Estimadas familias, aquí vos deixamos unha pequena enquisa sobre as actividade e uso da biblioteca. É moi sinxela, so vos levará uns minutos, e a nós serviranos de gran axuda para poder mellorar. Moitísimas grazas pola vosa colaboración! Picade AQUÍ para acceder a ela.
Durante os recreos deste curso na biblio o alumnado de 3º a 6º de EP tivo o seu momento para ensinarnos os seus talentos. Tivemos sesións de ilustración, música, teatro... e outras moitas actividades máis. Aquí vos deixamos a recopilación e todas elas. Moitas grazas rapazada pola vosa ilusión e implicación!
Deixamos aquí os enlaces ás equisas para o alumnado do centro sobre a biblioteca e o seu uso. Deberán ser cubertas coa axuda dos mestres nas aulas ou, no caso dos maiores, de forma individual se o seu titor/a así llo indica. Toca facer balance do curso!
Este sábado 5 de xuño fomos de excurión ao Ágora da Coruña, alí visitamos as intalacións, contáronnos uns contiños e tivemos tempo de ver e apreciar os recursos que nos ofrece a nosa contorna. Foi unha mañá ben bonita de "dar de ler, coma que da de comer". Graciñas familias!
Nesta última sesión do club de lectura recordamos os libros lidos, fixemos a actividade do Cabo Vilán e chaveiros de golfiños para os/as que non os fixeran. Tamén realizamos un álbum de fotos do primeiro club de lectura do cole!
Durante estas últimas semanas usamos o espazo maker para familiarizarse cos contidos relacionados coa masa, o peso e a capacidade. Aquí tedes ao alumnado de 3º de EP mans á obra!
O día 28 de maio celébrase o día dos cans sen raza e dende a clase de 3ºB quixemos facerlles a nosa pequena homenaxe. Se non se escoita o noso audio na pista de Sound Cloud podedes reproducilo picando AQUÍ.