arquivo

Podcast de premio!!

Comprácenos comunicar que fomos agraciados no V Concurso de Podcats Radio na Biblio, na modalidade alumnado de 3º a 6º Primaria.

Este ano o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas é Francisco Fernández del Riego e no podcast titulado "Camiño andado" podedes achegarvos á súa figura.

Parabéns a todos os participantes que posibilitaron que este recoñecemento fora posible.

Na seguinte ligazón podedes acceder á resolución https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39904.

Podedes escoitar o Podcast: "Camiño andado" no arquivo adxunto e na nosa canle de SoundCloud. Agardamos que o desfrutedes, tanto coma nós!

Mediación lectora

A biblioteca do CEIPP Vicente Otero Valcárcel organiza un novo obradoiro sobre mediación lectora e desenvolvemento da lingua escrita. Nesta ocasión contamos coa profesora de Literatura e Didáctica da Lingua  da Universidade de Santiago de Compostela  Montse Pena Presas. Ademais, o compañeiro e pai dun neno do centro, Carlos Rodríguez, colaborará con nós para que as familias que así o desexen poidan traer aos nenos e nenas e facer un obradoiro de ilustración mentras eles asisten á charla.  Debedes anotarvos no correo bibliosbardoscarral@gmal.com indicando nome e idade do neno/o e nome da persoa adulta. Animádevos a participar! 

NOTA IMPORTANTE: Se a demanda fora grande fariamos dúas charlas: unha para aos nenos/as e familias de Educación Infantil ata 2º de EP e outra para 3º,4º,5º, e 6º de Educación Primaria. Teriamos entón dúas quendas unha ás 17:30h (a dos pequenos/as) e outra as 18:30h (a dos maiores). Intentaremos avisar á maior brevidade posible se esto ocorre. Data límite para anotarse o martes día 23. 

 

Visita de Sabela Fernández Trelles

O venres a escritora e compañeira Sabela Fernández Trelles estivo co alumnado de 3º que leu o seu libro: Que queres ser de maior, pequena? Estiveron charlando de imaxinación, creatividade e moitas outras cousas. Moitas grazas pola visita! 

 

Lectura e familias: Montse Pena Presas e Carlos Rodríguez

Este xoves 25 de maio tivemos a sorte de contar con dous colaboradores excelentes. Mentres Montse Pena Presas, profesora de Didáctica da Lingua e Literatura da Universidade ed Santiago de  Compostela, falaba coas familias sobre "as mochilas lectoras" que todos e todas temos e as diferenzas que iso supón de partida, como ser mediadores de lectura e o desenvolvemento da  escrita, Carlos fixo un obradoiro cos pequenos e pequenas de ilustración. Un luxo!

Máis alá da cadeneta...

Nesta sesión das tecedoras xa nos atrevimos con puntos un pouco máis complexos! As nosas cadenetas e as nosas poesías xa presiden a cortiza do punto de lectura. 

Excursión ao Ágora: lectura e familias (sábado 10 de xuño)

IMPORTANTE: A excursión é para familias. Os nenos e nenas deberán ir acompañados dun adulto responsable maior de idade.

Documento A4 Horarios Biblioteca Ilustrativo Verde de Patricia Pena

Formación usuarios

Os nosos proxectos

  

            

  

Consello da Infancia


Feito con Drupal 6

 


Proxecto Webs dinámicas

ceip.vicente.otero@edu.xunta.gal - 881 880 446 - Carral - A Coruña