesión de "Milfollas de papel"

Nesta reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel", estivemos falando sobre o libro de Priscila Vela "Piezas sueltas". Sairon moitos temas como a infancia, a felicidade, a creatividade, o presente e pasado e Loris Malaguzzi e as escolas Regio Emilia co seu centro de recursos Remida e co seu poema "As cen linguaxes do neno".

Ao final, cada unha ensinou e explicou as pezas soltas que decidiu traer e o porqué da súa escolla. A mesa encheuse de botóns, pedras, cristais pulidos polo mar, rollos de papel, chapas... e outros tesouros que pasarán a formar parte do noso novo espazo de Createca para cobrar unha e mil vidas.

Antes de irnos repartimos os novos libros que imos ler e a súa guía, neste caso tócalle a quenda a "Infancia, cerebro y juego" de María Couso. Grazas de novo ao CRA de Culleredo por prestárnolos!

CLUB DE LECTURA DE PERSOAS ADULTAS CEIPP VICENTE OTERO VALCÁRCEL de Teacher Marta

Faladoiro "Irene a porteira" e "A botella de lentellas"

No faladoiro do libro de Leticia Barbadillo "A botella de lentellas" falamos sobre o protagonista e a súa familia, as comidas que nos fan os nosos familiares e que son as mellores, se cociñamos na casa, que historias das orellas nos gustaron máis e ata nos dou tempo para contar as nosas "desfeitas na cociña" coas que botamos unhas gargalladas!

No faladoiro do cómic elixido polas faragullas "Irene a porteira" de Xulia Pisón e Óscar Losada falamos sobre a historia que garda: a curta vida dunha futbolista e ambientado na Coruña nos anos 20. O libro deu tamén para falar diferentes temas como a igualdade, a deportividade, a valentía, as inxusizas, os cambios e progresos históricos... Resultou un faldoiro moi participativo e enriquecedor.

Ademais, vendo o éxito do cómic e que as Bibliotecas Escolares adican este curso escolar a esta temática decidimos seguir coa banda deseñada mercando novos e variados materiais neste formato. Repartímolos entre os membros do Club e na vindeira sesión seguro que nos sorprenden coas súas aportacións... Continuará!

 

 

 

 

 
 

Intercambiamos faladoiros entre "sentinelas" e "veciñas".

Sesión de intercambio de actividades de animación á lectura dos libros "Sentinelas do Silencio  e "Unha veciña de película"": carteis e teatro/radio. 

Na sesión de Sentinelas destacamos os parágrafos e expresións como "persoas con capacidades diferentes", gustounos como expresión da diversidade humana. Rematamos tamén os carteis para o noso cole. Despedímonos do libro "Sentinelas do silencio" pero todas e todos os membros do Club seguiremos sempre sendo sentinelas do silencio polo noso compromiso coa natureza.

Final do libro...

Na sesión de "Unha veciña de película" falamos de Alice Guy, considerada a primeira directora de cine dunha película de ficción (1873-1968) e na que está inspirada a protagonista do libro, Alice.

Despois, en grupos, escolleron unha escea cinematográfica das que aparecen no libro para facer unha dramatización narrada da mesma. As películas escollidas foron: O pequeno ditador, O cáliz da vida eterna e O mago de Oz. Falamos das personaxes que interveñen nesas esceas e o seu carácter para telo. Heinzel autoritario, a valente AliceJones, a bondade da bruxa boa Alice do Norte, a despistada Elsie Dorothy... Despois dalgún ensaio un grupo gravou a súa dramatización na radio e os outros dous grupos gravárono en vídeo. Cando os teñamos montados xa volos ensinamos! De momento aí van unhas fotos.

 Tamén se entregaron os novos libros escollidos coas súas respectivas guías de lectura.

Bibliotecas solidarias: recoñemento das horas como voluntario/a para 5º e 6º de EP

Que é ser voluntari@? 

Programa de radio con poemas recitados de Rosalía de Castro

Os/as nenos/as de 2ºC, 4ºA e 5ºA de primaria recitaron uns poemas de Rosalía de Castro para conmemorar o 23 de febreiro, o día do seu nacemento. Mentres tanto, os nenos e nenas de 5ºB de primaria fan unha pequena presentación dos mesmos. 

Esperamos que vos gusten!

 

 

Programa de radio sobre Rosalía de Castro

O alumnado de 5ºB de Educación Primaria elaborou un programa de radio sobre o 23 de febreiro, o día do nacemento de Rosalía de Castro. Nel, recóllese unha breve biografía da autora, as súas obras e súa impotancia para Galicia. 

Escoitádeo!

Esperemos que vos guste

Segunda reunión das "Milfollas de papel" (club de lectura de adultas)

O pasado 25 de xaneiro tivemos a segunda reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel" sobre o libro proposto: "Educar en el Asombro" de Catherine L´Ecuyer. Pasamos uns momentos moi agradables comentando os argumentos desta obra e falando sobre as nosas propias experiencias. Ademais tivemos varias sorpresas como os fermosos marcapáxinas feitos á man que nos trouxo unha das compañeiras e ata a opinión gravada doutra delas que non puido vir. Ao final, repartimos as novas obras "Piezas Sueltas, el juego infinito de crear" de Priscila Vela e Mercedes Herrand (non nos cansaremos de darlle as grazas ao CRA de Culleredo por prestarnos os seus libros).  Vémonos en febreiro!

 

 

As faragullas votamos novos libros de lectura.

Hoxe votamos os novos libros de lectura que imos ler, tiñamos que elixir entre un de narrativa e outro de banda deseñada. Finalmente os escollidos foron "A botella de lentellas" de Leticia Barbadillo e "Irene, a porteira" de Óscar Losada con ilustracións de Xulia Pisón. 

Reunión Faragullas

Nesta nova sesión do club de lectura xa que intercambiamos os libros pois tamén intercambiamos faladoiros, velaquí tedes unhas imaxes.

 

Resolución do concurso de logos no curso 2023-2024

Desde o Equipo de Biblioteca queremos anunciar á gañadora do concurso de logos do noso proxecto "Todos e todas temos unha historia que contar". 

Moitas felicidades a A.O.C de 6ºC! Moi merecido este premio!

Queremos dar as grazas a todos os/as participantes deste concurso e destacar sobre todo o nivelazo de todos os logos presentados. 

 

A continuación, podedes visualizar os finalistas e todos os logos presentados que cumpriron coas normas do concurso.

Moitas grazas pola vosa participación!

 

CONCURSO DE LOGOS 

Recomendacións lectoras (e máis) de Nadal

RECOMENDACIÓNS LECTURAS NADAL 2023

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña