Equipo TICs

Robótica Educativa en Primaria

O pasado curso, mediante un programa da Universidade da Coruña o noso alumnado tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da robótica e da programación. Ver nova aquí.

A experiencia foi tan satisfactoria que este curso decidimos embarcarnos de cheo nesta disciplina solicitando o programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria". O noso centro resultou seleccionado, facilitándonos a Consellería 6 robots e 6 kits de construción, cos que o alumnado de 4º e 6º e tamén como iniciación para os de 5º, poderá desenvolver prácticas educativas no eido da programación básica, robótica e construción.

Hoxe foi a presentación de materiais de Robótica na Cidade da Cultura, á que asistiu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, así como profesorado do noso centro e na que varios colexios amosaron o traballo realizado con estas ferramentas nas aulas.

CHARLAS GARDA CIVIL

Comezamos as charlas da Garda Civil, que xa se veñen realizando no colexio dende hai uns anos, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria. É o denominado Plan Director para a mellora da seguridade nos Centros educativos e os seus entornos. Esta primeira sesión tratou sobre o uso das novas tecnoloxías.