arquivo

MES DA CIENCIA EN GALEGO. A ANESTESIA.

O alumnado de 5ºA fixo este podcast sobre a anestesia contribuindo así á difusión científica e conmemorando o mes da ciencia en galego (novembro).  

CONSELLO DA INFANCIA DO 4 DE OUTUBRO

     O 4 de outubro, coincidindo no Día Mundial dos Animais (o tema elixido este ano para o PDI) celebramos o noso Consello da Infancia con representantes de todas as aulas. Entre outros temas decidimos cal ía ser o nome do proxecto que resultou ser COLE ANIMAL. Se queredes saber máis cousas sobre o que alí se falou podedes consultar a acta que se atopa adxunta nesta publicación, e se queredes saber moito máis sobre o que significa o Consello da Infancia aquí vos deixamos tamén unha infografía resumo. 

 

ESTATUTOS CONSELLO DA INFANCIA de bibliosbardos Carral

CARTEIS ESTRAÑOS APARECERON NO COLE...

     O noso cole apareceu cheo destes carteis, que nos quererán dicir todos estes famosos e famosas? Que pasará? Pois si! É a campaña de captación de alumnado (inicialmente masculino)! Non se falaba doutra cousas polos corredores... 

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

Aquí estamos na nosa primeira reunión onde nos presentamos e nos presentaron o libro. 

 

LIBROS E MULLER


lecturas25nov de Teacher Marta

PROGRAMA DE RADIO SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA E DOS ANIMAIS

Un novo programa de radio sobre os dereitos dos nenos/as e dos animais acaba de saír do forno desta vez da man do alumnado de proxecto competencial da clase de 3ºB. 

 


Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña