Equipo TICs

Recoñecementos para o noso proxecto eTwinning de robótica

Se hai pouco nos concedían un recoñecemento a nivel nacional polo proxecto eTwinning "Robot European Dance" levado a cabo o curso pasado en 4º de Primaria, agora a prestixiosa plataforma galardóanos co Selo de Calidade Europeo e felicita ao alumnado, profesorado e centro polo excelente traballo realizado. Parabéns!

Así mesmo, o pasado sábado 19 de outubro, unha representación de alumnos/as e profesores acudía á EGAP (Escola Galega de Administración Pública) para presentar o seu traballo ante docentes de toda Galicia e mesmo ante a Conselleira de Educación. Aquí podedes ver a súa presentación Rachando fronteiras, imos a +

 

E tamén tedes algunha foto da xornada no seguinte álbum:

Álbum: Curso 2019 - 2020 -> Rachando fronteiras, imos a +

ENAPA e-Dixgal

01/10/2019 16:00

martes 1 de outubro, ás 16:00, terá lugar unha charla informativa coas familias do alumnado que cursa 5º de E. Primaria participante no programa e-Dixgal. Asistirá Félix Díaz, asesor abalar de zona. Agardámosvos.

abalarMóbil

 Recibe as comunicacións do centro a través da aplicación abalarMóbil. Consulta o manual picando na imaxe. Máis información no seguinte enlace.

Robot European Dance

Rematamos o proxecto "Robot European Dance" cunha danza colaborativa que deseñamos entre todos os socios. Escollemos a canción "It's a small world". Mirade...

E aquí un pequeno resumo dos bailes propostos por cada país e as nosas interpretacións dos mesmos cos robots. Canto aprendemos e, sobre todo, canto nos divertimos!

 


 

Taller Maker para 5º e 6º

Onte e hoxe os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria recibimos a visita de Amador, un mestre xubilado con moita enerxía, pero sobre todo un "maker" dos pés á cabeza.

Con moi pouco, él é capaz de facer moito. E esta filosofía de reciclar o que xa non usamos e darlle unha nova vida, é a que transmitiu ao noso alumnado. Case todos os electrodomésticos que temos na casa teñen un pequeno motor que podemos reutilizar para facer unha chea de cousas. 

Nós fixemos unha tira de luces led de cores que acendían ao xirar e tamén convertemos un pequeno cepillo nun coche en movemento. Incrible, verdade? 

Pois as nosas cabezas xa se contaxiaron da imaxinación de Amador e xa estamos argallando novos trebellos. Gracias por visitarnos e ensinarnos tantas cousas!

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Taller maker con Amador

Uso das novas tecnoloxías

Hoxe tivo lugar unha charla, por parte dun axente da Garda Civil para as familias, sobre o uso das novas tecnoloxías, internet, redes sociais, difusión do contido a través dos teléfonos móbiles... entre os máis novos/as. Encádrase dentro do "Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e o seu entorno". Tema interesante e que preocupa aos pais e nais que moitas veces non saben como abordalo. Puideron plantexarlle as súas inquietudes e recibiron algúns consellos que non sempre se poden aplicar da mesma maneira, dependendo do neno ou da nena de que se trate.

 

ENAPA: Robótica e Club de Ciencia

Este martes tivo lugar a Escola de Nais e Pais (ENAPA) sobre os programas "Introdución á Robótica na Educación Primaria" e "Club de Ciencia" que se están a levar a cabo no noso centro dentro da estratexia EduDixital 2020.

 

Na parte de robótica, comentáronse os proxectos que se están a levar cabo dende Infantil ata Primaria. Interviron membros de Vermislab, que nos lembraron a importancia de desenvolver o traballo en equipo e de introducir ao alumnado no pensamento computacional. Tamén houbo tempo de experimentar con mBots.

Con respecto ao Club de Ciencia, repasáronse os experimentos levados a cabo ata o de agora, cunha demostración final do lanzamento de dous foguetes no patio do centro.

 

SIGmakers: mBots, ozobots e ... impresión 3D!

Esta semana estanse levando a cabo as II Xornadas de programación, robótica e impresión 3D; desenvolvendo así as liñas do Contrato Programa de "Mellora da competencia matemática e ciencia e tecnoloxía".

Onte, luns, tocoulle o turno aos de 3º e 5º de Primaria, que experimentaron coas posibilidades dos mBots.

  

Hoxe, martes, obradoiros de impresión 3D con 4º e 6º de Primaria.

  

E o xoves, máis sesións de programación de ozobots con 1º e 2º de Primaria.

Álbum: Curso 2018 - 2019 -> Robótica primaria

Visitas especiais!

O mércores tivemos unha visita moi especial no noso cole. O investigador e profesor de matemáticas na Universidade de Giessen (Alemaña), Christoff Schrieff, quixo coñecer de primeira man como traballamos as disciplinas STEAM nas nosas aulas. Pasou por Infantil e por Primaria e encantoulles o noso traballo. Cos de 4º de Primaria, atreveuse a programar un valse (dentro do programa E-twinning de programación de danzas típicas europeas no que participamos) para que bailasen os nosos mbots ao unísono. Iso si, precisou axuda dos nosos expertos programadores!