Skip to Content

Club de lectura adultas

Nova sesión de "Milfollas de papel"

Nesta reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel", estivemos falando sobre o libro de Priscila Vela "Piezas sueltas". Sairon moitos temas como a infancia, a felicidade, a creatividade, o presente e pasado e Loris Malaguzzi e as escolas Regio Emilia co seu centro de recursos Remida e co seu poema "As cen linguaxes do neno".

Ao final, cada unha ensinou e explicou as pezas soltas que decidiu traer e o porqué da súa escolla. A mesa encheuse de botóns, pedras, cristais pulidos polo mar, rollos de papel, chapas... e outros tesouros que pasarán a formar parte do noso novo espazo de Createca para cobrar unha e mil vidas.

Antes de irnos repartimos os novos libros que imos ler e a súa guía, neste caso tócalle a quenda a "Infancia, cerebro y juego" de María Couso. Grazas de novo ao CRA de Culleredo por prestárnolos!

CLUB DE LECTURA DE PERSOAS ADULTAS CEIPP VICENTE OTERO VALCÁRCEL de Teacher Marta

Segunda reunión das "Milfollas de papel" (club de lectura de adultas)

O pasado 25 de xaneiro tivemos a segunda reunión do club de lectura de adultas "Milfollas de papel" sobre o libro proposto: "Educar en el Asombro" de Catherine L´Ecuyer. Pasamos uns momentos moi agradables comentando os argumentos desta obra e falando sobre as nosas propias experiencias. Ademais tivemos varias sorpresas como os fermosos marcapáxinas feitos á man que nos trouxo unha das compañeiras e ata a opinión gravada doutra delas que non puido vir. Ao final, repartimos as novas obras "Piezas Sueltas, el juego infinito de crear" de Priscila Vela e Mercedes Herrand (non nos cansaremos de darlle as grazas ao CRA de Culleredo por prestarnos os seus libros).  Vémonos en febreiro!

 

 

Primeira reunión do club de lectura de persoas adultas

Nesta primeira reunión do club de lectura de persoas adultas as 11 persoas que conformamos o club (seis nais e cinco mestras) estivemos falando sobre a lectura, puxémoslle nome ao club, recordamos os usos da plataforma Galicia.le e realizamos chapas identificativas. Ademais repartimos os libros que nos prestaron dende o CRA de Culleredo (aos que dende aquí llee queremos agradecer enormemente o seu xesto desinteresado). Somos MILLFOLLAS DE PAPEL, nome que está relacionado coas nosas queridas e miúdas Faragullas de papel (o club infantil) e tamén co pan, o sello identificativo de Carral. Aquí vos deixamos unhas imaxes.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut