arquivo

Abril, mes do libro.

Durante o mes de abril fixemos varias actividades entre todo o centro para conmemorar o Día do Libro. 

1. Dioramas de contos de animais. Cada clase escolleu un conto protagonizado por animais e representou unha escea en formato 3D.  Aquí tedes unhas imaxes das nosas obras que tamén podedes ver nas fotos que están colgadas na rede de fora do centro. Con estas imaxes elaboramos xogos on line que podedes probar se picades AQUÍ. 

 

2. Lecturas compartidas. O luns 24 de abril padriños e madriñas e afillados/as saímos cos nosos contos para facerlle unha pequena homenaxe á lectura. 

3. Dentro do programa "Lectura e familias" visitounos Sonia Hermida para pasar un tempo compartindo libros, biblio e falando de diversidade e inclusión. 

4. Dentro deste mesmo programa "Lectura e familias" visitounos para contar contos en Educación Infantil a mamá de dous nenos do noso cole. Se queredes ver máis imaxes podedes picar AQUÍ. 

4. Dende as clases de inglés traduciron o fermoso poema de Vagelis Iliopoulos "Eu son un libro" que ademais está adaptado a pictogramas e que cremos que merece a pena escoitar.

 

Tecedoras de versos 3. Perfeccionamos a técnica.

As cadenetas medran... Xa imos collendo un pouco máis de soltura co gancho. 

Starman by Faragullas

Aquí vos deixamos o vídeo coa canción de David Bowie "Starman" que inspirou o libro de Ziggy Stardust: convertímos nos nosos propios "alter ego" nos nosos lugares favoritos.

Tecedoras de versos 4: entrega de novos poemas.

Nesta nova sesión de Tecedoras de Versos pulimos a nosa técnica co gancho e ademais levamos un novo poema para ler e falar sobre el. 

Día da Ciencia na Rúa

Este sábado 6 de maio celebrouse na cidade da Coruña, no parque de Santa Margarita, unha nova edición da feira de ciencias. Alí estivo o noso cole representado polas aulas de 5º de EP. Deixámosvos unhas imaxes da súa participación e tamén da entrevista que lles fixeron para o Telexornal da TVG.

3en 

Colaboradores/as nos recreos

No Consello da Infancia saíron moitas ideas e temas interesantes para mellorar o funcionamento do centro e a convivencia nos recreos. Dende este luns temos novos colaboradores e colaboradoras que axudan en varios aspectos: 

1. MEDIADORES/AS. 

2. ENCARGADOS/AS DO MATERIAL DE XOGOS NOS RECREOS. 

3. ÁRBITROS/AS PARA A PISTA: 

4. PATRULLAS ECOLÓXICAS.

 

11ª reunión do club "Faragullas de papel"

Nesta nova reunión parte das faragullas traballaron con "Marta e a Píntega", ademais de ser bos e boas lectores, foron ilustradores e intérpretes. Foron quen de representar e ilustrar diferentes personaxes do libro como: Chiña, Marta, Caronte, Rapunzel, Gretel, Wolf... sairon dos contos e metéronse na nosa biblio e no noso club. Unha sesión fantástica (nunca mellor dito).

Na sesión de "Volverás Golfiño" recrodamos o faro de Cabo Vilán, falamos dos golfiños que visitan a Costa da Morte e de como é pouco frecuente velos agora ou incluso aparecen mortos nas praias en moitas ocasións. Falamos tamén da necesidade de protexer os mares e de como Iris, a protagonista, a raíz de coñecer a histoira do Prestige e as súas consecuencias decidira facerse bióloga e activista do mar. Relacionado con isto coñecimos a Olivia Mandel (activista española de 15 anos) e a súa misión de rematar cos delfinarios, de limpar os mares e de protexelos como a fonte de vida que son. Traballaron en grupiños facendo "o faro de Cabo Vilán", decorando chaveiros de golfiño que Sergio fixo na impresora 3D de Polos Creativos e deseñando camisettas con mesaxe relacionado co coidado dos mares.

Descubre Carral...

A teacher Marta, a auxiliar de conversa e os nenos e nenas de 5º e 6º do colexio fixeron este vídeo que pode vir moi ben para a axudar aos visitantes a coñecer un pouco mellor Carral nestes días de Festas do Pan. 

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña