Skip to Content

LETRAS GALEGAS 2018

Aquí vos deixamos uns anacos do festival que realizamos polo día das Letras Galegas organizado dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Picade nos iconos da imaxe para acceder aos vídeos das actuacións.

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para adquirir Libros de Texto e Material Escolar

Informámoslles de que a partires de hoxe está aberto o prazo para, segundo a Orde do 9 de maio de 2018, participar no fondo solidario de libros de texto e para solicitar as axudas para adquirir os libros de texto e material escolar. 

As solicitudes estarán á súa disposición na Conserxería ou na Administración do centro.

Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

Extracto da Orde do 9 de maio de 2018 (DOG)

 Anexos I e II

 

 

INFORMACIÓN

Recordámoslles que o venres 18 de maio non haberá clase, posto que é un dos días non lectivos de libre elección escollidos polos centros educativos de Carral.

ARTÍCULO DO PERIÓDICO "LA VOZ DE GALICIA"

 

                    

LIBROS DA EDITORIAL PINGÜI

Xa podedes ver on line os libros da Editorial Pingüi deste curso. Aquí aparecen "O LIBRO DOS GATOS" feito polo alumnado de 1º A, B e C,  o "LIBRO DO CORPO HUMANO" do alumnado de 2º A e B e o "LIBRO DOS PEIXES" de 5º A e B de EI. Son interactivos con Realidade Aumentada a través de HP Reveal e códigos QR. Conforman o produto social relevante resultado de proxectos de investigación levados a cabo nas aulas. En breve poderedes velos en papel e collelos tanto na nosa biblioteca como na Biblioteca Municipal. Para facer os libros máis grandes picade nos cadrados do centro da imaxe.  

 
 
 

XIX PREMIO LUIS FREIRE

XIX PREMIO LUIS FREIRE 

INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS NA ESCOLA

 

"The Tea Tools"

Somos "The Tea Tools" e estamos moi ledos de representar ao noso colexio "CEIP Vicente Otero Valcárcel" na segunda fase do concurso "Crescendo de Radio Clásica".

Gustaríanos moito que nos escoitarades!

https://www.youtube.com/watch?v=GTslAWRyVDU

 

 

 

 

 


 

 

SEMANA DO LIBRO

A continuación deixámosvos varias imaxes e vídeos sobre as actividades levadas a cabo con motivo do DÍA DO LIBRO o 23 de ABRIL.

- AGASALLA UN PRÉSTAMO. O alumnado interesado puido vir á biblio a coller un libro, envolvelo, decoralo e ragalarllo a un amigo ou amiga para que o levara en préstamo para a casa.

- PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS. 

SEMANA DO LIBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

MÁIS DA SEMANA DO LIBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

- MARIONETAS DO ALUMNADO DE 5º PARA OS MÁIS PEQUENOS.

5º E 1º DÍA DO LIBRO from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

- EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA TEMÁTICA: 

- PROXECCIÓN DA CURTA ELEXIDA PARA CONMEMORAR ESTA DATA. 

INFORMACIÓN

Recordámoslles que  o luns 30 de abril non haberá clase, posto que é un dos días non lectivos de libre elección escollidos polos centros educativos de Carral.

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA O CURSO 2018-19

O prazo para a formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

DOCUMENTACIÓN PARA O CURSO 18/19

A solicitude de ingreso é preciso cá entreguen tódolos alumnos fagan uso ou non do transporte. Aínda que xa se enviaron polo alumnado, os nenos/as que actualmente cursan 6º de Ed. Primaria non é necesario cós entreguen.

A HISTORIA DE PINGÜI

A comezo de curso dende o Equipo de Biblioteca convocabamos un concurso para saber como puidera chegar Pingüi ao noso colexio. Esta é a historia gañadora, pertence a Aroa Mª García Rodríguez de 5º A.  Unha vez máis moitísimas grazas a todos e todas pola colaboración.

A HISTORIA DE PINGÜI from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

Nota:

A dirección do centro desexa agradecer a toda a comunidade educativa a súa boa resposta ante a repercusión da xornada de folga de onte día 8 de marzo.

INFORMACIÓN XOVES 8 DE MARZO

Estimadas familias.

Como ben saben o día de mañá, xoves 8 de marzo, hai convocada unha folga. As colaboradoras do servizo de comedor secundan dita folga, polo tanto deberemos asumir os servizos mínimos establecidos no DOG núm 47 Mércores 7 de marzo de 2018 páx. 13204. 

Sabendo dos trastornos que podería provocar o peche do comedor ese día, e non podendo ofertar a calidade do servizo habitual, o equipo directivo facilitará aos alumnos usuarios do servizo de comedor un picnic.

Do mesmo xeito a entrega de alumnado ás familias, despois do comedor, será feita polos servizos mínimos polo que non será tan áxil como habitualmente. 

Agardamos comprendan a situación.

Desculpen as molestias.

Distribuir contenido


by Dr. Radut