Skip to Content

DÍAS DE ENTROIDO

Semana de Entroido chea de actividades: mandadiños do Meco e disfraces do venres relacionados co PDI do centro que este ano leva o título de "Descubrindo Carral: temos moito que contar". 

3 Anos: Auga e sol, elementos esenciais para que naza o trigo.

4 Anos: Panadeiros e panadeiras.

5 Anos: Pan, empanada e bocadillos cardiosaudables: os fornos de Carral.

1º de EP: Fauna e flora de Carral.

2º de EP: A auga e os ríos de Carral.

3º de EP: Os castrexos/as. A pegada da prehistoria en Carral.

4º de EP: As parroquias e organización xeográfica de Carral. O escudo da vila. 

5º de EP: A organización política. concellerías e concelleiros/as.

6º A: Os muíños de Carral.

6º B: Localizacións de Carral a través do Google Maps. 

 

CLUB DE CIENCIA

Esta so é unha pequena recompilación de imaxes do Club de Ciencia que se está a desenvolver os martes pola tarde co alumnado de 5º e 6º de EP: electricidade, robótica, bioloxia, magnetismo, son, reciclaxe... e un montón de prácticas relacionadas coas habilidades STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas).

Club de Ciencia 2019 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

ADMIDIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019/2020

Solicitude de admisión de alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (3 anos) e alumnado de Educación Primaria do 1 ao 20 de marzo. Presentarase no centro o formulario de solicitude, que se facilitará na secretaría e tamén está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación (Anexo II). A solicitude de admisión poderase realizar por internet na aplicación informática "admisión de alumnado": https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

 

Formalización de matrícula en Educación Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño. Cubrirase o formulario Anexo III que se pode descargar da páxina web da Consellería de Educación ou solicitar na secretaría do centro.

 

 

 

NORMATIVA REGULADORA DO PROCESO DE ADMISIÓNE MANUAIS PARA AS FAMILIAS

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

PRAZOS

ACTUACIÓNS

DOCUMENTACIÓN

1-20 de Marzo

Presentación solicitude de admisión

* Anexo II (Orde 12 de marzo de 2013)

*Fotocopia do libro de familia

*Certificado de matrícula (de ser o caso)

Última semana de Abril

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos

 

3ª semana de Maio

Publicación das listaxes definitivas de admitidos.

 

20-30 de Xuño

Formalización de matrícula.

* Impreso de matrícula

*Certificado médico

*Fotocopia da tarxeta sanitaria

*Informe sanitario de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa

*Certificado de empadroamento

*3 fotos carnet

É NECESARIO PRESENTAR ORIXINAIS E FOTOCOPIAS DA DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGUE.

HORARIO DE SECRETARÍA

LUNS A VENRES DE 9:30-11:30

LUNS  DE 15:30-17:30

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

Número de prazas vacantes neste centro

 

 

Curso

Prazas por curso

"Permanencias"

"Nº solicitudes de reserva"

"Nº solicitudes de reserva asignadas"

Vacantes (01/03/2019)

4º Inf.

50

0

0

0

50

5º Inf.

50

42

0

0

8

6º Inf.

50

47

0

0

3

1º Pri.

50

43

0

0

7

2º Pri.

50

49

0

0

1

3º Pri.

75

64

5

5

6

4º Pri.

50

44

0

0

6

5º Pri.

75

57

0

0

18

6º Pri.

75

60

0

0

15

 

 

  

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DO CEIP DE TABEAIO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020

Achégase un arquivo coa listaxe definitiva de alumnado procedente do CEIP de Tabeaio que foi admitido en 3º de Ed. Primaria para o curso 2019/2020.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO DO CEIP VICENTE OTERO VALCÁRCEL ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020 NO IES DE CARRAL

Achégase a listaxe definitiva de alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel que foi admitido en 1º de ESO para o curso 2019/2020 no IES de Carral.

CLUB DE CIENCIAS

Este curso foinos concedido o "CLUB DE CIENCIAS". Esta actividade terá lugar tódolos martes. Contamos con un grupo de 25 aprendices de científico e facemos distintas actividades relacionadas co mundo da ciencia e da tecnoloxía.

GRUPOS INTERNIVEL

Nas últimas horas dos venres, profes e alumnado de 5º, 6º e 1º intercambiámonos. Cada aula convértese nun taller diferente: COMUNICACIÓN ORAL, AUDIOVISUAIS, PRENSA, HORTO, ROBÓTICA E CIENCIA. Os grupos son rotatorios e mensuais de maneira que todo o alumnado pasará por todos os talleres. Aquí vedes un resumo deste primeiro mes: moitos experimentos; recomendacións lectoras a través de reseñas e con códigos QR; comunicación utilizando os diferentes sentidos; construción, robótica, enxenería e imaxinación; natureza, observación e agricultura e elaboración de noticias para publicar no xornal do Concello de Carral. Pretendemos crear comunidade a través de tarefas entretidas, dinámicas e didácticas que melloran a convivencia no centro e potencian a aprendizaxe entre iguais.  

DÍA DA PAZ

Coa cantiga "Cantarela dos nenos" de A. Fernández, facendo o símbolo da paz entre todos e todas e a través dun acto simbólico de entrega de bandeiras, así conmemoramos este ano o Día da Paz no colexio. A multicularidade, a música e a diversidade foron protagonistas. Aquí vos deixamos os mellores momentos deste día. 

Día da Paz from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DÍA NON LECTIVO

Informámoslles de que o día 20 de maio, non haberá actividade lectiva, pois é un dos días non lectivos elixidos polo claustro en coordinación co IES de Carral.

FESTIVAL DE INVERNO

Aquí vos deixamos uns anaquiños do que aconteceu no Festival de Inverno deste ano. BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!

Festival de Inverno from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PLAN DIRECTOR E PRIMEIROS AUXILIOS

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participaron nas xornadas do Plan director sobre acoso escolar e recibiron unhas charlas sobre os primeiros auxilios.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante esta última semana dende a biblio fixemos actividades relacionadas coa ciencia e tamén cos elementos que fan falta para elaborar o pan. Experimentamos co millo e o trigo, coa auga e coa terra (ou sustrato). Esta actividade é unha tarefa relacionada co PDI do centro Descubrindo Carral: temos moito que contar. Ademais o alumnado de 5º e 6º expuxo as súas maquetas sobre o Universo e o corpo humano. Velaí unhas imaxes.

Distribuir contenido


by Dr. Radut