Skip to Content

UNHA VISITA ESPECIAL

Todos os anos desde o centro organizamos algunha saída ao Aquarium Finisterrae de A Coruña, mais hoxe algúns animaliños saíron dos seus acuarios para vir ata Carral, ollade!

Grazas pola visita!

SAÍDA DE 1º DE ED. PRIMARIA

O alumnado de 1º de Ed. Primaria visitamos no Concello de Oleiros a aula do mar do faro de Mera e a costa do Dexo. Ademais de aprender varias cousas sobre os faros, o mar e algunhas especies de animais e aves que viven pola zona, fixemos unha pequena ruta polo monumento natural da costa do Dexo.

 

LETRAS GALEGAS 2018

Aquí vos deixamos uns anacos do festival que realizamos polo día das Letras Galegas organizado dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Picade nos iconos da imaxe para acceder aos vídeos das actuacións.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar

Informámoslles de que a partires de hoxe está aberto o prazo para, segundo a Orde do 9 de maio de 2018, participar no fondo solidario de libros de texto e para solicitar as axudas para adquirir os libros de texto e material escolar. 

As solicitudes estarán á súa disposición na Conserxería ou na Administración do centro.

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

Extracto da Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

 Anexos I e II

 

 

INFORMACIÓN

Recordámoslles que o venres 18 de maio non haberá clase, posto que é un dos días non lectivos de libre elección escollidos polos centros educativos de Carral.

ARTÍCULO DO PERIÓDICO "LA VOZ DE GALICIA"

 

                    

LIBROS DA EDITORIAL PINGÜI

Xa podedes ver on line os libros da Editorial Pingüi deste curso. Aquí aparecen "O LIBRO DOS GATOS" feito polo alumnado de 1º A, B e C,  o "LIBRO DO CORPO HUMANO" do alumnado de 2º A e B e o "LIBRO DOS PEIXES" de 5º A e B de EI. Son interactivos con Realidade Aumentada a través de HP Reveal e códigos QR. Conforman o produto social relevante resultado de proxectos de investigación levados a cabo nas aulas. En breve poderedes velos en papel e collelos tanto na nosa biblioteca como na Biblioteca Municipal. Para facer os libros máis grandes picade nos cadrados do centro da imaxe.  

 
 
 

XIX PREMIO LUIS FREIRE

XIX PREMIO LUIS FREIRE 

INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS NA ESCOLA

 

"The Tea Tools"

Somos "The Tea Tools" e estamos moi ledos de representar ao noso colexio "CEIP Vicente Otero Valcárcel" na segunda fase do concurso "Crescendo de Radio Clásica".

Gustaríanos moito que nos escoitarades!

https://www.youtube.com/watch?v=GTslAWRyVDU

 

 

 

 

 


 

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut