Skip to Content

Nota informativa:

 

 

Dado que polas tardes continuarán as obras de reforma no interior do centro, o comenzo de tódalas actividades extraescolares retrasaranse ata novo aviso.

 

A dirección.

 

 

Nota informativa: reunións profesorado- familias do alumnado de Educación Infantil.

As reunións seguirán a seguinte programación:

- Data: 6 de setembro.

- Lugar: sala de mestres.

- Horario:

        6º EI ( 5 anos) : 10:00 horas

        5º EI ( 4 anos) : 11:00 horas

        4º EI (3 anos) : 12:00 horas

Nota informativa: Comenzo do curso 2019-2020

Para o comenzo do vindeiro curso 2019-2020, seguiremos o calendario marcado pola Consellería de Educación; e no caso de que haxa algún tipo de modificación avisaremos por este medio e por Abalarmóbil. 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO FONDO LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-20

Segundo o artigo 1 da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20,  alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 O noso centro figura na resolución provisional como admitido para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20, para 5º de Educación Primaria.

 Estamos a espera da resolución definitiva.

 

Entrega de vales e libros:do 8 ao 31 de xullo de 9:30h a 12:30h, de luns a venres. En setembro de 10:00h a 12:00h de luns a venres.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO FONDO LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019-20

Segundo o artigo 1 da ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20,  alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2019/20 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.

 O noso centro figura na resolución provisional como admitido para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20, para 5º de Educación Primaria.

 

Estamos a espera da resolución definitiva.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO VERÁN

ADMINISTRACIÓN:

DE LUNS A VENRES DE 10:00h A 12:00h

DIRECCIÓN:

PREVIA CITA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/2020

No DOG do día 20 de maio de 2019 publícase a Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019-2020. (código de procedemento ED330B).

 

PRAZO: DENDE O MARTES 21 DE MAIO ATA O VENRES 21 DE XUÑO DE 2019 (ÁMBOLOS DOUS INCLUÍDOS)

 

Fondo solidario libros e material escolar (Orde e anexo I). Premer nesta ligazón.

 

 Se alguén o necesita pode recoller a solicitude en administración ou conserxería.

 

 

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Este ano conmemoramos o 17 de maio cantando a cantiga de Paco Nogueiras "Meu o mundo é" pertencente ao libro-disco Brinca Vai de Kalandraka. Entre todos e todas realizamos un mosaico coa bandeira de Galicia e limos os poemas do noso libro Panesía. Ademais, o alumnado de 4º de EP na súa asignatura de Libre Configuración "Xogos e Danzas Populares" bailaron ao son da muiñeira. Aquí vos deixamos unhas imaxes destas actividades de centro.

Letras galegas from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DESCUBRINDO CARRAL: TEMOS MOITO QUE CONTAR.

O día 14 celebramos con todo o alumnado do centro a exposición das investigacións feitas dentro do Proxecto Documental Integrado proposto polo equipo da biblioteca: Descubrindo Carral, temos moito que contar. A Feira Cultural consistiu en que cada curso mostrou a todos e todas os produtos finais dos seus traballos. Grazas pola colaboración de todo o profesorado e grazas aos pequenos e pequenas polo seu traballo, fixérono xenial tanto como visitantes como de anfitrións. Foi unha pequena festa da aprendizaxe! Se queredes ver como transcurriu aquí vos deixamos un vídeo.

OS MAIOS ÁS PORTAS

As portas do cole están así de engalanadas para darlle a benvida a maio, o mes das flores e do esplendor da primavera. 

OS MAIOS ÁS PORTAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Distribuir contenido


by Dr. Radut