Skip to Content

Curso 22/23

Derradeira sesión do club de lectura

Nesta última sesión do club de lectura recordamos os libros lidos, fixemos a actividade do Cabo Vilán e chaveiros de golfiños para os/as que non os fixeran. Tamén realizamos un álbum de fotos do primeiro club de lectura do cole! 

 

 

11ª reunión do club "Faragullas de papel"

Nesta nova reunión parte das faragullas traballaron con "Marta e a Píntega", ademais de ser bos e boas lectores, foron ilustradores e intérpretes. Foron quen de representar e ilustrar diferentes personaxes do libro como: Chiña, Marta, Caronte, Rapunzel, Gretel, Wolf... sairon dos contos e metéronse na nosa biblio e no noso club. Unha sesión fantástica (nunca mellor dito).

Na sesión de "Volverás Golfiño" recrodamos o faro de Cabo Vilán, falamos dos golfiños que visitan a Costa da Morte e de como é pouco frecuente velos agora ou incluso aparecen mortos nas praias en moitas ocasións. Falamos tamén da necesidade de protexer os mares e de como Iris, a protagonista, a raíz de coñecer a histoira do Prestige e as súas consecuencias decidira facerse bióloga e activista do mar. Relacionado con isto coñecimos a Olivia Mandel (activista española de 15 anos) e a súa misión de rematar cos delfinarios, de limpar os mares e de protexelos como a fonte de vida que son. Traballaron en grupiños facendo "o faro de Cabo Vilán", decorando chaveiros de golfiño que Sergio fixo na impresora 3D de Polos Creativos e deseñando camisettas con mesaxe relacionado co coidado dos mares.

Starman by Faragullas

Aquí vos deixamos o vídeo coa canción de David Bowie "Starman" que inspirou o libro de Ziggy Stardust: convertímos nos nosos propios "alter ego" nos nosos lugares favoritos.

10ª reunión de Faragullas de Papel

Nova sesión do club de lectura e novos libros.

"Marta e a Pintega" de Eli Ríos deunos un interesante faladoiro coas gorrobelliñas e gorrobelliños de Faragullas de Papel. Falamos de fantasía e realidade, de contos clásicos e personaxes mitolóxicos, de príncipes e princesas e como non, dos nosos enfados e desexos. Un desexo común podería ser continuar moitos anos con este club...

 

 "Volverás Golfiño" de Andrea Maceiras achegounos á xeografía galega da Costa da Morte, Cabo Vilán, Camelle ou o Cemiterio dos Ingleses. Tamén falamos de barcos, de viaxes, da morte e da vida, dos cambios e mudanzas e ata do Prestige. Despois estivemos buscando as localizacións do libro no mapa... E se puideramos ir? 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut