Skip to Content

EDLG

Mandatos do Meco: mércores 7

Mandatos do Meco: martes 6

Mandatos do Meco: luns 5

Mandatos do Meco: Venres 2

Mandatos do Meco: Xoves 1

Museo Galego do Entroido e cine!

Achégase o tan agardado Entroido e para irnos preparando o xoves 25 visitamos o Museo do Entroido, onde da man de Carlos Martínez, aprendemos infinidade de cousas sobre esta popular festa. Vimos as tres pequenas exposicións sobre o "ciclo do Entroido", os "sons do Entroido" e a "gastronomía do Entroido". Na exposición central puidemos deleitarnos cunha mostra de máis de vinte traxes de diferentes lugares de Galicia.

Despois fomos ao cine a ver "Migración. Un viaje patas arriba". Esta divertida peli narra a historia dunha familia de patos onde a nai, Pam, morre de ganas de vivir a vida e facer que os seus fillos, Dax e Twen, coñezan o mundo en toda a súa amplitude. Finalmente Pam convence a papá Mack para viaxar a Xamaica pero nada sae como tiñan previsto... Esta viaxe axúdaos a descubrir horizontes descoñecidos, facer novos amigos e vivir experiencias que endexamais imaxinaron.

Tamén houbo tempo para divertirse e xogar, e de pasar tempo cos nosos compañeiros e compañeiras do CPI Laureano Prieto da Gudiña cos que compartimos actividades e tempo de lecer. Unha xornada que ben seguro será difícil de esquecer!

Festival de Nadal 2023

O pasado xoves, 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal 2023. O noso alumnado esforzouse por ofrecernos o mellor Festival de Nadal que se podía ver en Riós. Coas distintas actuacións amosáronnos o traballo que estiveron preparando durante semanas. O noso recoñecemento e agradecemento vai para eles/elas e tamén para o profesarado que preparou estas marabillosas actuacións. Aquí vos deixamos o vídeo do Festival e tamén a curtametraxe "Hoxe atopei un elfo" do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

The Show Must Go On!

O Apalpador e a nena sen medo

Grazas á ANPA do noso centro o pasado luns 11 de decembro gozamos da obra "O Apalpador e a nena sen medo" baseada nun poema de Sechu Sende.

O Apalpador trae cada ano desde o Courel castañas, presentes e aquilo que non temos. Por iso, a Nena sen medo lle escribiu unha carta moi especial, pedíndolle o que a ela lle faltaba, o seu desexo: palabras para encher o corazón e coas que poder voar en soños. Palabras en galego.

Foi unha actuación máxica, amena e divertida da que gozaron tanto alumnado como familias.

Festival de Nadal

Despois dun delicioso chocolate con churros despediremos un ano máis o trimestre co "Festival de Nadal" ao que tódalas familias do centro están convidadas.

Agardamos que as actuacións que con tanto agarimo preparamos sexan do voso agrado.

O Apalpador e a nena sen medo

Unha vez máis a ANPA do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira ten o pracer de convidarnos a un contacontos con monicreques para o Nadal.

A actividade terá lugar o vindeiro luns 4 de decembro ás 12:30 no Salón de Actos do centro. Agardámosvos!

Distribuir contido


by Dr. Radut