Skip to Content

EDLG

Contacontos: El lobo que descubrió el País de los Cuentos

Iniciamos este novo e último trimestre cunha conmemoración moi importante: a semana do libro. Por iso, durante toda a semana realizamos distintas actividades relacionadas co fomento da lectura no noso alumnado.

En concreto, na aula de Educación Infantil contamos cunha invitada de luxo: a nai dun dos nosos pequenos, Aurora. A nai de Gael fixo de experta contacontos e agasallounos coa lectura do conto “El lobo que descubrió el País de los Cuentos”(ademais de vir acompañada da mascota do conto, para ambientarnos nel). Despois da lectura e de falar un pouquiño con Aurora despedímola invitándoa a volver pronto.

Máis tarde, os nenos debuxaron ao protagonista do conto demostrando a súas dotes artísticas.

Trocalibros solidario

 

Co gallo de conmemorar a Semana do Libro e a Lectura e o Día Internacional do Libro, o venres 22 haberá unha actividade especial no noso cole: un trocalibros solidario.

Día da Árbore

 

O luns 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Árbore cun taller da man do Axente Facultativo Medioambiental José Ángel Ares deseñado non só para implantar nos máis pequenos valores de respecto á natureza senón tamén para que coñeceran de primeira man as especies que temos na nosa contorna. As árbores son un ben prezado que debemos conservar pois por eles flúe a vida de todos os seres que poboan a Terra, son fonte de osíxeno e alimento. As árbores son fundamentais e vitais para a vida e a subsistencia. Despois do taller o alumnado tivo a oportunidade de ver unha motobomba e ata puideron facer unha pequena práctica coa mangueira. Qué ben o pasaron!!! Finalmente agasallaron a todo o alumnado do centro cun bolsa de tea ben fermosa. Grazas a Ares e Basalo por facernos pasar unha xornada tan divertida e interesante. Preme aquí para ver a galería de imaxes.

 

I CONCURSO ESCOLAR DE PODCAST, REDACCIÓN E DEBUXO – “A RIBEIRA SACRA”

O alumnado de 4º, 5º 6 ven de participar no concurso de La Región en colaboración coa Xunta de Galicia cun podcast sobre a Ribeira Sacra.  O obxectivo do podcast é poñer en valor a Ribeira Sacra e a súa contorna así como fomentar a creación e expresión do alumnado. Para votar polos nosos alumnos/as cómpre crear unha conta en “Eloquenze”, entrar no podcast do CEIP das Vendas da Barreira e premer na icona do corazón “me gusta”.

Animámosvos a compartir o seguinte enlace entre familiares e amigos para que poidan votar por nós. As votacións estarán abertas ata o vindeiro 15 de decembro.  

https://www.eloquenze.com/stations/i-concurso-escolar-de-podcast-a-ribeira-sacra/posts/podcast-da-ribeira-sacra-4o-5o-e-6o-ceip-das-vendas-da-barreira-rios

III Concurso de cabazas

BASES DO CONCURSO

1. Poden participar tódolos alumnos/as do centro.

2. Data de entrega: Do martes 26 ata o xoves 28.

3. O xurado estará composto polos membros do Equipo de Biblioteca e do EDLG.

4. A temática das cabazas será "Cabazas de cine terroríficas".

PREMIOS

Premio á mellor cabaza de Ed. Infantil

Premio á mellor cabaza de 1º a 3º de Ed. Primaria

Premio á mellor cabaza de 4º a 6º de Ed. Primaria 


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut