Skip to Content

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de Outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, dende o noso centro celebrámolo entregando premios aos dez nenos e nenas que máis libros levaron durante o curso pasado e presentando a mascota ao alumnado de Educación Infantil. O espazo está en obras pero seguimos traballando polo fomento da lectura. 

Importante:

A organización enriba exposta, levarase a cabo a partires do luns 28 de outubro.

Nota informativa: Actividades Extraescolares

Infórmase ás familias que despois do acordado na reunión do consello escolar de onte, 21 de outubro, continuaremos sen actividades extraescolares no centro ata novo aviso.

SEMANA AMI

A alfabetización mediática e informacional (AMI) inclúe un conxunto de competencias para buscar, avaliar criticamente, usar e contribuír de xeito intelixente con información e contido nos medios; coñecementos sobre os dereitos en liña; entender como combater o odio en liña e o acoso cibernético; comprensión dos problemas éticos que rodean o acceso e o uso da información; e compromiso cos medios e as TIC para promover a igualdade, a libre expresión, o diálogo intercultural / interrelixioso, a paz etc. A semana do 24 ao 31 de Outubro está considerada pola UNESCO como a semana AMI. Dende o Equipo de Boblioeca queremos facer a nosa humilde achega cuns pequenos trucos para buscar na rede.

Nota informativa: entrada do alumnado de 4º de Educación infantil.

Infórmase ás familias do alumnado de 4º de Educación infantil que desde o luns 14 de outubro, recuperarase o horario habitual de entrada das 9:20 da mañá. Mantense o acceso pola porta de transportados.

Nota informativa: Merendas

Benqueridas familias,

Dende o equipo de educación infantil queremos lembrar que hai establecido un calendario de merendas, e pregamos sexa respectado. Ademais:

  • Cando se indica froita, estamos a falar de froita natural. En ningún caso de bebibles, papillas envasadas, zumes, etc.
  • Evitar envoltorios innecesarios para concienciarnos dende as primeiras idades da importancia de reducir o consumo de plástico.

Nota informativa: Reunión coas familias do alumnado de 4º de Ed. primaria

Infórmase que a reunión coas familias do alumnado de 4 º de Ed. primaria, será o luns 14 de outubro ás 16:45 horas na aula de psicomotricidade.

Nota informativa: Reunións coas familias 5º de Educación primaria.

Infórmase que a reunión coas familias do alumnado de 5º de Ed. primaria, será o luns 7 de outubro ás 16:45 horas na aula de psicomotricidade.

Nota informativa:

Infórmase ás familias do alumnado de Educación Infantil que impartirase unha charla informativa do Servizo de atención temperá por parte do Concello de Carral. Celebrase o vindeiro luns 23 de setembro ás 18:30 horas no comedor do colexio.

Nota informativa: Reunións coas familias de 3º de EP

Informamos que a reunión coas familias do alumnado de 3º EP, será o luns 30 de setembro ás 16:45 horas na aula de psicomotricidade.

Nota informativa: Reunión coas familias de 1º EP

Informamos que a reunión coas familias do alumnado de 1º de EP, será o luns 23 de setembro ás 16:45 horas na aula de psicomotricidade.

Nota informativa: Reunións coas familias

 Data   

    Niveis                   Hora                     Lugar                        
16 de setembro          2º de EP    16:45 horas Aula de psicomotricidade: presentación de especialistas. De seguido, as familias acimpañarán ao titores para as súas aulas.
16 de setembro 6º de EP    17:00 horas Aula de psicomotricidade: presentación de especialistas. De seguido, as familias acimpañarán ao titores para as súas aulas.

Nota:

A día de hoxe, despois da visita da inspección ao centro e recibidas as instrucións de comenzar o curso seguindo o calendario escolar marcado, o equipo directivo desexa compartir con toda a Comunidade Educativa que todo o persoal do centro, limpeza, cociña, conserxería, coidadores, administración e mestres, estamos traballando a destaxo, unindo esforzos para recibir ao alumnado nas mellores  condicións posibles.

Como directora, valoro e agradezo en nome de toda a Comunidade Educativa, este gran esforzo de todo o persoal.

A dirección.

 

Nota informativa: Entrada ao centro.

Lémbrase a pais/nais ou titores legais que a entrada ao centro queda restrinxida ao horario de administración, agás os responsables do alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos) que poderán entrar ata a aula os 3 primeiros días de inicio do curso escolar.

Manténse a organización da entradas/saídas do alumnado do curso pasado.

 

 

 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut