arquivo
Comezamos lecturas coas "Faragullas de papel"
Nesta primeira reunión das faragullas traballamos cos libros "Sentinelas do silencio" de Beatriz Maceda e "Unha veciña de película" de Iria Misa.
Estes son o guión e unhas imaxes dos momentos do faladoiro de "Unha veciña de película":
PRESENTACIÓN VECIÑA de bibliosbardos Carral
As "Sentinelas" dividimos o libro en dúas partes, nesta primeira reunión tivemoso primeiro faladoiro e a actividade de decoración de carteis con motivos naturais.
Na parte da conversa debatimos sobre vivir no campo ou na cidade, sobre as personaxes tan diversas do libro, e puxémoslle puntuación xeral á lectura. Ademais intercambiamos calcetíns diferentes para convertirnos nós tamén en sentinelas do silencio. Dedicamos os últimos minutos a pintar con follas de carballo e castiñeiro unhas madeiras que sinalizarán o noso horto escolar.
Limos, falamos, pintamos.... pero tamén tivemos un momentiños para degustar todas xuntas as galletas que nos truxeron Nicole e Alberto de Madrid cando foron recoller o noso premio.
Novembro: mes da ciencia en galego nas bibliotecas.
Como novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas, durante a última semana deste mes levamos a cabo dende o Equipo de Biblioteca unha proposta chamada "Ciénciame un conto".
As nenas e os nenos experimentaron partindo dos/as protagonistas e das temáticas de varios libros da nosa biblioteca que están en galego.
Vede na presentación os resultados da actividade! Incluso podedes probar a facer os experimentos na casa coas nosas intrucións.
Espero que vos guste!
Historias de familias polo 50 aniversario
Durante este trimestre tres familias colaboradoras viñeron contarnos a súa historia ás clases de 4º dentro PDI do centro "Todas temos unha historia que contar". A mamá de Mateo de 4ºA (Isabel), a de Pedro de 4ºB (Cristina) e a de Martí de 4ºC (Sonia) faláronnos sobre o seus recordos da infancia deste cole e do de Riaño (León). Moitas grazas por vir e por darnos a oportunidade de tan boas conversas.
Repartimos o premio do Club de Lectura
O alumnado voluntario membro do Club de Lectura tróxounos ás aulas de 4º, 5º e 6º un agasallo que nos fixo moita ilusión! Temos uns cartos para gastar nos libros que queiramos e que pasarán a formar parte da nosa biblio, unha "lista de desexos libreiros" para o novo ano. Agora temos que pensar ben que imos mercar, que tipo de libros nos gustan, cales serán máis axeitados... Un traballo de búsqueda de fondos e animación á lectura que seguro que traerá novos lectores e lectoras e novos e interesantes títulos.
Moitas grazas, Faragullas!
Segunda reunión de Faragullas
Nesta segunda reunión do club de lectura fixemos varias actividades:
SENTINELAS DO SILENCIO.
Fixemos o segundo faladoiro coa segunda parte do libro. Para comezar, ixemos un percorrido inicial pola sesión anterior para despois destacar algunhas frases chamativas do libro. Tocou argumentar a favor e en contra da lectura. Á conclusión foI "á galega" (nen si, nen non): "Todo depende do interese que poñas e dos ollos cos que mires o libro". Adicamos unha segunda parte da sesión a seguir coa decoración de carteis para o horto que están quedando ben xeitosos!
UNHA VECIÑA DE PELÍCULA.
O grupo que leu unha veciña de película teatralizou algunhas das secuencias dos films que aparecen no libro. Uns grupos escolleron linterpretar os textos na radio e outro facer a escenificación completa (en vídeo), aquí tedes o resultado!
Constelación lectora do libro "Marta e a píntega" de Eli Ríos.
Esta é a constelación lectora que elaborou o alumnado de 4ºB a partir do libro da Editorial Xerais "Marta e a Píntega" de Eli Ríos. Picade nas estrelas para ver a información.