Skip to Content

GRUPOS INTERNIVEL

Nas últimas horas dos venres, profes e alumnado de 5º, 6º e 1º intercambiámonos. Cada aula convértese nun taller diferente: COMUNICACIÓN ORAL, AUDIOVISUAIS, PRENSA, HORTO, ROBÓTICA E CIENCIA. Os grupos son rotatorios e mensuais de maneira que todo o alumnado pasará por todos os talleres. Aquí vedes un resumo deste primeiro mes: moitos experimentos; recomendacións lectoras a través de reseñas e con códigos QR; comunicación utilizando os diferentes sentidos; construción, robótica, enxenería e imaxinación; natureza, observación e agricultura e elaboración de noticias para publicar no xornal do Concello de Carral. Pretendemos crear comunidade a través de tarefas entretidas, dinámicas e didácticas que melloran a convivencia no centro e potencian a aprendizaxe entre iguais.  

DÍA DA PAZ

Coa cantiga "Cantarela dos nenos" de A. Fernández, facendo o símbolo da paz entre todos e todas e a través dun acto simbólico de entrega de bandeiras, así conmemoramos este ano o Día da Paz no colexio. A multicularidade, a música e a diversidade foron protagonistas. Aquí vos deixamos os mellores momentos deste día. 

Día da Paz from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

DÍA NON LECTIVO

Informámoslles de que o día 20 de maio, non haberá actividade lectiva, pois é un dos días non lectivos elixidos polo claustro en coordinación co IES de Carral.

FESTIVAL DE INVERNO

Aquí vos deixamos uns anaquiños do que aconteceu no Festival de Inverno deste ano. BOAS E MERECIDAS VACACIÓNS PARA TODOS E TODAS!

Festival de Inverno from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PLAN DIRECTOR E PRIMEIROS AUXILIOS

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participaron nas xornadas do Plan director sobre acoso escolar e recibiron unhas charlas sobre os primeiros auxilios.

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante esta última semana dende a biblio fixemos actividades relacionadas coa ciencia e tamén cos elementos que fan falta para elaborar o pan. Experimentamos co millo e o trigo, coa auga e coa terra (ou sustrato). Esta actividade é unha tarefa relacionada co PDI do centro Descubrindo Carral: temos moito que contar. Ademais o alumnado de 5º e 6º expuxo as súas maquetas sobre o Universo e o corpo humano. Velaí unhas imaxes.

25 N

Os nenos e nenas de 1º A interpretan a canción de Rozalén "La puerta violeta" en LSE no recreo, aquí vos deixamos a gravación do traballo destas últimas semanas dentro da materia de Valores Cívicos e Sociais. No CEIP Vicente Otero Valcárcel dicimos NON á violencia! 

PUERTA VIOLETA EN LSE from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

25N na biblioteca from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

PROBLEMA COA APLICACIÓN ABALARMOBIL EN TERMINALES IOS

Algunhas personas tiveron problema coa aplicación AbalarMobil en terminales IOS, xa que non podían acceder ao documento pdf. Isto solucionase actualizando a versión 1.0.17 da APP.

MAGOSTO E SAMAIN

Aquí vos mostramos algunhas das actividades realizadas para conmemorar estas datas de Magosto e Samaín: Exposicións de cabazas, ambientación do centro, degustación de castañas, xogos populares, lecturas a escuras... Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

Magosto e Samaín 2018 from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Lecturas a escuras na semana de Samaín. from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

SAÍDAS DO CENTRO ESCOLAR

Comezaremos coas saídas do centro polo pavillón MAÑÁ XOVES 8 DE NOVEMBRO.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR. CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL E CALENDARIO ELECTORAL

Esta semana constituíuse a Xunta Electoral. Na primeira reunión quedou aprobado o seguinte calendario electoral:

 

Luns 5 de novembro

-          Publicación dos censos electorais .

Do mércores 7 ao mércores 14 de novembro

 

-          Presentación de candidaturas aos distintos sectores na secretaría do centro.

-          Reclamación aos censos electorais.

Luns 19 de novembro

-          Proclamación das candidaturas.

-          Publicación definitiva dos censos electorais.

Martes 20 e mércores 21 de novembro

-          Período de reclamacións contra a proclamación de candidatos e resolución das reclamacións.

Luns 26 de novembro

-          Votación das familias de 15:30 a 17:30.

-          Votación do profesorado

Martes 27 de novembro

-          Proclamación candidatos electos

 

HAI QUE CUBRIR UNHA VACANTE NO SECTOR DE PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS E DÚAS VACANTES NO SECTOR DE MESTRES.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut